Baylor Bears
|
||||
|---|---|---|---|---|
| División | División I da NCAA | |||
| Subdivisión en fútbol americano | Football Bowl Subdivision (FBS) | |||
| Conferencia | Big 12 Conference | |||
| Alcume | Bears | |||
| Mascota | Joy e Lady | |||
| Estadio de fútbol americano | Floyd Casey Stadium (50.000 espectadores) |
|||
| Pavillón de baloncesto | Ferrell Center (11.528 espectadores) |
|||
Baylor Bears é o equipo deportivo da Universidade de Baylor, en Waco, Texas. Os equipos dos Bears participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forman parte da Big 12 Conference dende o ano 1996. Os programas deportivos femininos desta universidade son coñecidos coma Lady Bears.
Índice |
Deportes [editar]
Baylor compite en 16 deportes variados:
|
Masculino: |
Feminino: |
Béisbol [editar]
O equipo de béisbol é un dos programas deportivos con máis éxito de Baylor. Dende a súa entrada na Big 12 Conference, Baylor ten a mellor marca de conferencia con 137-83 (.623) baixo o mando do adestrador Steve Smith.
Baloncesto [editar]
Baylor Lady Bears gañou o campionato nacional de baloncesto feminino da NCAA en 2005, adestrados por Kim Mulkey-Robertson, e gañando na final a Michigan State Spartans por 84-62. Mulkey-Robertson convertiuse na primeira adestradora de Baylor e na terceira adestradora da historia en gañar o campionato nacional coma adestradora e coma xogadora, xunto con Dean Smith e Bob Knight.
Os Baylor Bears gañaron cinco titulos da Southwest Conference, e alcanzaron a Elite Eight en 1946 e a Final Four en 1948 e 1950. En 1948 chegaron á final, pero perderon ante os Kentucky Wildcats por 58-42.
Xogadores de baloncesto notables coma David Wesley, Vinnie Johnson ou Darryl Middleton proceden desta universidade.