Brian Scalabrine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brian Scalabrine
Scal Media Day.png
Chicago Bulls
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 18 de marzo de 1978 (34 anos)
Flag of California.svg Long Beach, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso 107 kg (235 lb)
Instituto Enumclaw
Información da carreira
Universidade USC
NBA Draft 2001 / Rolda: 2 / Elección: 35

Escollido por New Jersey Nets

Carreira dende 2001
Historial de equipos
New Jersey Nets (2001–2005)
Boston Celtics (2005-2010)
Chicago Bulls (2010-presente)
Benetton Treviso (2011)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2008)

Brian David Scalabrine, nado o 18 de marzo de 1978, en Long Beach, California, é un xogador de baloncesto estadounidense que xoga nos Chicago Bulls da NBA.

Índice

[editar] Traxectoria

[editar] Universidade

Xogou durante 3 tempadas cos Trojans da Universidade de Southern California, onde promediou 15,7 puntos e 6,1 rebotes por partido.

[editar] Profesional

Foi seleccionado no Draft da NBA de 2001 polos New Jersey Nets na posición 35. Alí xogou durante 4 tempadas, onde na súa derradeira tempada asinou os mellores números da súa traxectoria, ao facer 6,3 puntos e 4,5 rebotes por partido.

Na tempada 2005-06 asinou un contrato cos Celtics, o 2 de agosto de 2005 por 5 anos a razón de 15 millóns de dólares. Na súa primeira tempada en Boston fixo medias de 2,9 puntos e 1,6 rebotes en 13,2 minutos de partido. Uns números que serían semellantes aos das seguintes 3 tempadas en Boston. O 21 de setembro de 2010 asinou un contrato non garantido cos Chicago Bulls.

O 22 de setembro de 2011, Scalabrine asinou co Benetton Treviso da liga italiana.[1] Deixou o equipo en decembro de 2011 para atopar algunha oportunidade na NBA.[2]

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas