Devin Harris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Devin Harris
Devin Harris sideline.jpg
Dallas Mavericks – No. 20
Base
Información persoal
Nacemento 27 de febreiro de 1983 (31 anos)
Flag of Wisconsin.svg Milwaukee, Wisconsin
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso 84 kg (185 lb)
Instituto Wauwatosa East, Milwaukee
Información da carreira
Universidade Wisconsin
NBA Draft 2004 / Rolda: 1 / Elección: 5

Escollido por Washington Wizards

Carreira dende 2004
Historial de equipos
Dallas Mavericks (2004–2008)
New Jersey Nets (2008–2011)
Utah Jazz (2011–2012)
Atlanta Hawks (2012–2013)
Dallas Mavericks (2013–presente)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2009)
Información en nba.com

Devin Lamar Harris, nado o 27 de febreiro de 1983 en Milwaukee, Wisconsin, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que milita nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA). Cos seus 1,91 m de estatura pode xogar tanto de base como de escolta.

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Xogou durante tres anos na Universidade de Wisconsin. Na súa primeira tempada fíxose rapidamente co posto de titular, levando ao seu equipo a conseguir o campionato da Big Ten Conference, compartido con Illinois, Indiana e Michigan State, despois de que o ano anterior quedaran na novena posición. No seu segundo ano repetiron título de conferencia, e se clasificaron para os oitavos de final da NCAA, caendo ante Kentucky.

Xa no seu terceiro ano estivo entre os mellores universitarios do país, sendo elixido no segundo quinteto All American. Tras esa tempada, declarouse elixible para o Draft da NBA.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Dallas Mavericks[editar | editar a fonte]

Foi elixido na quinta posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2004 polos Washington Wizards, equipo que xa tiña un acordo previo cos Dallas Mavericks para o traspaso deste jugador e de Jerry Stackhouse e Christian Laettner a cambio de Antawn Jamison e unha cantidade de diñeiro. Na súa primeira tempada asinou 5,7 puntos e 2,2 asistencias por partido, ademais de rematar segundo na clasificación de roubos de balón en 48 minutos. Foi nomeado Rookie do mes en novembro, e participou no Rookie Challenge, o partido de novatos do All-Star Weekend da NBA 2005.

Mellorou a súa aportación ofensiva na súa segunda tempada, pasando a anotar 9,9 puntos por partido, a pesares de perderse máis de 25 partidos por lesión. Na súa terceira tempada afianzouse no seu xogo, e aportou 10,2 puntos e 3,7 asistencias, saíndo de titular na maioría dos partidos.

New Jersey Nets[editar | editar a fonte]

Harris cos Nets.

O 19 de febreiro de 2008 foi traspasado aos New Jersey Nets, xunto a Keith Van Horn, Trenton Hassell, DeSagana Diop, Maurice Ager, 3 millóns de dólares e dúas futuras eleccións do draft (2008 e 2010), a cambio de Jason Kidd, Malik Allen e Antoine Wright. Harris, nese intre, foi considerado coma o futuro da franquía de New Jersey. No seu debut na casa contra os Milwaukee Bucks, anotou 16 puntos e repartiu 5 asistencias en 21 minutos de xogo.[1]

O 7 de novembro de 2008, Harris logrou a súa marca persoal de 38 puntos contra os Pistons, no día do debut de Allen Iverson como xogador da franquía de Detroit.[2] Melloraría esa marca o 30 de novembro con 47 puntos contra os Suns, na primeira vitoria dos Nets en Phoenix dende 1993.[3] O 19 de decembro, no primeiro partido que Dallas e New Jersey xogaban no Izod Center tras o intercambio entre os dous equipos, Harris anotou 41 puntos e repartiu 13 asistencias, a súa mellor marca da tempada ata entón. O 29 de xaneiro de 2009, Devin Harris foi nomeado coma reserva para o All Star Game da NBA. Era a primeira vez que Harris era chamado a ser All-Star na súa traxectoria.[4] O 23 de febreiro de 2009, nun partido contra os 76ers, Harris anotou unha tripla sobre a bucina dende o medio do campo para darlle a vitoria ao seu equipo por 98-96.[5]

Utah Jazz[editar | editar a fonte]

O 23 de febreiro de 2012, Harris foi traspasado xunto ó rookie Derrick Favors, dúas eleccións do Draft e 3 millóns de dólares ós Utah Jazz a cambio de Deron Williams.[6]

Atlanta Hawks[editar | editar a fonte]

O 11 de xullo de 2012, Harris foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio de Marvin Williams.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]