Utah Jazz
| Utah Jazz | |
|---|---|
| Conferencia | Conferencia Oeste |
| División | División Noroeste |
| Fundado en | 1974 |
| Historia | New Orleans Jazz 1974–1979 Utah Jazz 1979–presente |
| Pavillón | EnergySolutions Arena |
| Cidade | Salt Lake City, Utah |
| Cores | Púrpura, dourado e branco |
| Propietario(s) | Gail Miller, Greg Miller |
| Mánager xeral | Kevin O'Connor |
| Adestrador | Tyrone Corbin |
| Afiliado da D-League | Idaho Stampede |
| Campionatos | 0 |
| Títulos de conferencia | 2 (1997, 1998) |
| Títulos de división | 8 (1984, 1989, 1992, 1997, 1998, 2000, 2007, 2008) |
| Dorsais retirados | 7 (13, 22, 25, 32, 33, 42, 44, MIC) Honoríficos: (VM, GM, JP, SM, JK, CL) |
| Web Oficial | utahjazz.com |
Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleans onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como a berce dese xénero musical. Antes de mudarse a Salt Lake City en 1979, xogaron como os New Orleans Jazz cinco tempadas.
Os Jazz foron un dos equipos con menos éxito da liga nos seus primeiros anos, non conseguindo clasificarse até os playoffs até dez anos despois da súa fundación (1984). Con todo, dende ese ano non faltaron á cita até a tempada 2004. A partir de finais dos anos 1980, John Stockton e Karl Malone convertéronse nos xogadores franquía do equipo, formando un dos mellores dúos da historia da NBA. Dirixidos polo adestrador Jerry Sloan foron un dos equipos máis importantes dos anos 1990, chegando ás finais de 1997 e 1998 onde perderon fronte os Chicago Bulls de Michael Jordan.
Trala marcha de Stockton e Malone en 2003, os Jazz non se clasificaron á fase final durante tres anos, até a chegada do base Deron Williams que liderou ao equipo até a tempada 2010-11. Despois desa campaña retirouse o adestrador Jerry Sloan e os Jazz comezaron unha profunda reestruturación, incluída a marcha do equipo de Williams. Ao ano 2012, os Jazz son o único equipo das catro grandes ligas deportivas norteamericanas (MLB, NFL, NBA e NHL) con sede no estado da colmea.
Índice |
Pavillóns[editar]
En Nova Orleans
- Loyola Field House (1974-1975)
- Municipal Auditorium (1974-1975)
- Louisiana Superdome (1975-1979)
- Salt Palace (1979-1991)
- EnergySolutions Arena (orixinalmente coñecido coma Delta Center; 1991- presente)
Historia[editar]
Primeiros anos en Nova Orleans[editar]
En 1974, a franquía naceu co nome de New Orleans Jazz. A pesares de contar co espectacular Pete Maravich, os Jazz comezaron sendo un equipo perdedor, e tras cinco tempadas en Nova Orleans, a franquía mudouse a Salt Lake City, Utah, en 1979. Tras este movemento, a asistencia de público diminuíu considerablemente.
1979: Traslado a Utah[editar]
Tras o movemento dos Jazz a Utah, decidiuse continuar co nome de Jazz, a pesares de que a cultura jazz tiña as súas raíces en Nova Orleans, e nada tiña que ver con Utah. Houbo pouco apoio local, pero a diferenza doutras franquías, non existiu ningunha campaña publicitaria para atraer aficionados. Antes da tempada 1979-80, os Jazz conseguiron ao anotador Adrian Dantley de Los Angeles Lakers, quen posteriormente sería o máximo anotador da liga nas tempadas 1980-1981 e 1983-1984. Durante a tempada, Maravich foi cortado e máis tarde no Draft de 1980 o equipo seleccionaría na segunda posición a Darrell Griffith da Universidade de Louisville.
Durante a tempada 1980-81, Frank Layden convertiuse no adestrador dos Jazz, e no ano 1982, a franquía seleccionou na cuarta posición do draft ao impoñente Mark Eaton. A pesares dos reforzos, o equipo continuou sen mellorar ata a tempada 1982-83, superando a lesión de Dantley que lle obligou a perderse 60 partidos da tempada regular, aínda que seguiuse sen chegar a playoffs. No Draft de 1983, os Jazz escolleron a Thurl Bailey da Universidade de North Carolina State.
Na tempada 1983-84, os Jazz conseguiron un récord de 45-37 e por primeira vez na súa historia lograron a clasificación a playoffs, gañando ademais o título de División Medio Oeste. Esta foi a primeira tempada das 20 consecutivas en postempada. En playoffs, avanzaron ata a segunda rolda, onde caeron eliminados en mans dos Phoenix Suns. Frank Layden foi nombeado Adestrador do ano e Dantley foi o máximo anotador da liga con 30.6 puntos por partido.
1985-90: Principio da era Stockton-Malone[editar]
No Draft de 1984, os Jazz seleccionaron ao base John Stockton da Universidade de Gonzaga, e ao ano seguinte ao á-pivote Karl Malone procedente da Universidade de Louisiana Tech. Tanto na tempada 1984-85 coma na 1985-86, os Jazz chegaron xustos a playoffs. En 1986, traspasaron a Adrian Dantley aos Detroit Pistons.
Durante as seguintes campañas, os Jazz comezaron a gañarse o respecto dentro da liga. Eaton gañou en dúas ocasións o premio ao mellor defensor, mentres que Stockton e Malone convertíronse en estrelas da NBA e asiduos no NBA All-Star Game. A pesares do éxito na tempada regular, o equipo non foi capaz de superar a segunda rolda de playoffs na década dos 80. Durante la tempada 1988-89, Layden cedeu o posto de adestrador ao seu asistente Jerry Sloan para convertirse en presidente da franquía. Con Sloan o equipo chegou por primeira vez ata as 50 victorias, ademais de gañar o título de División Medio Oeste. Con todo, en postempada caeron na primeira rolda ante Golden State Warriors.
Os 90[editar]
A principios da década dos 90, os Jazz continuaron clasificándose para playoffs, aínda que caendo en primeira rolda en 1990 cos Phoenix Suns e en segunda rolda en 1991 cos Portland Trail Blazers. Na tempada 1990-91, os Jazz contrataron a Jeff Malone, e tras a seguinte campaña rescindiron o contrato do veterán Darrell Griffith. En 1991, a franquía deixou o vello Salt Palace para mudarse ao novo Delta Center. Un ano despois, o equipo alcanzou por primeira vez as Finais de Conferencia, perdendo ante os Blazers en seis partidos. Nos playoffs de 1993, os Jazz voltaron á senda do fracaso, sendo apeados polos Seattle SuperSonics ás primeiras de cambio.
Durante a tempada 1993-94, Jeff Malone foi traspasado a Philadelphia 76ers polo escolta tirador Jeff Hornacek, proporcionando ao equipo un alto porcentaxe en triplas e tiros libres. Os Jazz alcanzaron os playoffs cun récord de 53-29, eliminando na postempada aos San Antonio Spurs do máximo anotador da liga David Robinson, a Denver Nuggets en sete partidos e caendo finalmente novamente nas Finais de Conferencia ante os Houston Rockets por 4-1.
A seguinte campaña, os Jazz contaban cun equipo moi profundo e as posibilidades do campionato eran cada vez máis serias. Terminaron a tempada regular cun balance de 60-22, o mellor da súa historia ata o momento. A pesares diso, os Rockets volveron eliminalos na primeira rolda en cinco partidos. O pivote Greg Ostertag asinou polos Jazz para a tempada 1995-96, e o equipo alcanzou as Finais de Conferencia por terceira vez na súa historia soamente frenado polos Sonics de Gary Payton e Shawn Kemp en sete partidos.
Nas seguintes dúas tempadas, os Jazz saborearon o anel. Na 1996-97, cun récord de 64-18, o mellor da súa historia, chegaron por primeira vez ás Finais da NBA, perdendo en seis partidos ante uns Chicago Bulls liderados por Michael Jordan tras eliminar previamente a Los Angeles Clippers, Los Angeles Lakers e Houston Rockets. No sexto partido das Finais de Conferencia ante os Rockets, Stockton anotou unha histórica tripla que levou aos Jazz ás Finais. Karl Malone foi nombeado MVP da tempada da NBA por primeira vez.
1997-98: Os años das Finais[editar]
A tempada 1997-98 comezou con problemas, xa que Stockton lesionouse seriamente o xeonllo e perdeuse os primeiros 18 partidos da campaña. A pesares diso, os Jazz chegaron ata as 60 victorias, conseguindo un balance de 62-20. En playoffs, superaron aos Rockets, Spurs e Lakers antes de chegar as súas segundas Finais consecutivas. Ante os Lakers, os californianos partían coma favoritos, contando nas súas ringleiras con dúas estrelas da liga como eran Shaquille O'Neal e Kobe Bryant, a parte de contar cun equipo xoven a diferenza de Utah, do que se pensaba que a idade se notaría considerablemente. Non foi así, de feito, os Jazz barreron aos Lakers (4-0) coun primeiro encontro memorable, 112-77, convertíndose na maior derrota dos Lakers en postempada. Nas Finais da NBA, atopáronse de novo aos Bulls de Jordan, Scottie Pippen, Dennis Rodman e Phil Jackson no banco, entre outros. Os de Chicago comezaron dominando as series 3-1, aínda que os Jazz conseguiron acercarse gañando o quinto encontro por un axustado 83-81 no United Center e devolver a serie a Salt Lake City. A pesares de que Utah se mantivo por diante do marcador na maior parte do partido, nos segundos finais apareceu Jordan para anotar 4 puntos e darll aos Bulls o seu sexto anel, terceiro consecutivo. O último tiro de Jordan sobre Bryon Russell convertiuse nunha das xogadas máis famosas da historia da liga.[1]
En 1999, os Jazz remataron a tempada do peche patronal coun balance de 37-13, empatado cos Spurs no mellor récord da liga. Sen embargo, en playoffs caeron nas Semifinais de Conferencia ante Portland Trail Blazers. A pesares diso, Malone foi galardoado co seu segundo MVP da tempada da NBA.
1999-03: Anos finais da era Stockton-Malone[editar]
Na campaña 1999-00, os Jazz gañaron a División Medio Oeste, pero unha vez máis fracasaron na postempada caendo na segunda rolda ante Portland Trail Blazers. Durante a pretempada, Hornacek retirouse e Howard Eisley foi traspasado nun intercambio que involucrou a catro equipos e enviou aos Jazz a Donyell Marshall. A franquía seleccionou na primeira rolda do Draft de 2000 á promesa DeShawn Stevenson, procedente directamente dende o instituto. Na tempada 2000-01, lograron un balance de 53-29, pero o seu infortunio en playoffs amosouse unha vez máis tras desaproveitar unha vantaxe de 2-0 ante Dallas Mavericks na primeira rolda e caer eliminados.
A seguinte tempada foi difícil para os Jazz, comezando a perder fol respecto aos anos anteriores, a pesares do reforzo do rookie ruso Andréi Kirilenko (anteriormente seleccionado no Draft de 1999). Tras lograr un decente 44-38, foron apeados ns primeira rolda ante os Sacramento Kings. A campaña 2002-03 foi a última en activo do base Stockton, que se retirou tras perder por segundo ano consecutivo en primeira rolda ante os Kings. Matt Harpring chegou ao equipo procedente de Philadelphia 76ers, conseguindo a súa mellor tempada en canto a estadísticas, e os Jazz conseguiron un balance de 47-35. Ao final da tempada, Malone deixou o equipo e asinou polos Lakers en busca dun anel antes da súa retirada, algo que non conseguiu tras perder nas Finais da NBA ante os Detroit Pistons.
2003-06: Reconstrucción[editar]
Na tempada 2003-04, os Jazz perderon credibilidade na liga e convertíronse nun equipo modesto, finalizando a súa excelente racha de 20 tempadas consecutivas aparecendo en playoffs. A nota positiva chegou coa nominación de Kirilenko para disputar o NBA All-Star Game. O peso do equipo levábao o ruso, xunto co base Carlos Arroyo, Harpring e o defensivo Raja Bell. Jerry Sloan finalizou segundo na votación ao Mellor Adestrador do Ano da NBA, finalmente gañado por Hubie Brown de Memphis Grizzlies.
Durante o verán, Utah reforzouse coas fichaxes dos axentes libres Carlos Boozer de Cleveland Cavaliers e o turco Mehmet Okur de Detroit Pistons, á postre moi importantes no devir do equipo. Unha serie de lesións (coma as de Raül López, Arroyo, Kirilenko e Boozer) apartaron aos Jazz de playoffs tras un gran inicio de tempada. Tras os rumores de descontento entre varios xóvenes xogadores e Sloan, chegou o traspaso de Arroyo aos Pistons a cambio de Elden Campbell, quen inmediatamente foi cortado. Os Jazz remataron a campaña cun triste rexistro de 26-56, o peor dende a tempada 1981-82.
No Draft de 2005, os Jazz seleccionaron na terceira posición ao base Deron Williams da Universidad de Illinois. Ademais, Bell deixou o equipo e asinou polos Phoenix Suns. Antes de comezar a tempada regular, Boozer lesionouse, e tívose que perder os primeros 49 partidos. As lesións castigaron de novo aos de Utah, con xogadores coma Kirilenko ou Giricek acompañando a Kirilenko durante a tempada. Os Jazz remataron cun récord de 41-41, a 4 partidos de entrar nos playoffs. Ao final da tempada regular, o veterán pivote Ostertag retirouse do baloncesto, tras disputar 10 das súas 11 tempadas na liga nos Jazz.
No Draft de 2006, os Jazz escolleron a Ronnie Brewer da Universidade de Arkansas na 14ª posición, mentres que na segunda rolda escolleron a Dee Brown e a Paul Millsap. Posterior ao draft, Utah traspasou a Devin Brown, Keith McLeod e Andre Owens a Golden State Warriors polo base Derek Fisher.
2006-07: Regreso a playoffs[editar]
Os Jazz comezaron a tempada 2006-07 sorprendentemente ben, conseguindo un inicio de 12-1, a pesares da lesión de Kirilenko, que lle fixo perder 5 partidos. Williams amosou unha gran mellora, finalizando segundo na liga en asistencias por detrás de Steve Nash con 9.3 por partido, mellor promedio dun xogador dos Jazz na historia exceptuando a Stockton. Carlos Boozer foi seleccionado para disputar o NBA All-Star Game coma reserva, pero non puido xogar debido a unha lesión; Mehmet Okur foi nombeado un dos sustitutos dos catro xogadores que non puideron asistir ao partido por lesión.
Os Jazz posuían un equipo moi profundo; nos 10 partidos que Boozer e Okur se perderon (os dosu máximos anotadores de Utah), o equipo conseguiu un balance de 8-1. Millsap foi un dos mellores rookies do ano e unha grata sorpresa, finalizando no segundo quinteto de rookies da liga. Utah rematou a tempada regular co sexto mellor rexistro da NBA (detrás de Dallas Mavericks, Phoenix Suns, San Antonio Spurs, Detroit Pistons e Houston Rockets); 51-31, ademais de gañar o título de División Noroeste. Foi o seu mellor balance en seis tempadas.
O seu rival na primeira rolda de playoffs foi Houston Rockets liderados por Tracy McGrady e Yao Ming. A pesares de rematar a tempada por enriba dos Jazz, conseguir a vantaxe de campo e comezar liderando a serie por 2-0, os Jazz foron capaces de forzar o séptimo partido e acceder ás Semifinais de Conferencia. No decisivo encontro en Houston, os de Utah venceron 103-99.
Os Jazz atopáronse cos Golden State Warriors na seguinte rolda. Os Warriors, que se clasificaron a playoffs no último día da tempada regular, eliminaron na primeira rolda ao mellor equipo da liga, os Dallas Mavericks, en seis partidos. Utah derrotoulles en cinco encontros, e avanzou cara as Finais de Conferencia por primeira vez dende 1998.
Nela, San Antonio Spurs esperáballes tras eliminar aos Phoenix Suns. Uns Spurs cun gran Tim Duncan foron demasiado para os Jazz, que aínda así lograron unha excelente tempada e participación en playoffs. Os texanos gañaron a serie en cinco partidos e posteriormente o campionato.
Traxectoria[editar]
Nota: G: Partidos gañados P:Partidos perdidos %:porcentaxe de victorias
| Tempada | G | P | % | Play-offs | |
|---|---|---|---|---|---|
| New Orleans Jazz | |||||
| 1974-75 | 23 | 59 | .280 | ||
| 1975-76 | 38 | 44 | .463 | ||
| 1976-77 | 35 | 47 | .427 | ||
| 1977-78 | 39 | 43 | .476 | ||
| 1978-79 | 26 | 56 | .317 | ||
| Utah Jazz | |||||
| 1979-80 | 24 | 58 | .293 | ||
| 1980-81 | 28 | 54 | .341 | ||
| 1981-82 | 25 | 57 | .305 | ||
| 1982-83 | 30 | 52 | .366 | ||
| 1983-84 | 45 | 37 | .549 | Gañada 1ª Rolda Perdidas Semifinais Conferencia |
Utah 3, Denver 2 Phoenix 4, Utah 2 |
| 1984-85 | 41 | 41 | .500 | Gañada 1ª Rolda Perdidas Semifinais Conferencia |
Utah 3, Houston 2 Denver 4, Utah 1 |
| 1985-86 | 42 | 40 | .512 | Perdida 1ª Rolda | Dallas 3, Utah 1 |
| 1986-87 | 44 | 38 | .537 | Perdida 1ª Rolda | Golden State 3, Utah 2 |
| 1987-88 | 47 | 35 | .573 | Gañada 1ª Rolda Perdidas Semifinais Conferencia |
Utah 3, Portland 1 L.A. Lakers 4, Utah 3 |
| 1988-89 | 51 | 31 | .622 | Perdida 1ª Rolda | Golden State 3, Utah 0 |
| 1989-90 | 55 | 27 | .671 | Perdida 1ª Rolda | Phoenix 3, Utah 2 |
| 1990-91 | 54 | 28 | .659 | Gañada 1ª Rolda Perdidas Semifinais Conferencia |
Utah 3, Phoenix 1 Portland 4, Utah 1 |
| 1991-92 | 55 | 27 | .671 | Gañada 1ª Rolda Gañadas Semifinais Conferencia Perdidas Finais Conferencia |
Utah 3, L.A. Clippers 2 Utah 4, Seattle 1 Portland 4, Utah 2 |
| 1992-93 | 47 | 35 | .573 | Perdida 1ª Rolda | Seattle 3, Utah 2 |
| 1993-94 | 53 | 29 | .646 | Gañada 1ª Rolda Gañadas Semifinais Conferencia Perdidas Finais Conferencia |
Utah 3, San Antonio 1 Utah 4, Denver 3 Houston 4, Utah 1 |
| 1994-95 | 60 | 22 | .732 | Perdida 1ª Rolda | Houston 3, Utah 2 |
| 1995-96 | 55 | 27 | .671 | Gañada 1ª Rolda Gañadas Semifinais Conferencia Perdidas Finais Conferencia |
Utah 3, Portland 2 Utah 4, San Antonio 2 Seattle 4, Utah 3 |
| 1996-97 | 64 | 18 | .780 | Gañada 1ª Rolda Gañadas Semifinais Conferencia Gañadas Finais Conferencia Perdidas Finais NBA |
Utah 3, L.A. Clippers 0 Utah 4, L.A. Lakers 1 Utah 4, Houston 2 Chicago 4, Utah 2 |
| 1997-98 | 62 | 20 | .756 | Gañada 1ª Rolda Gañadas Semifinais Conferencia Gañadas Finais Conferencia Perdidas Finais NBA |
Utah 3, Houston 2 Utah 4, San Antonio 1 Utah 4, L.A. Lakers 0 Chicago 4, Utah 2 |
| 1998-99 | 37 | 13 | .740 | Gañada 1ª Rolda Perdidas Semifinais Conferencia |
Utah 3, Sacramento 2 Portland 4, Utah 2 |
| 1999-2000 | 55 | 27 | .671 | Gañada 1ª Rolda Perdidas Semifinais Conferencia |
Utah 3, Seattle 2 Portland 4, Utah 1 |
| 2000-01 | 53 | 29 | .646 | Perdida 1ª Rolda | Dallas 3, Utah 2 |
| 2001-02 | 44 | 38 | .537 | Perdida 1ª Rolda | Sacramento 3, Utah 1 |
| 2002-03 | 47 | 35 | .573 | Perdida 1ª Rolda | Sacramento 4, Utah 1 |
| 2003-04 | 42 | 40 | .512 | ||
| 2004-05 | 26 | 56 | .317 | ||
| 2005-06 | 41 | 41 | .500 | ||
| 2006-07 | 51 | 31 | .621 | Gañada 1ª Rolda Gañadas Semifinais Conferencia Perdidas Finais Conferencia |
Utah 4, Houston 3 Golden State 1, Utah 4 Utah 1, San Antonio 4 |
| 2007-08 | 54 | 28 | .659 | Gañada 1ª Rolda Perdidas Semifinais Conferencia |
Utah 4, Houston 2 Utah 2, L.A. Lakers 4 |
| 2008-09 | 48 | 34 | .585 | Perdida 1ª Rolda | L.A. Lakers 4, Utah 1 |
| 2009-10 | 53 | 29 | .646 | Gañada 1ª Rolda Perdidas Semifinais Conferencia |
Utah 4, Denver 2 L.A. Lakers 4, Utah 1 |
| Total | 1595 | 1327 | .546 | ||
| Playoffs | 108 | 115 | .484 | ||
Xogadores[editar]
Cadro actual[editar]
| Utah Jazz 2012-2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cadro • Transaccións |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dorsais retirados[editar]
| Dorsal | Xogador | Posición | Anos |
|---|---|---|---|
| 1 | Frank Layden | Adestr. | 1981-88 |
| 4 | Adrian Dantley | E | 1979-86 |
| 7 | Pete Maravich | B | 1974-79 |
| 9 | Larry H. Miller | Dono | 1985-09 |
| 12 | John Stockton | B | 1984-03 |
| 14 | Jeff Hornacek | E | 1994-00 |
| 32 | Karl Malone | AP | 1985-03 |
| 35 | Darrell Griffith | E | 1980-91 |
| 53 | Mark Eaton | P | 1982-93 |
| Rod Hundley | - | 1974-02 |
Membros do Hall of Fame[editar]
| Dorsal | Xogador | Posición | Anos |
|---|---|---|---|
| 4 | Adrian Dantley | E | 1979-86 |
| 7 | Pete Maravich | B | 1974-79 |
| 12 | John Stockton | B | 1984-03 |
| 32 | Karl Malone | AP | 1985-03 |
Ademais dos xogadores, foron incluídos no Hall of Fame outros grandes contribuidores a historia dos Jazz. Jerry Sloan foi incluído como adestrador e Rod Hundley, comentarista durante os partidos dos de Utah, como contribuidor.
| Dorsal | Nome | Cargo | Anos |
|---|---|---|---|
| Jerry Sloan | Adestrador | 1988-11 | |
| Rod Hundley | Comentarista | 1974-09 |
Adestradores[editar]
| Anos | Adestrador | Record |
|---|---|---|
| 1974-75 | Scotty Robertson | 1 - 14 |
| 1974-75 | Elgin Baylor | 0 - 1 |
| 1974-77 | Bill Van Breda Koff | 74 - 100 |
| 1977-79 | Elgin Baylor | 86 - 134 |
| 1979-81 | Tom Nissalke | 60 - 124 |
| 1981-88 | Frank Layden | 277 - 294 |
| 1988-presente | Jerry Sloan | 984 - 658 |
| 1974-2006 | 1465 - 1309 |
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Web oficial de Utah Jazz (en inglés)
- Sitio web sobre a historia dos Jazz (en inglés)
- Sitio web de seareiros dos Utah Jazz (en inglés)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||