Avery Johnson
| Avery Johnson | |
|---|---|
| Avery Johnson en 2008 | |
| Posición | Base |
| Dorsal | 15, 6, 5 |
| Altura | 1,80 m (5 ft 11 in) |
| Peso | 84 kg (185 lb) |
| Nacemento | 25 de marzo de 1965 (48 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1988–2004 |
| Universidade | New Mexico JC (1983-1984) Cameron (1984-1985) Southern (1986-1988) |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 8 817 |
| Rebotes | 1 751 |
| Asistencias | 5 846 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
| Adestrador | |
|
|
Avery Johnson, nado o 25 de marzo de 1965 en Nova Orleáns, Louisiana, é un ex xogador profesional e actual adestrador de baloncesto estadounidense. Na NBA adestrou aos Dallas Mavericks, liderándoos ata as Finais da NBA e a catro tempadas consecutivas con máis de 50 vitorias, e ós Nets, tanto en Nova Jersey coma en Brooklyn. Nos seus anos coma xogador, destacou na súa etapa nos San Antonio Spurs, con quen conseguiu o seu único campionato da NBA na tempada 1998-99.
Índice |
Traxectoria deportiva[editar]
Xogador[editar]
Na súa etapa no instituto, en 1983, Johnson liderou á St. Augustine High School de Nova Orleáns a unha marca de 35-0 e ao campionato da Class 4A de Louisiana State. Johnson se matriculou no New Mexico Junior College antes de irse á Cameron University, e finalmente á Southern University, na cal no seu ano sénior en 1988 liderou a NCAA con 13.3 asistencias por partido, récord de todos os tempos que aínda conserva. Tras a súa graduación en 1988, Johnson non foi elixido no Draft da NBA dese mesmo ano. Johnson asinaría máis tarde cos Seattle SuperSonics, e pasou os 16 anos coma xogador na NBA, incluíndo etapas nos Denver Nuggets, Houston Rockets, Golden State Warriors, e Dallas Mavericks. Johnson foi todo un trotamundos coma xogador, traspasado moi frecuentemente, ou incluso cortado, a súa etapa máis importante nos San Antonio Spurs (1991, 1992–1993, 1994–2001), en particular o seu papel nos Spurs de 1999 que gañaron o campionato contra os New York Knicks, no cal anotou no 5º partido a canastra que lles deu a vitoria e o título da NBA aos Spurs. Os San Antonio Spurs retiraron o número 6 de Johnson o 22 de decembro de 2007 nun partido na casa contra os Los Angeles Clippers. Foi ademais incluído no "San Antonio Sports Hall of Fame" o 20 de febreiro de 2009.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Perfil coma adestrador en NBA.com
- Perfil coma xogador en NBA.com
- Estatísticas da súa carreira como xogador
- Estatísticas da súa carreira como adestrador
|
|||||
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Nados en 1965
- Nados en Nova Orleáns, Luisiana
- Xogadores Seattle SuperSonics
- Xogadores Denver Nuggets
- Xogadores San Antonio Spurs
- Xogadores Houston Rockets
- Xogadores Golden State Warriors
- Xogadores Dallas Mavericks
- Adestradores Dallas Mavericks
- Adestradores New Jersey Nets
- Adestradores Brooklyn Nets
- Bases de baloncesto
- Adestradores da NBA
- Adestradores de baloncesto