Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A tempada 2003-04 da NBA foi a 58ª da historia da National Basketball Association. A tempada rematou cos Detroit Pistons coma campións tras gañar aos Los Angeles Lakers por 4-1.
Aspectos salientables [editar]
- Foi a derradeira tempada da División Medio Oeste na NBA (Minnesota Timberwolves sería o último campión), xa que ao ano seguinte se trocaría o formato en ambas as conferencias, aumentando o número de divisións a 3, tanto no Leste coma no Oeste.
- Houston Rockets xogou por primeira vez no seu novo pavillón, o Toyota Center.
- O All-Star Game da NBA de 2004 disputouse no Staples Center dos Ánxeles, California, con vitoria por 136-132 do Oeste. Shaquille O'Neal foi nomeado MVP do partido.
- Houston Rockets, Denver Nuggets, Orlando Magic e Cleveland Cavaliers estrearon novo uniforme.
- Antes do inicio da tempada, Karl Malone e Gary Payton accederon a rebaixaren os seus salarios para ficharen polos Lakers, compartindo vestiario coas estrelas Kobe Bryant e Shaquille O'Neal. O obxectivo dos veteranos xogadores de conseguiren por fin un anel fracasou, xa que perderon as Finais da NBA ante os Detroit Pistons por un claro 4-1.
- O "Big Three" dos Timberwolves formado por Kevin Garnett, Latrell Sprewell e Sam Cassell marabillou a NBA, atinxindo a mellor marca da Conferencia Oeste pero caendo eliminados polos Lakers nas Finais de Conferencia. Era a primeira vez que os Timberwolves pasaban da primeira rolda de playoffs.
- Foi unha das peores tempadas na historia da NBA en canto a anotacións se refire. Moitos equipos rexistraron as súas peores marcas en varias categorías de anotación.
- LeBron James (1ª elección, Cleveland), Carmelo Anthony (3ª elección, Denver), Chris Bosh (4ª elección, Toronto) e Dwyane Wade (5ª elección, Miami), xunto a outros, formaron un dos mellores drafts da historia. Anthony e Wade lideraron os seus equipos a playoffs, este último ata as Semifinais de Conferencia. James gañou o Rookie do ano da NBA.
- Tras oito tempadas negativas, Memphis Grizzlies conseguiu un balance de 50-32 e asegurouse a súa primeira participación en playoffs. Tamén foi a súa derradeira campaña no Pyramid Arena.
- Todos os equipos de Texas clasificáronse para os playoffs por primeira vez en 14 anos.
- Todos os equipos da División Medio Oeste finalizaron por enriba do 50% de vitorias, pero os Jazz non conseguiron praza de playoffs.
- Scottie Pippen regresou aos Chicago Bulls.
Tempada regular [editar]
Por división [editar]
- División Atlántico
|
- División Central
|
- División Medio-Oeste
|
- División Pacífico
|
Por conferencia [editar]
- Conferencia Leste
|
- Conferencia Oeste
|
Estatísticas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|
|
| 1940s |
|
|
| 1950s |
|
|
| 1960s |
|
|
| 1970s |
|
|
| 1980s |
|
|
| 1990s |
|
|
| 2000s |
|
|
| 2010s |
|
|
|
. . . Competicións de Baloncesto 2003-2004:
|
|
| Norteamérica |
National Basketball Asociation
|
|
|
|
|
|
|
Europa
|
|
|