Alonzo Mourning
| Alonzo Mourning | |
|---|---|
| Posición | Pivote |
| Dorsal | 33 |
| Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
| Peso | 118 kg (261 lb) |
| Nacemento | 8 de febreiro de 1970 (42 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1992–2008 |
| NBA Draft | 1992 / Rolda: 1 / Elección: 2
Escollido por Charlotte Hornets |
| Universidade | Georgetown |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 14 311 |
| Rebotes | 7 137 |
| Tapóns | 2 356 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
Alonzo Harding Mourning, Jr., nado o 8 de febreiro de 1970 en Chesapeake, Virginia, é un ex-xogador americano de baloncesto profesional, que xogou a maioría dos seus 15 anos en activo nos Miami Heat da NBA.
Mourning xogaba de pivote, e tiña o alcume de "Zo". A súa tenacidade en defensa fíxolle gañar dúas veces o premio ao mellor xogador defensivo da NBA, e estar no equipo defensivo do ano nunha ocasión. Voltou a xogar tras un transplante de ril, e máis tarde gañou o seu primeiro e único Campionato da NBA cos Heat. Ademáis, xogou para os Charlotte Hornets e os New Jersey Nets. O 30 de marzo de 2009, Mourning convertiuse no primeiro xogador da historia dos Miami Heat en ter o seu número retirado.
Mourning e a súa muller Tracy teñen tres fillos: un fillo chamado Alonzo III ("Trey"), unha filla chamada Myka Sydney, e un segundo fillo chamado Alijah (nado o 18 de setembro de 2009).[1]
En abril de 2010, Mourning foi incluído no Virginia Sports Hall of Fame en recoñecemento á súa traxectoria no instituto, universitaria e profesional ademais do seu traballo coma voluntario ao servizo da comunidad onde viviu e traballou durante a súa vida.[1]
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||