Charlotte Hornets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charlotte Hornets
Conferencia Conferencia Leste
División División Sueste
Fundado en 1988
Historia Charlotte Hornets
1988–2002
Charlotte Bobcats
2004–2014
Charlotte Hornets
2014–presente
Pavillón Time Warner Cable Arena
Cidade Charlotte, Carolina do Norte
Cores Verde azulado, púrpura, gris, negro e azul claro
                        
Propietario(s) Michael Jordan
Mánager xeral Rich Cho
Adestrador Steve Clifford
Afiliado da D-League Fort Wayne Mad Ants
Campionatos 0
Títulos de conferencia 0
Títulos de división 0
Web Oficial

Os Charlotte Hornets son un equipo profesional de baloncesto que xoga en Charlotte. Xogan na División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association. O propietario da franquía é Michael Jordan, quen adquiriu o equipo no ano 2010. Xogan os seus encontros coma locais no Time Warner Cable Arena, situado no centro da cidade de Charlotte.

Os Hornets foron creados en 1988 coma un equipo de expansión, pero na tempada 2001-02 trasladáronse a Nova Orleáns. En 2004 un novo equipo de expansión, os Charlotte Bobcats, foi creado. Tras 10 tempadas co nome de Bobcats, o equipo cambiou o seu nome a Charlotte Hornets para a tempada 2014-15, un ano despois de que a franquía de Nova Orleáns renunciara ó nome de Hornets e o cambiara polo de Pelicans.[1] Ademais, a franquía de Charlotte recuperou a historia e os récords dos Hornets orixinais dos anos 1988-2002, convertíndose así nunha continuación da franquía orixinal.[2]

Historia da franquía[editar | editar a fonte]

2002-2004: Creación dos Bobcats[editar | editar a fonte]

Cando os Charlotte Hornets se moveron para Nova Orleáns na tempada 2002-03, a NBA prometeulle á cidade de Charlotte que ían ter un equipo na NBA para a tempada 2004-05. Moitos grupos de propietarios, incluído un liderado pola antiga estrela dos Boston Celtics, Larry Bird, fixeron ofertas polo equipo.[3] O 18 de decembro de 2002, un grupo liderado polo fundador da Black Entertainment Television, Robert Johnson, conseguiu a franquía,[4] converténdose no primeiro propietario afroamericano dun equipo profesional de deportes nos Estados Unidos.[5] O rapeiro Nelly convertiuse tamén noutro co-propietario salientable.[6]

En xuño de 2003, o novo equipo foi chamado co nome de Bobcats.[7] Charlotte, tamén casa dos Carolina Panthers da NFL, fixo dos nomes con motivos felinos algo natural para o novo equipo de baloncesto. Hai tamén algunhas especulacións nas que se pensa se "Bob" en Bobcats pode ser unha referencia ao propietario orixinal do equipo, Robert "Bob" Johnson.

Os Bobcats contrataron a Bernie Bickerstaff coma primeiro adestrador principal e mánager xeral da historia da franquía.[8] Debido aos intentos fallidos de fundar un novo pavillón no centro de Charlotte, os políticos da cidade decidiron poñer en funcionamento uns impostos para axudar a pagalo.[9][10] George Shinn, propietario dos Hornets, tamén quixo que a cidade pagara un novo pavillón, e deixou a cidade cando non o conseguiu.

2004–2007: A NBA volve a Charlotte[editar | editar a fonte]

Os Bobcats nun partido contra os Dallas Mavericks o 11 de novembro de 2005.

Os Bobcats tiveron o seu draft de expansión o 22 de xuño de 2004, collendo xogadores con experiencia coma Predrag Drobnjak e xogadores máis novos con talento coma o aleiro dos Sacramento Kings, Gerald Wallace.[11] Ademais acordaron cos Los Angeles Clippers a adquisición da segunda elección do Draft da NBA de 2004, onde seleccionaron a Emeka Okafor, pivote da Universidade de Connecticut. O primeiro partido dos Bobcats da tempada 2004-05 foi o 4 de novembro no Charlotte Coliseum, onde perderon por 103-96 contra os Washington Wizards..[12] Dous días despois, gañaron o seu primeiro partido na historia da franquía, por 111-100 aos Orlando Magic.[13] O 14 de decembro, os Bobcats gañaron aos New Orleans Hornets 94-93 na prórroga na primeira viaxe dos Hornets a Charlotte tras o seu traslado a Nova Orleáns.[14] Con todo, coma a maioría de equipos novos, os Bobcats case sempre tiveron moitas dificultades, e remataron a súa tempada inaugural con 18 vitorias e 64 derrotas, e nunca gañaron máis de dous partidos seguidos.[15] Emeka Okafor tivo unha gran actuación, e gañou o premio ao Rookie do Ano da NBA.[16]

No Draft da NBA de 2005, os Bobcats elixiron a Raymond Felton e Sean May de North Carolina. Con eles, ademais de Okafor e Wallace, o equipo tiña a esperanza de construír unha base sólida para o futuro. Na segunda tempada, os Bobcats inauguraron o novo Time Warner Cable Arena cunha vitoria na prórroga contra os Boston Celtics. Despois de ter dificultades novamente a maioría do ano, pecharon a tempada con catro vitorias consecutivas para rematar cunha marca de 26-56, oito vitorias máis ca na primeira tempada. Despois da tempada, os Bobcats anunciaron que a lenda da NBA Michael Jordan mercara unha parte do equipo, converténdose na cabeza das operacións baloncestísticas.[17]

Os Bobcats amosaron algunha melloría durante a tempada 2006-07, cunha marca de 22-33 en febreiro. Porén, o equipo foi a menos, sufrindo unha xeira de oito partidos consecutivos perdendo, deixando a marca en 22-41 a comezos do mes de marzo. Despois disto, Michael Jordan anunciou que Bernie Bickerstaff non seguiría sendo o adestrador do equipo na seguinte tempada, pero que ía rematar a tempada adestrando ao equipo.[8] Os Bobcats gañaron 11 dos últimos 19 partidos para rematar a terceira tempada cunha marca de 33-49. En tres tempadas cos Bobcats, Bickerstaff rematou cunha marca de 77-169.

2014–presente: Volven os Hornets[editar | editar a fonte]

O 20 de maio de 2014, os Bobcats convertíronse oficialmente na segunda encarnación dos Charlotte Hornets. Nunha rolda de prensa na que anunciaron o cambio de nome, os propietarios do equipo anunciaron tamén que como parte do acordo coa NBA e cos New Orleans Pelicans, os renomeados Hornets recuperaron a historia e os récords dos Hornets dos anos 1988-2002, mentres que os récords dos Hornets durante a súa etapa en Nova Orleáns de 2002 a 2013 permaneceron cos Pelicans.[2][18]

Tempadas[editar | editar a fonte]

Campións da Liga Campións de Conferencia Campións de División Clasificación para Playoffs
Tempada Liga Conferencia División Tempada regular Playoffs
Posición Vitorias Derrotas %
2004–05 NBA Leste Sueste 18 64 0.219
2005–06 NBA Leste Sueste 26 56 0.317
2006–07 NBA Leste Sueste 33 49 0.402
2007–08 NBA Leste Sueste 32 50 0.390
2008–09 NBA Leste Sueste 35 47 0.427
2009–10 NBA Leste Sueste 44 38 0.537 Perdida primeira rolda vs. Orlando Magic, 0–4
2010–11 NBA Leste Sueste 34 48 0.415
2011–12 NBA Leste Sueste 7 59 0.106
2012–13 NBA Leste Sueste 21 61 0.256
2013–14 NBA Leste Sueste 43 39 0.524 Perdida primeira rolda vs. Miami Heat, 0–4

Records totais na NBA[editar | editar a fonte]

Estatística Vitorias Derrotas %
Record dos Bobcats en tempada regular 293 511 0.364
Record dos Bobcats en playoffs 0 8 .000
Record total 250 476 0.344

Nota: estatísticas actualizadas a 30 de abril de 2014

Xogadores e adestradores[editar | editar a fonte]

Plantel actual[editar | editar a fonte]

Charlotte Hornets 2014-2015
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Orixe
AP-P 0 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg Biyombo, Bismack 2.06 m (6 ft 9 in) 111 kg (245 lb) RD Congo
E-A 19 Flag of the United States.svg Hairston, P. J. 1.98 m (6 ft 6 in) 104 kg (230 lb) North Carolina
E-A 9 Flag of the United States.svg Henderson, Gerald 1.96 m (6 ft 5 in) 98 kg (215 lb) Duke
AP-P 25 Flag of the United States.svg Jefferson, Al 2.08 m (6 ft 10 in) 131 kg (289 lb) Prentiss HS
A-AP 14 Flag of the United States.svg Kidd-Gilchrist, Michael 2.01 m (6 ft 7 in) 105 kg (232 lb) Kentucky
A-AP 54 Flag of the United States.svg Maxiell, Jason 2.01 m (6 ft 7 in) 118 kg (260 lb) Cincinnati
B-E 12 Flag of the United States.svg Neal, Gary 1.93 m (6 ft 4 in) 95 kg (210 lb) Towson
B-E 5 Flag of the United States.svg Pargo, Jannero 1.85 m (6 ft 1 in) 84 kg (185 lb) Arkansas
B-E 22 Flag of the United States.svg Roberts, Brian 1.85 m (6 ft 1 in) 78 kg (173 lb) Dayton
B-E 1 Flag of the United States.svg Stephenson, Lance 1.96 m (6 ft 5 in) 104 kg (230 lb) Cincinnati
E-A 44 Flag of Sweden.svg Taylor, Jeff 2.01 m (6 ft 7 in) 102 kg (225 lb) Vanderbilt
A-AP 11 Flag of the United States.svg Vonleh, Noah 2.06 m (6 ft 9 in) 112 kg (247 lb) Indiana
B-E 15 Flag of the United States.svg Walker, Kemba 1.85 m (6 ft 1 in) 78 kg (172 lb) Connecticut
A-AP 2 Flag of the United States.svg Williams, Marvin 2.06 m (6 ft 9 in) 108 kg (237 lb) North Carolina
P 40 Flag of the United States.svg Zeller, Cody 2.13 m (7 ft 0 in) 109 kg (240 lb) Indiana
Adestrador
Asistente(s)
Adestrador(es) físico(s)
  • Flag of the United States.svg Matt Friia
Adestrador(es) atlético(s)
  • Flag of the United States.svg Steve Stricker

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Injured Lesionado

CadroTransaccións
Actualizado: 06-11-2014

Adestradores[editar | editar a fonte]

Nome Comezo Fin Totais Tempada regular Playoffs
P V D  % P V D  % P V D  %
Bernie Bickerstaff 16 de outubro de 2004 13 de marzo de 2007 246 77 169 .313 246 77 169 .313 0 0 0
Sam Vincent 25 de maio de 2007 26 de abril de 2008 82 32 50 .390 82 32 50 .390 0 0 0
Larry Brown 29 de abril de 2008 22 de decembro de 2010 196 88 108 .449 192 88 104 .458 4 0 4 .000
Paul Silas 22 de decembro de 2010 30 de abril de 2012 120 32 88 .267 120 32 88 .267 0 0 0
Mike Dunlap 18 de xuño de 2012 23 de abril de 2013 82 21 61 .256 82 21 61 .256 0 0 0
Steve Clifford 23 de abril de 2013 presente 86 43 43 .500 82 43 39 .524 4 0 4 .000
Totais 811 293 518 .361 804 293 515 .363 8 0 8 .000

Galardóns e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Galardóns individuais[editar | editar a fonte]

Rookie do Ano da NBA

Primeiro Equipo de Rookies NBA

Segundo Equipo de Rookies NBA

Primeiro Equipo Defensivo da NBA

Participacións no NBA All-Star Game

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jordan: Bobcats changing name to Hornets". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc.. 21 de maio de 2013. http://www.nba.com/2013/news/05/21/bobcats-change-name-to-hornets/. Consultado o 21 de maio de 2013.
  2. 2,0 2,1 "Charlotte Hornets Name Returns to Carolinas". NBA.com. 20 de maio de 2014. Arquivado do orixinal o 25 de maio de 2014. http://www.nba.com/hornets/charlotte-hornets-name-returns-carolinas.
  3. "Bird, Carr thinking pro hoops in Charlotte?". Associated Press. USA Today. 23 de maio de 2002. http://www.usatoday.com/sports/nba/stories/2002-05-20-bird-carr-charlotte.htm. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  4. Michael Hiestand (19 de decembro de 2002). "Winning NBA bid just the start for Johnson". USA Today. http://www.usatoday.com/sports/basketball/nba/2002-12-18-cover-johnson_x.htm. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  5. "Johnson will be NBA's first black majority owner". ESPN. 17 de decembro de 2002. http://static.espn.go.com/nba/news/2002/1217/1478643.html. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  6. "Robert L. Johnson Adds Nelly To Bobcats Ownership Team". Charlotte Bobcats. 19 de xullo de 2004. http://www.nba.com/bobcats/news/nelly_release_040719.html. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  7. "NBA Expansion Franchise To Be Named Charlotte Bobcats". Charlotte Bobcats. 11 de xuño de 2003. http://www.nba.com/bobcats/news/charlottebobcats_061103.html. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  8. 8,0 8,1 "Jordan: Bickerstaff won't return as coach". ESPN. 14 de marzo de 2007. http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=2797095. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  9. Laura Williams-Tracy (9 de agosto de 2002). "Arena bounces back". Charlotte Business Journal. http://www.bizjournals.com/charlotte/stories/2002/08/12/focus1.html. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  10. Erik Spanberg (27 de decembro de 2002). "With new plan and new NBA team, arena project finally heads uptown". Charlotte Business Journal. http://www.bizjournals.com/charlotte/stories/2002/12/30/newscolumn1.html. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  11. "Building the Bobcats". NBA. June 22, 2004. http://www.nba.com/features/expansion_draft2004.html. Consultado o June 30, 2009.
  12. "Magical night: Bobcats fall to Wizards in debut". ESPN. 4 de novembro de 2004. http://scores.espn.go.com/nba/recap?gameId=241104030. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  13. "2 for 1: First win for Okafor, Bobcats vs. Magic". ESPN. 6 de novembro de 2004. http://scores.espn.go.com/nba/recap?gameId=241106030. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  14. "Cats protect their house in Charlotte in OT". ESPN. 14 de decembro de 2004. http://scores.espn.go.com/nba/recap?gameId=241214030. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  15. 2004-05 Charlotte Bobcats Schedule and Results
  16. "Emeka Okafor Named 2004-05 NBA got milk? Rookie Of The Year". Charlotte Bobcats. 4 de maio de 2005. http://www.nba.com/bobcats/news/okafor_roy_050504.html. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  17. "Michael Jordan to Become Part Owner of the Charlotte Bobcats". Charlotte Bobcats. 15 de xuño de 2006. http://www.nba.com/bobcats/release_jordan_060615.html. Consultado o 30 de xuño de 2009.
  18. Hornets all the buzz in Charlotte. ESPN, 2014-05-20.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]