Keith Van Horn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Keith Van Horn
Posición Aleiro
Dorsal 44, 4, 2
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 111 kg (245 lb)
Nacemento 23 de outubro de 1975 (39 anos)
Flag of California.svg Fullerton, California
Carreira
Tempadas 19972008
NBA Draft 1997 / Rolda: 1 / Elección: 2

Escollido por Philadelphia 76ers

Universidade Utah
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     9 206
Rebotes     3 909
Asistencias     900
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Keith Adam Van Horn, nado o 23 de outubro de 1975 en Fullerton, California, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Xogaba de aleiro e ala-pivote, e xogou para a Universidade de Utah.[1] Van Horn rematou os seus anos en Utah sendo o máximo anotador da historia da Universidade.

Van Horn foi seleccionado na 2ª posición do draft da NBA de 1997 polos Philadelphia 76ers, e foi traspasado aos New Jersey Nets.[2] Xogou para New Jersey de 1997 a 2002, liderando aos Nets en anotación nas tempadas 1997-98 e 1998-99, onde fixo sobre 20 puntos por partido e rematou 5º na lista de anotadores da NBA en 1999. [2] Foi un dos grandes contribuidores dos Nets no ano 2002 que foron campións da Conferencia Leste, e liderou ao equipo en rebotes e foi o segundo máximo anotador.[3] Van Horn xogou tamén para os Philadelphia 76ers, os New York Knicks, os Milwaukee Bucks e os Dallas Mavericks.[4] Cos Mavericks foi un membro moi importante do equipo que foi campión da Conferencia Oeste na tempada 2005-06[2]

Van Horn retirouse oficialmenet da NBA no ano 2008, rematando con 16.0 puntos e preto de 7 rebotes por partido durante os 10 anos na liga.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1996–97 Season Recap, http://utahutes.cstv.com/sports/m-baskbl/archive/utah-m-baskbl-9697recap.html. Consultado 15 de febreiro de 2010.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Keith Van Horn, www.basketball-reference.com. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
  3. New Jersey Nets, www.nba.com/history. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
  4. Keith Van Horn, www.nba.com. Consultado o 12 de febreiro de 2010.