Stephon Marbury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stephon Marbury
Información persoal
Nacemento 20 de febreiro de 1977 (47 anos)
Nova York, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 93 kg (220 lb)
Posición Base
Liga CBA
Información da carreira
Instituto Abraham Lincoln (Nova York)
Universidade Georgia Tech (1995–1996)
NBA Draft 1996 / Rolda: 1 / Elección: 4
Por Milwaukee Bucks
Carreira 19962018
Historial de equipos
Minnesota Timberwolves (1996–1999)
New Jersey Nets (1999–2001)
Phoenix Suns (2001–2004)
New York Knicks (2004–2009)
Boston Celtics (2009)
Shanxi Zhongyu Brave Dragons (2010)
Foshan Dralions (2010–2011)
Beijing Ducks (2011–2017)
Beijing Fly Dragons (2017–2018)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2001, 2003)
3º Equipo All-NBA (2000, 2003)

Stephon Xavier Marbury, nado o 20 de febreiro de 1977 en Brooklyn, Nova York (Nova York), é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense. Foi All-Star da NBA en 2001 e 2003, así como votado no terceiro equipo All-NBA en 2000 e 2003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Stephon Marbury foi o sexto de sete fillos, criado na península de Coney Island, no barrio de Brooklyn, Nova York. Participou no McDonald's All-American Game de 1995 xunto a outras futuras estrelas da NBA como Kevin Garnett, Shareef Abdur-Rahim ou Antawn Jamison. Considerado un dos mellores xogadores de instituto do país, Marbury marchou a xogar para a Universidade de Georgia Tech.

NBA[editar | editar a fonte]

Marbury en 2009.

Seleccionado polos Milwaukee Bucks no draft da NBA de 1996, foi inmediatamente transferido aos Minnesota Timberwolves en troques de Ray Allen e unha futura primeira rolda de draft. No seu primeiro ano, Marbury fixo unha media de 15,8 puntos e 7,8 asistencias por partido, entrando no mellor quinteto de rookies. Xunto a Kevin Garnett, Marbury liderou aos Timberwolves aos Playoffs de 1997 e 1998. Durante o peche patronal de 1999, o axente de Marbury pediou un traspaso para o base, xa que quería ir xogar a un equipo próximo á súa familia e amigos de Brooklyn, aínda que fontes afirmaban que o único que quería Marbury era ir xogar a un equipo con mercado e que tivese oportunidades de éxito. Marbury sería traspasado aos New Jersey Nets nun triplo traspaso que involucrou tamén aos Milwaukee Bucks.

Xa nos Nets, Marbury terminou de demostrar o seu potencial, sendo elixido para o All-Star de 2001 e nomeado no terceiro mellor quinteto da NBA. Tamén logrou o seu récord de anotación con 50 puntos ante Los Angeles Lakers en febreiro de 2001. Porén, os Nets fracasaron en entrar en playoffs durante as dúas tempadas de Marbury no equipo. Transferido no ano 2001 aos Phoenix Suns en troques de Jason Kidd, Marbury volveu disputar o All-Star no 2003. Xunto a xogadores como Amar'e Stoudemire ou Shawn Marion, levou aos Suns a playoffs ese mesmo ano. Foi transferido aos New York Knicks para a tempada 2004−05. A chegada de Marbury foi recibida con entusiasmo polos seareiros neoiroquinos, pois Stephon era oriúndo da cidade e un recoñecido fan dos Knicks. Ese mesmo ano tamén xogou nos Xogos Olímpicos de 2004 de Atenas coa selección dos Estados Unidos, onde o equipo estadounidense fracasou no seu obxectivo de conseguir a medalla de ouro.

Para a tempada 2005−06, a relación de Marbury co adestrador Larry Brown empeorou. Tras facer unha pobre temporada os Knicks, o propio xogador fixo declaracións sobre que Brown non lle daba a suficiente liberdade como xogador. Brown replicó dicindo que Marbury non era capaz de botarse o equipo ás costas como xogador-franquía que era. Esta mala relación foi unha das razóns para que Brown fose despedido ao terminar a tempada 2005-06, sendo contratado Isiah Thomas, o cal logrou mellorar tanto o rendemento dos Knicks como o do propio Marbury. Con todo, non suficiente como para levar o equipo a playoffs. Na tempada 2007-08, xurdiron tensións entre Thomas e Marbury cando o segundo descubriu que Thomas quería deixalo fóra do quinteto inicial. Marbury tivo un enfrontamento verbal con Thomas no avión do equipo fronte a todos os seus compañeiros, e en novembro de 2007 abandonou o equipo mentres este estaba en plena xira pola Conferencia Oeste.

Os rumores de traspaso de Marbury fixéronse constantes, pero o seu elevado contrato de 42 millóns a razón de dous anos fíxoo inviable. En febreiro de 2008, Marbury lesionouse o nocello, sendo o seu último partido coa camiseta dos Knicks. En decembro de 2008 púxose fin ao culebrón cando os Knicks suspenderon a Marbury por non asistir aos adestramentos e os partidos e ordenóuselle permanecer inactivo. Dous meses despois, en febreiro de 2009, os Knicks e Marbury acordaron a rescisión de contrato da polémico base, converténdose así en axente libre. Poucos días despois, Marbury asinaba polos Boston Celtics onde xogaría o seu excompañeiro e amigo Kevin Garnett. Terminou a tempada cunha media de 3,8 puntos por partido e 3,3 asistencias en 18 minutos. NA temporada 2009−10 os Celtics ofreceron a Marbury un contrato polo salario mínimo de veterano, mais este o rexeitou, argumentando querer estar un tempo afastado do baloncesto para atender os seus negocios persoais.

China[editar | editar a fonte]

Tras recibir unha multimillonaria oferta emprendeu a aventura da liga chinesa, fichando a comezos de 2010 polo Shanxi Zhongyu, onde fixo unha media de 22,9 puntos, 9,5 asistencias e 2,6 roubos en 15 partidos. Con todo, o seu equipo non se clasificou aos playoffs ese ano. En xullo de 2010, Marbury chegou a un acordo de tres anos para permanecer nos Shanxi Zhongyu. Con todo, deixou o equipo en decembro de 2010 para unirse aos Foshan Dralions, sendo tachado de traidor polos afeccionados do club.

Non obstante o seu novo tampouco equipo puido sequera chegar aos playoffs. Durante a tempada 2011-12, asina polos Beijing Ducks. Con Stephon Marbury ao mando,o equipo da capital chegou á súa primeira final da CBA contra os Guangdong Southern Tigers, gañando o seu primeiro título de campión como profesional. Volvería gañar o título nos anos 2014 e 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]