Byron Scott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Byron Scott
Posición Escolta
Dorsal 4
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso 88 kg (194 lb)
Nacemento 28 de marzo de 1961
Flag of Utah.svg Ogden, UT
Carreira
Tempadas 19831998
Universidade Arizona State
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     15 097
Robos     1 224
Asistencias     2 729
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

Byron Anton Scott é un antigo xogador de baloncesto norteamericano e que na actualidade se adica a adestrar equipos, chegando a gañar en 2008 título de Adestrador do ano da NBA. Naceu o 28 de marzo de 1961 en Ogden, Utah. Coma universitario, xogou nas ringleiras da Arizona State University.

Índice

Traxectoria [editar]

Xogador [editar]

Foi elixido no draft de 1983 polos San Diego Clippers en cuarta posición. Foi traspasado ao ano seguinte aos seus veciños Los Angeles Lakers xunto con Swen Nater a cambio do xa veterán Norm Nixon, e foi neste equipo onde alcanzou os seus maiores éxitos coma profesional, ao coincidir no tempo con xente mítica do talle de Magic Johnson ou Kareem Abdul Jabbar, cos que gañou tres aneis de campión da NBA. Tras pasar por equipos coma os Indiana Pacers, os Vancouver Grizzlies ou o equipo grego do Panathinaikos, voltou na súa última tempada en activo aos Lakers, onde compartiu minutos con Kobe Bryant ou Shaquille O'Neal. Durante toda a súa traxectoria distinguiuse coma un dos mellores tiradores da NBA.

Adestrador [editar]

Adestrou durante dous anos aos New Jersey Nets, aos cales levou nas tempadas (2002 e 2003) ás Finais da NBA. Dende a tempada 2003-2004 ocupa o banco dos New Orleans Hornets.

Foi nomeado na tempada 2007-08 Adestrador do Ano da NBA con 458 votos, 216 máis que o segundo clasificado. Este mesmo ano fora seleccionado para adestrar ao equipo do Oeste no NBA All-Star Game de Nueva Orleans.

Logros personais [editar]

  • 3 títulos da NBA con Los Angeles Lakers, os anos 1985, 1987 e 1988.
  • Elixido, en 1984, no quinteto ideal de rookies.
  • Mellor porcentaxe de tiros de 3 puntos na tempada 1984-85, cun promedio do 43,3%.
  • Mellor adestrador do ano na tempada 2007-2008 cos New Orleans Hornets.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]