Basketball Hall of Fame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Basketball Hall of Fame en Springfield, Massachusetts

O Naismith Memorial Basketball Hall of Fame recoñece e premia a xogadores que demostraron unha habilidade extrema no baloncesto ao longo da súa carreira e a adestradores ou árbitros cunha grande contribución ao mundo do baloncesto. Algúns equipos ao completo tamén están no Hall of Fame, coma os Harlem Globetrotters.

Creouse en 1959, e a construción do museo rematouse o 17 de febreiro de 1968 en Springfield, Massachusetts. En 1985 o edificio foi trasladado a outra zona de Springfield, preto do centro, na beira leste do Río Connecticut.

O 28 de setembro de 2002 o Hall of Fame volveu ser trasladado de novo á súa terceira localización, un edificio de 45 millóns de dólares e 7.400 m².

Membros[editar | editar a fonte]

Despois dos nomeamentos do ano 2008, o Salón da Fama conta con 285 membros individuais (130 xogadores, 73 adestradores, 3 de ambos postos, 51 colaboradores e 12 árbitros) e 5 equipos. John Wooden, Lenny Wilkens, e Bill Sharman son os únicos que foron incluídos como xogadores e como adestradores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basketball Hall of Fame