Air Canada Centre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Air Canada Centre
Air Canada Center
Datos
Localización Toronto, Ontario Flag of Canada.svg Canadá
Construción
Inauguración 19 de febreiro de 1999
Arquitecto Brisbin Brook Beynon
Custo $265 millóns USD
Estadio
Superficie 62.000 m 2
Capacidade Hoquei: 18.819
Baloncesto: 19.800
Localía Toronto Maple Leafs (NHL) (1999-presente)
Toronto Raptors (NBA) (1999-presente)
Toronto Rock (NLL) (2001-presente)
Toronto Phantoms (AFL) (2001-2002)
Eventos
All-Star da NHL (2000)

O Air Canada Centre, a miúdo denominado simplemente coma ACC, é un pavillón multifuncional situado en Toronto, Ontario. É a cancha de xogo dos Toronto Maple Leafs da NHL, e dos Toronto Raptors da NBA. O seu nome débese ao seu principal patrocinador, as liñas aéreas canadenses Air Canada.

Historia[editar | editar a fonte]

O deseño do Air Canada Center realizouse pensando tanto no hóckey sobre xeo coma no baloncesto. Púxose a primeira pedra en 1997 e foi inaugurado o 19 de febreiro de 1999. O seu propietario é o mesmo que o do equipo da NHL dos Toronto Maple Leafs.

Eventos[editar | editar a fonte]

Os eventos máis significativos que se realizaron neste pavillón son o All Star da NHL en 2000 e a final do Campionato do Mundo de Hoquei de 2004.

Ademais, realizáronse infinidade de concertos de música, destacando os de Avril Lavigne, KISS, Aerosmith, Bon Jovi, Guns N' Roses, Depeche Mode, David Bowie, Hilary Duff, Coldplay, U2, Paul McCartney, Radiohead, Madonna, The Rolling Stones, Elton John, Oasis, Shakira, Metallica, Iron Maiden, Red Hot Chili Peppers, Billy Talent, e John Mayer.

O 9 de outubro de 2009 Kylie Minogue actuou por primeira vez no ACC así como no Canadá.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Air Canada Centre Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]