Kris Humphries
| Brooklyn Nets – No. 43 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de febreiro de 1985 (28 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 107 kg (235 lb) |
| Instituto | Hopkins Senior HS |
| Información da carreira | |
| Universidade | Minnesota |
| NBA Draft | 2004 / Rolda: 1 / Elección: 14
Escollido por Utah Jazz |
| Carreira | dende 2004 |
| Historial de equipos | |
| Utah Jazz (2004-2006) Toronto Raptors (2006-2009) Dallas Mavericks (2009-2010) New Jersey Nets/Brooklyn Nets (2010-actualidade) |
|
| Información en nba.com | |
Kris Nathan Humphries, nado o 6 de febreiro de 1985 en Minneapolis, Minnesota, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Brooklyn Nets da NBA.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Humphries foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2004 polos Utah Jazz.[1] Xogou dúas tempadas en Utah, onde acadou 3.6 puntos e 2.7 rebotes por partido, en 11.6 minutos de xogo.[2]
O 8 de xuño de 2006, Humphries foi traspasado xunto con Robert Whaley aos Toronto Raptors a cambio de Rafael Araújo.[3] Na tempada 2006-07, tras un comezo frouxo no cal non recibiu moitos minutos do seu adestrador Sam Mitchell, Humphries demostrou ser un gran reboteador con moita enerxía, e contribuiu a que os Raptors conseguiran o primeiro título da División Atlántico da súa historia.[4] O 28 de marzo de 2007, capturou sete rebotes ofensivos en 27 minutos contra os Miami Heat, ambas marcas as maiores da tempada[5] e da súa carreira.[6] O 13 de abril de 2007, mellorou esas marcas na vitoria dos Raptors contra os Detroit Pistons, con nove rebotes ofensivos, e 18 rebotes totais.[7][8] Humphries rematou a súa primeira tempada cos Raptors con 3.1 rebotes por partido e cunha porcentaxe de tiros de campo dun 47%, con 3.8 puntos por partido.[2]
O 9 de xullo de 2009, Humphries, Shawn Marion e Nathan Jawai foron traspasados aos Dallas Mavericks como parte dun traspaso entre catro equipos: Raptors, Mavericks, Orlando Magic e Memphis Grizzlies.[9]
O 11 de xaneiro de 2010, os Mavericks traspasaron a Humphries xunto a Shawne Williams aos New Jersey Nets para adquirir de novo a Eduardo Nájera.[10] O 27 de xaneiro de 2010, Humphries anotou 25 puntos, o máximo da súa carreira, contra Los Angeles Clippers.
A tempada 2010-11 foi unha gran tempada para Humphries, ao rematala acadando un dobre-dobre en puntos e rebotes.
Notas [editar]
- ↑ Kris Humphries Statistics, basketball-reference.com, consultado o 29 de abril de 2007.
- ↑ 2,0 2,1 Kris Humphries Info Page – Career Stats and Totals, NBA.com, consultado o 29 de abril de 2007.
- ↑ Raptors Acquire Kris Humphries & Robert Whaley for Araujo, nba.com/raptors, 8 de xuño de 2006, consultado o 29 de abril de 2007.
- ↑ Campbell, Morgan, "Humphries, Jackson bring energy off Raptors' bench", thestar.com, 15 de abril de 2007, consultado o 29 de abril de 2007.
- ↑ Heat at Raptors Boxscore, nba.com, 28 de marzo de 2007, consultado o 14 de abril de 2007.
- ↑ Arthur, Bruce, "Small Raptors come up big against Heat", canada.com, 29 de marzo de 2007, consultado o 29 de abril de 2007.
- ↑ Pistons at Raptors Boxscore, nba.com, 13 de abril de 2007, consultado o 14 de abril de 2007.
- ↑ Raptors Post Up, nba.com/raptors, 13 de abril de 2007, consultado o 14 de abril de 2007.
- ↑ "MAVERICKS ACQUIRE FOUR-TIME ALL-STAR SHAWN MARION". NBA.com. 9 de xullo de 2009. http://www.nba.com/mavericks/roster/shawnmarion.html. Consultado o 9 de xullo de 2009.
- ↑ "Nets Acquire Kris Humphries and Shawne Williams from Dallas". NBA.com. 11 de xaneiro de 2010. http://www.nba.com/nets/news/Najera_Humphries_Trade_Release_100111.html. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||