Memphis Grizzlies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Memphis Grizzlies
Memphis Grizzlies logo
Conferencia Conferencia Oeste
División División Suroeste
Fundado en 1995
Historia Vancouver Grizzlies
1995–2001
Memphis Grizzlies
2001–presente
Pavillón FedExForum
Cidade Memphis, Tennessee
Cores Azul Memphis Midnight, azul Beale Street, azul fume, dourado e branco
                        
Propietario(s) Michael Heisley
Mánager xeral Chris Wallace
Adestrador David Joerger
Afiliado da D-League Fort Wayne Mad Ants
Campionatos 0
Títulos de conferencia 0
Títulos de división 0
Web Oficial

Os Memphis Grizzlies son un equipo profesional de baloncesto de Memphis, Tennessee. Xogan na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Xunto aos Toronto Raptors, os Grizzlies foron fundados en 1995 como parte da expansión da NBA en Canadá. O equipo comezou en Vancouver, e trasladouse no ano 2001 a Memphis.

Canchas[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Vancouver[editar | editar a fonte]

Os Vancouver Grizzlies xunto ós Toronto Raptors convertíronse en franquías da NBA en 1995. Ámbolos dous equipos foron os primeiros en xogar en Canadá dende que o fixeran os Toronto Huskies na tempada 1946-1947. Inicialmente o equipo foi composto de xogadores conseguidos nun draft de expansión, sendo a primeira elección dos Grizzlies Bryant Reeves. Aínda que gañaron o seu primeiro partido na casa, acabaron a tempada 1995-1996 co peor balance da NBA, o normal para un equipo novo na liga. En 1996, os Grizzlies elixiron no draft a Shareef Abdur-Rahim no posto número tres. Pero os Grizzlies continuaban a loitar sen éxito, e na tempada 1996-1997 perderon 23 partidos seguidos (récord da NBA compartido cos Denver Nuggets), dende febreiro ata abril, a remataron co peor récord da liga de novo.

En 1997, os Grizzlies elixiron no draft a Antonio Daniels co número 4. Viuse unha lixeira melloría no equipo, que acabou no sexto posto da división. Pero volveron ó derradeiro posto na tempada seguinte, malia a elección do base Mike Bibby no segundo posto no draft de 1998. Na tempada da folga de 1999, só gañarían oito partidos.

Despois da folga, a asistencia á cancha dos Grizzlies comezou a descender, e os donos do equipo, a empresa OrcaBay (que tamén posuía os Vancouver Canucks da NHL) comezou a perder cartos. Michael Heisley mercou o equipo en 2000, pero despois doutro ano con baixa venda de entradas, decidiu muda-lo equipo a Memphis.

Memphis[editar | editar a fonte]

Despois do translado a Memphis na pretempada 2001-2002, o equipo contratou ó ex-xogador de Los Angeles Lakers e membro do Hall of Fame da NBA Jerry West como General Manager en 2002, quen recibiría na tempada 2003-2004 o premio ó Executivo do Ano da NBA. No draft do ano 2001 elixiríase a Pau Gasol na terceira posición, que gañaría o premio ó Rookie do Ano. Na tempada 2002-2003 tamén sería fichado Hubie Brown como adestrador xefe. Logrou gañar o premio ó Adestrador do Ano na seguinte tempada tras alcanzar-los playoffs por primeira vez na historia dos Grizzlies quedando sextos de conferencia.

Hubie Brown foi despedido na tempada 2004-2005, no momento no que os Grizzlies estaban a ter un balance negativo. Jerry West asinou ó analista da TNT e antigo adestrador Mike Fratello. O balance mellorou e o equipo logrou entrar na postempada por segunda vez consecutiva. Os Grizzlies tiveron un período vacacional moi activo, no que remodelaron o equipo e engadiron talento veterán. Perderon a Bonzi Wells, a Jason Williams, a Stromile Swift e a James Posey, pero adquiriron a Damon Stoudamire, a Bobby Jackson e a Eddie Jones.

Nesa tempada lograron chegar ós playoffs por terceira vez seguida, calificándose como quintos na Conferencia Oeste. Tiveron que enfrontarse ós Dallas Mavericks e foron barridos en catro partidos. A franquía de Memphis ten o récord de derrotas consecutivas en playoffs, 12, que fan tres anos sen gañar nin unha serie, e nin un encontro en postempada na curta historia da franquía.

2008-presente: Gay e Randolph[editar | editar a fonte]

O 22 de xaneiro de 2009, o adestrador Marc Iavaroni foi despedido e reemprazado temporalmente polo adestrador asistente de Iavaroni, Johnny Davis. Coma substituto, chegou Lionel Hollins o 25 de xaneiro de 2009.[1]

O 25 de xuño de 2009, coa segunda elección do Draft da NBA, os Grizzlies seleccionaron ao pivote Hasheem Thabbeet da Universidade de Connecticut, e seleccionaron máis tarde a DeMarre Carroll da Universidade de Misuri coa 27ª elección.

O 9 de setembro de 2009, os Grizzlies asinaron coma axente libre a Allen Iverson por un ano e 3.5 millóns de dólares. A fichaxe de Iverson xerou moita controversia debido á súa tempada anterior nos Detroit Pistons, a pesares de que el comentou que estaba impaciente e emocionado por axudar ao equipo. Malia as súas boas intencións, tan só xogar en tres partidos, ningún deles en Memphis, antes de deixar o equipo por "problemas persoais". Despois, foi cortado polos Grizzlies.[2]

Tras a saída de Iverson, os Grizzlies foron mellorando pouco a pouco. Coa adquisición de Zach Randolph xogando ao nivel de All-Star, a mellora de Marc Gasol e a entrega e intensidade da defensa, os Grizzlies foron candidatos a Playoffs durante gran parte da tempada 2009-10, antes de rematar 10º no Oeste, cun récord de 40-42.

Na tempada 2010-11, cumplíronse 10 anos de baloncesto en Memphis. Esta tempada foi diferente ás demais, cambiaron o deseño da pista cun logo do 10º aniversario nela. Malia que os Grizzlies e os seareiros estaban a celebrar o décimo aniversario, o equipo fixo unha gran tempada, e quedou 8º, clasificándose para os Playoffs. Remataron cun récord de 46-36 esa tempada.

Tempadas[editar | editar a fonte]

Campións da NBA Campións de Conferencia Campións de División Clasificado para Playoffs
Tempada Conferencia División Posición V D  % PD Playoffs Adestrador
Vancouver Grizzlies
1995-96 Oeste Medio-Oeste 15 67 .183 44 Brian Winters
1996-97 Oeste Medio-Oeste 14 68 .171 50 Brian Winters
Stu Jackson
1997-98 Oeste Medio-Oeste 19 63 .232 43 Brian Hill
1998-99 Oeste Medio-Oeste 8 42 .160 29 Brian Hill
1999-00 Oeste Medio-Oeste 22 60 .268 33 Brian Hill
Lionel Hollins
2000-01 Oeste Medio-Oeste 23 59 .280 35 Sidney Lowe
Memphis Grizzlies
2001-02 Oeste Medio-Oeste 23 59 .280 35 Sidney Lowe
2002-03 Oeste Medio-Oeste 28 54 .341 32 Sidney Lowe
Hubie Brown
2003-04 Oeste Medio-Oeste 50 32 .610 8 Perde primeira rolda vs. San Antonio Spurs, 0–4 Hubie Brown
2004-05 Oeste Suroeste 45 37 .549 14 Perde primeira rolda vs. Phoenix Suns, 0–4 Hubie Brown
Lionel Hollins
Mike Fratello
2005-06 Oeste Suroeste 49 33 .598 14 Perde primeira rolda vs. Dallas Mavericks, 0–4 Mike Fratello
2006-07 Oeste Suroeste 22 60 .268 45 Mike Fratello
Tony Barone
2007-08 Oeste Suroeste 22 60 .268 34 Marc Iavaroni
2008-09 Oeste Suroeste 24 58 .293 30 Marc Iavaroni
Johnny Davis
Lionel Hollins
2009-10 Oeste Suroeste 40 42 .488 15 Lionel Hollins
2010-11 Oeste Suroeste 46 36 .561 15 Gaña primeira rolda vs. San Antonio Spurs, 4–2
Perde semifinais de Conferencia vs. Oklahoma City Thunder, 3–4
Lionel Hollins
2011-12 Oeste Suroeste 41 25 .621 9 Perde primeira rolda vs. Los Angeles Clippers, 3–4 Lionel Hollins
2012-13 Oeste Suroeste 56 26 .683 2 Gaña primeira rolda vs. Los Angeles Clippers, 4–2
Gaña semifinais de Conferencia vs. Oklahoma City Thunder, 4–1
Perde finais de Conferencia vs. San Antonio Spurs, 0–4
Lionel Hollins
2013-14 Oeste Suroeste 50 32 .610 12 Perde primeira rolda vs. Oklahoma City Thunder, 3–4 David Joerger

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Memphis Grizzlies 2013-2014
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Orixe
E 9 Flag of the United States.svg Allen, Tony 1.93 m (6 ft 4 in) 97 kg (213 lb) Oklahoma State
B-E 12 Flag of the United States.svg Calathes, Nick 1.98 m (6 ft 6 in) 97 kg (213 lb) Florida
B 11 Flag of the United States.svg Conley, Mike 1.85 m (6 ft 1 in) 84 kg (185 lb) Ohio State
A-AP 32 Flag of the United States.svg Davis, Ed 2.08 m (6 ft 10 in) 102 kg (225 lb) North Carolina
B-E 22 Flag of the United States.svg Franklin, Jamaal 1.96 m (6 ft 5 in) 93 kg (205 lb) San Diego State
P 33 España Gasol, Marc 2.16 m (7 ft 1 in) 120 kg (265 lb) España
A-AP 3 Flag of the United States.svg Johnson, James 2.06 m (6 ft 9 in) 112 kg (248 lb) Wake Forest
P 41 Flag of the United States.svg Koufos, Kosta 2.13 m (7 ft 0 in) 120 kg (265 lb) Ohio State
E-A 5 Flag of the United States.svg Lee, Courtney 1.96 m (6 ft 5 in) 91 kg (200 lb) Western Kentucky
A-AP 30 Flag of the United States.svg Leuer, Jon 2.08 m (6 ft 10 in) 103 kg (228 lb) Wisconsin
E-A 13 Flag of the United States.svg Miller, Mike 2.03 m (6 ft 8 in) 99 kg (218 lb) Florida
A 20 Flag of the United States.svg Pondexter, Quincy 1.98 m (6 ft 6 in) 102 kg (225 lb) Washington
A-AP 21 Flag of the United States.svg Prince, Tayshaun 2.06 m (6 ft 9 in) 98 kg (215 lb) Kentucky
AP 50 Flag of the United States.svg Randolph, Zach (C) 2.06 m (6 ft 9 in) 118 kg (260 lb) Michigan State
B-E 19 Flag of Slovenia.svg Udrih, Beno 1.91 m (6 ft 3 in) 95 kg (210 lb) Eslovenia
Adestrador
Asistente(s)
  • Flag of the United States.svg Elston Turner (Mississippi)
  • Flag of the United States.svg Duane Ticknor (South Dakota)
  • Flag of the United States.svg Bob Thornton (California-Irvine)
  • Flag of the United States.svg Shawn Respert (Michigan State)
Adestrador(es) atlético(s)
  • Flag of the United States.svg Drew Graham (Ohio State)

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Injured Lesionado

CadroTransaccións
Actualizado: 10-03-2014

Premios individuais[editar | editar a fonte]

Rookie do Ano da NBA

Adestrador do Ano da NBA

Executivo do Ano da NBA

Sexto Home do Ano da NBA

Xogador Defensivo do Ano da NBA

Xogador Máis Deportivo da NBA

Participacións no NBA All-Star

Incluídos no Hall of Fame

Segundo Equipo All-NBA

Terceiro Equipo All-NBA

Primeiro Equipo Defensivo NBA

Segundo Equipo Defensivo NBA

Primeiro Equipo Rookies NBA

Segundo Equipo Rookies NBA

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Xeograficamente, Memphis é a cidade máis ó leste das que teñen equipo na Conferencia Oeste.
  • Memphis Grizzlies tamén foi o nome da franquía que formaba parte da xa extinta World Football League na década dos 70. Isto da a Memphis a distinción de ter un nome de franquía deportiva usado dúas veces para equipos diferentes na historia da cidade.
  • Na petición de entrada orixinal da franquía na NBA, o equipo estaba nomeado como Vancouver Mounties. O goberno de Canadá vetou o nome argumentando que o tiñan rexistrado, forzando o cambio ó actual.
  • Os Grizzlies foron o primeiro equipo da NBA en ter unha páxina web, que foi creada por Bob Kerstein, Xefe da Oficina de Información do equipo por aquela época.
  • En 2006, os Grizzlies son o único equipo representante de Memphis, Tennessee nas catro maiores ligas deportivas dos Estados Unidos: NBA, NFL, NHL e MLB.
  • Nunha irónica coincidencia para unha cidade que normalmente era obviada polas ligas maiores do deporte, os Vancouver Grizzlies e os Charlotte Hornets pediron o traslado a Memphis o mesmo día, o 26 de marzo de 2001. Os Hornets terían que facelo a Nova Orleáns.
  • FedEx desexaba que o equipo mudara o seu nome ó de Memphis Express cando se transladou a Memphis. A NBA rapidamente prohibiu a idea, xa que non desexaba que os equipos foran nomeados por patrocinadores.
  • Sidney Lowe foi o primeiro adestrador do equipo en Memphis.
  • Os Grizzlies nunca gañaron un encontro en playoffs en tres series xogadas. Foron varridos polos San Antonio Spurs en 2004, polos Phoenix Suns en 2005, e polos Dallas Mavericks en 2006.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]