New Orleans Pelicans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "New Orleans Hornets")
New Orleans Pelicans
New Orleans Pelicans logo
Conferencia Conferencia Oeste
División División Suroeste
Fundado en 1988
Historia Charlotte Hornets
1988–2002
New Orleans Hornets
2002–2005, 2007-2013
New Orleans/Oklahoma City Hornets
2005–2007
New Orleans Pelicans
2013-presente
Pavillón New Orleans Arena
Cidade Nova Orleáns
Cores Azul, dourado, vermello, e branco
                   
Propietario(s) Tom Benson
Mánager xeral Dell Demps
Adestrador Monty Williams
Afiliado da D-League Iowa Energy
Campionatos 0
Títulos de conferencia 0
Títulos de división 1 (2008)
Web Oficial

Os New Orleans Pelicans (en galego, Pelícanos de Nova Orleáns) son un equipo profesional de baloncesto de Nova Orleáns (Louisiana), que xoga na División Suroeste da Conferencia Oeste da NBA. Tiveron que mudarse a Oklahoma City, Oklahoma nas tempadas 2005-2006 e 2006-2007 por mor do desastre provocado polo Furacán Katrina.

Pavillóns[editar | editar a fonte]

Historia da franquía[editar | editar a fonte]

Charlotte[editar | editar a fonte]

En 1987, a NBA permitiu fundar equipos novos a catro cidades. Charlotte, en Carolina do Norte foi unha das premiadas, xunto con Miami e Orlando, en Florida, e Minneapolis, en Minnesota, as dúas primeiras na tempada 1988-1989 e as dúas últimas na tempada 1899-1990. A nova franquía de Charlotte orixinalmente foi nomeada como Charlotte Spirit, pero os siareiros locais protestaron, e pouco antes de entrar na liga, o nome cambiouse a Charlotte Hornets.

O equipo xogou o seu primeiro partido na liga en outubro de 1988. O nome "Hornets" foi elixido pola súa tradición nos deportes profesionais de Charlotte. Foi o nome utilizado polas franquías das ligas menores de béisbol dende 1901 ata 1972, e polo equipo da World Football League en 1974 e 1975. O nome provén da forte resistencia da cidade á ocupación británica durante a Guerra da Independencia dos Estados Unidos, cando Charles Cornwallis referiuse a ela como "The Hornets' Nest" (a Xerarca das Avispas).

O equipo de 1988 foi liderado polo base Kelly Tripucka, que inmediatamente ofreceu un bo ataque. Foi o máximo anotador da franquía nas primeiras dúas tempadas. O equipo tamén tiña ó rookie tirador Rex Chapman, unha verdadeira ameaza dende posicións lonxanas. Para a tempada 1990-1991, o base Kendall Gill foi elixido no draft e o equipo mellorou un pouco, pero aínda non o suficiente, e gañou o sorteo para o draft do ano seguinte e polo tanto a primeira elección.

Na tempada 1991-92 os Hornets elixiron ó ala Larry Johnson, da Universidade de Nevada co número un. Johnson fixo unha moi boa primeira tempada, acabando entre os líderes da liga en rebotes e puntos, e gañando o premio ó Rookie do Ano de 1992. Kendall Gill liderou ó equipo en anotación cunha media de 20 puntos por partido.

Na 1992-93, o equipo tivo a segunda elección no draft, usándoa para elixir ó pivote Alonzo Mourning, da Universidade de Georgetown. Con iso os Hornets tiñan dúas ameazas ofensivas con Mourning e Johnson, sendo xunto a Gill o trío de xogadores base dunha franquía máis xoven da liga. Foi suficiente para rematar quintos na Conferencia Leste e lograr unha praza nos playoffs, onde derrotaron ós Boston Celtics co xa famoso tiro gañador de Mourning. Pero na segunda rolda notaron a falta de experiencia e perderon contra os New York Knicks.

Os anos seguintes estiveron marcados polas lesións de Johnson e Mourning, aínda que volveron ós playoffs na 94-95 para ser derrotados polos Chicago Bulls na primeira rolda.

No período vacacional o equipo mandou a Mourning ós Miami Heat polo ala Glen Rice e polo pivote Matt Geiger. Geiger e Johnson empataron no liderado do equipo en rebotes, mentres o propio Johnson e Rice anotaban dunha maneira equilibrada pero poderosa, e co base All-Star Kenny Anderson suplindo ó lesionado Muggsy Bogues.

A pretempada foi de novo marcada porr grandes cambios: Anderson decidiu non renovar, Johnson foi intecambiado polo ala-pivote dos Knicks Anthony Mason, e o escolta elixido no draft Kobe Bryant foi mandado ós Lakers polo pivote Vlade Divac. Os novos Hornets parecían incluso mellores, con Divac e Geiger como o mellor dúo na pintura da liga, Mason promediando un dobre-dobre e logrando entrar no terceiro equipo da NBA, Bogues de novo xogando de base, e Rice facendo a mellor tempada de toda a súa carreira, sendo terceiro en anotación de toda a liga e logrando entrar no segundo equipo da NBA. Ademais, Rice tamén foi MVP do All-Star, logrando varios récords de anotación. En conxunto, o equipo fixo a mellor tempada da súa historia, volvendo ós playoffs.

A tempada 1997-98 tamén foi exitosa. O equipo asinou a un novo escolta suplente, David Wesley, e ó escolta tirador Bobby Phills. Cun quinteto titular formado por Wesley, Phills, Rice, Mason e Divac, os Hornets quedaron arriba na tempada regular, cun Rice que foi sexto en anotación e entrando no terceiro equipo da NBA; e o equipo calificándose para a segunda rolda dos playoffs por segunda vez, onde foron derrotados de novo polos Bulls. A tempada 1998-99 foi moi turbulenta, cun Rice sendo intercambiado por Eddie Jones, dos Lakers.

A tempada 1999-2000 foi un retorno á cume, coa chegada do axente libre Derrick Coleman e da elección número tres do draft, o base Baron Davis. O quinteto formado por Wesley, Jones, Mason, Coleman e Campbell era poderoso, pero viuse afectado pola morte de Bobby Phills o 12 de xaneiro de 2000. O seu dorsal foi retirado o 9 de febreiro. O equipo volveu ós playoffs, onde caeron contra os Philadelphia 76ers. Jones liderou a liga en roubos, pero na pretempada el e Mason foron mandados ós Heat por Jamal Mashburn e por PJ Brown.

En 2000-01 os Hornets, cunha quinta titular na que estaban Davis, Wesley, Mashburn, Brown e Campbell, tamén chegaron ós playoffs, onde conseguiron vencer ós Heat, terceiros de conferencia, e chegaron a semifinais de conferencia por terceira vez na historia da franquía, perdendo alí contra os Milwaukee Bucks en sete partidos. Volveron ás semifinais de conferencia a seguinte tempada batendo en primeira rolda ós Orlando Magic, pero esta vez tampouco conseguiron chegar máis aló, xa que perderon contra os New Jersey Nets. Moitos pensaron que a derrota debíase a que Jamal Mashburn tivo que perderse os playoffs. Nesa tempada, os Horntes mudáronse despois das disputas co concello da cidade sobre a construción dunha nova cancha. Cos Hornets xa en Nova Orleáns, a NBA volveu a Charlotte coa ceración da franquía número 30: os Charlotte Bobcats.

Nova Orleáns[editar | editar a fonte]

En maio de 2002, tivo luga-la mudanza a Nova Orleáns, que foi producida por varios desencontros no equipo directivo da franquía e co concello da cidade. George Shinn escapou por pouco dunha condea por violación; foi acusado de transpasar futuras superestrelas como Kobe Bryant ou Alonzo Mourning por mor da incapacidade para axustarse ós prezos de mercado; e por último deulle un ultimátum á cidade, pedindo que construíran unha nova cancha sen coste para o equipo ou deixaría a cidade. A cidade non aceptou, e a franquía transladouse a Nova Orleáns (aínda que despois de rexeita-la oferta dos Hornets, Charlotte construiu un novo pavillón e abriu en 2005, o Charlotte Bobcats Arena). Rapidamente chegouse a un acordo para xogar no New Orleans Arena, xusto ó lado do Louisiana Superdome.

30 de outubro de 2002: Os New Orleans Hornets abren a tempada inaugural na súa nova cidade contra os Utah Jazz, que, casualmente, chamáronse orixinalmente New Orleans Jazz. O dorsal de "Pistol" Pete Maravich foi retirado durante o descanso. Esta foi a primeira tempada regular da NBA xogada en Nova Orleáns en 23 anos, aínda que houbo varios encontros amigabels xogados na cidade, incluíndo ós propios Charlotte Hornets no New Orleans Arena no 2000. Calificáronse por cuarto ano consecutivo para os playoffs no 2002-2003, pero perderon de novo contra Philadelphia. Jamal Mashburn tamén volveu a perderse a meirande parte destes playoffs.

Despois desta tempada, o equipo decidiu cambia-lo seu rumbo, e permitiu que o contrato do adestrador xefe Paul Silas expirase. Foi reemprazado por Tim Floyd, logrando con el comezar cun balance de 17-7, pero ó longo da tempada empeorou, rematando cun récord de 41-41, o que fixo que os Hornets non lograran a vantaxe de cancha nos playoffs por moi pouco. Xogaron en primeira rolda dos playoffs da Conferencia Leste contra os Miami Heat, pero un tiro anotado por Dwyane Wade no derradeiro segundo do primeiro partido da serie afundiu ós Hornets. Ámbolos dous equipos gañaron tódolos seus partidos nas súas respectivas canchas, pero o tiro de Wade foi o que fixo que os Heat gañaran 4-3 a serie.

Despois da malleira dos playoffs, Floyd foi despedido e foi contratado Byron Scott como novo adestrador xefe. Nunha nova división e cambiando de conferencia, á División Suroeste da Conferencia Oeste, que incluía catro equipos habituais nos playoffs (San Antonio Spurs, Dallas Mavericks, Memphis Grizzlies e Houston Rockets), non se esperaba que lograran de novo calificarse para a postempada. Toda a tempada estivo marcada polas lesións dos tres All-Stars do equipo Baron Davis, Jamal Mashburn e Jamaal Magloire, un comezo de 0-8 pronto convertiuse nun récord de 2-28, empezando así as especulacións sobre como de malo podería se-lo balance a final de tempada, ameazando o récord absoluto da NBA en posesión dos Philadelphia 76ers cun 9-73. En febreiro chegou a mellora das actuacións do equipo da man de Dan Dickau, un dos favoritos dos siareiros, pero a tempada xa estaba estropeada por mor do horroroso inicio. Como consecuencia da decepción, o cadro de xogadores do equipo foi reformado, sendo Baron Davis e Jamal Mashburn intercambiados para facer máis doada a reestruturación. A franquía encontrou un soporte nos seus xogadores xóvenes, en teoría peores dos que xogaran o ano anterior. Tamén adquiriron a Jimmy Jackson dos Houston Rockets, pero nunca aportou nada ó xogo do equipo, tal e como sorprendentemente predixeran os analistas máis importantes nas radios e televisións. Foi intercambiado por Maciej Lampe, Casey Jacobsen e Jackson Vroman dos Phoenix Suns, dos que ningún tivo un impacto significante. Os Hornets acabaron a tempada 18-64, o peor balance de toda a NBA, pero non lograron a elección número un no sorteo do draft, caendo ata a cuarta posición. Pero a pesares da mala sorte, os Hornets escolleorn ó xogador que querían, Chris Paul, xa que sorpredentemente estaba dispoñíbel despois das eleccións de Atlanta Hawks e Utah Jazz.

Oklahoma City[editar | editar a fonte]

Por mor da devastación provocada polo Furacán Katrina no sueste de Louisiana, os Hornets tiveron que translada-la súa base de operacións temporalmente a Oklahoma City para as tempadas 2005-2006 e 2006-07.

Os Hornets comezaron a súa primeira tempada en Oklahoma City mellor do esperado, aínda que non o suficiente como para chegar a postos de playoffs. Cando Chris Andersen foi botado fóra da liga por mor da violación das regras da NBA sobre drogas, parecía que os Hornets estaban nunha boa racha, chegando a estar brevemente na sexta posición do Oeste. Pero foi un espexismo, perdendo despois 12 de 13 encontros e cun novo récord de dubidosa honra cando anotaron só 16 puntos na segunda mitade dun partido nos Ánxeles contra os Clippers. Aínda que fixeron un último esforzo para conseguires unha praza de playoffs, as derrotas nos derradeiros segundos dos encontros contra os Cleveland Cavaliers e os Utah Jazz afundiron tódalas esperanzas, e o equipo rematou a tempada cun récord de 38-44, no décimo lugar da Conferencia Oeste e fóra dos playoffs por seis encontros.

Malia o récord de derrotas, a tempada foi un éxito. Chris Paul gañou o premio ó Rookie do Ano, e varios xogadores máis gañaron outros títulos individuais. Os siareiros de Oklahoma City esgotaron as localidades do Ford Center 24 veces, amosando así que están preparados para acoller un equipo das catro grandes ligas profesionais.

O 28 de xuño, os Hornets elixiron a Hilton Armstrong e Cedric Simmones na primeira rolda do draft de 2006. Tamén elixiron a Marcus Vinicus, de Brasil, na segunda rolda.

Ademais, no período vacacional fixeron grandes cambios no equipo, probabelmente coa intención de converterse nunha ameaza seria nos playoffs. Intercambiaron a JR Smith e a PJ Brown por Tyson Chandler dos Chicago Bulls, e deixaron que Speedy Claxton asinara un contrato cos Atlanta Hawks, recheando a posición de base suplente con Bobby Jackson, dos Memphis Grizzlies en vez de deixar que fora Moochie Norris o que xogara nesa posición. Tamén trouxeron a Peja Stojakovic, dos Indiana Pacers, que tamén están a reface-lo seu cadro de xogadores.

As previsións dos Hornets para a tempada 2006-2007 son moi optimistas, xa que están liderados por Chris Paul, un dos mellores capitáns da NBA como se viu a tempada anterior, e teñen a Peja Stojakovic, un tirador excelente de triplas, e a Tyson Chandler, que aportará o xogo na pintura. Tamén aportará asistencias David West, o líder anotador dos Hornets a tempada anterior, e a defensa virá con Kirk Synder. Os suplentes claves serán Rasual Butler, un especialista en triplas, Bobby Jackson, un bo anotador, Desmond Mason, cun bo xogo na pintura, e Mark Jackson e Linton Johnson, que poden facer grandes encontros. Ademais, teñen ós rookies Cedric Simmons e Hilton Armstrong, ámbolos dous candidatos a ter minutos saíndo do banco, e sendo Marcus Vinicus toda unha incerteza.

A franquía volverá a Nova Orleáns xa definitivamente na tempada 2007-2008.

Récords tempada por tempada[editar | editar a fonte]

Tempada V D  % Play-offs Resultados
Charlotte Hornets
1988-89 20 62 .244
1989-90 19 63 .232
1990-91 26 56 .317
1991-92 31 51 .378
1992-93 44 38 .537 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Charlotte 3, Boston 1
New York 4, Charlotte 1
1993-94 41 41 .500
1994-95 50 32 .610 Perdida primeira rolda Chicago 3, Charlotte 1
1995-96 41 41 .500
1996-97 54 28 .659 Perdida primeira rolda New York 3, Charlotte 0
1997-98 51 31 .622 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Charlotte 3, Atlanta 1
Chicago 4, Charlotte 1
1998-99 26 24 .500
1999-2000 49 33 .598 Perdida primeira rolda Philadelphia 3, Charlotte 1
2000-01 46 36 .561 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Charlotte 3, Miami 0
Milwaukee 4, Charlotte 3
2001-02 44 38 .537 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Charlotte 3, Orlando 1
New Jersey 4, Charlotte 1
New Orleans Hornets
2002-03 47 35 .573 Perdida primeira rolda Philadelphia 4, New Orleans 2
2003-04 41 41 .500 Perdida primeira rolda Miami 4, New Orleans 3
2004-05 18 64 .281
New Orleans/Oklahoma City
2005-06 38 44 .463
2006-07 39 43 .476
New Orleans Hornets
2007-08 66 35 .653 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
New Orleans 4, Dallas 1
San Antonio 4, New Orleans 3
Total 745 798 .482
Playoffs 32 41 .438

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Membros do Hall of Fame[editar | editar a fonte]

  • Ningún

Importantes na historia da franquía[editar | editar a fonte]

Dorsáis retirados[editar | editar a fonte]

Cadro de xogadores actuais[editar | editar a fonte]

New Orleans Pelicans 2013-2014
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Orixe
P 42 Francia Ajinça, Alexis 2.18 m (7 ft 2 in) 112 kg (248 lb) Francia
A-AP 0 Flag of the United States.svg Aminu, Al-Farouq 2.06 m (6 ft 9 in) 98 kg (215 lb) Wake Forest
AP 33 Flag of the United States.svg Anderson, Ryan 2.08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) California
A-AP 8 Flag of the United States.svg Babbitt, Luke 2.06 m (6 ft 9 in) 102 kg (225 lb) Nevada
AP-P 23 Flag of the United States.svg Davis, Anthony 2.08 m (6 ft 10 in) 100 kg (220 lb) Kentucky
B-E 1 Flag of the United States.svg Evans, Tyreke 1.98 m (6 ft 6 in) 100 kg (220 lb) Memphis
B-E 10 Flag of the United States.svg Gordon, Eric 1.93 m (6 ft 4 in) 98 kg (215 lb) Indiana
B-E 11 Flag of the United States.svg Holiday, Jrue 1.93 m (6 ft 4 in) 93 kg (205 lb) UCLA
A-AP 2 Flag of the United States.svg Miller, Darius 2.03 m (6 ft 8 in) 107 kg (235 lb) Kentucky
B-E 3 Flag of the United States.svg Morrow, Anthony 1.96 m (6 ft 5 in) 95 kg (210 lb) Georgia Tech
B-E 25 Flag of the United States.svg Rivers, Austin 1.93 m (6 ft 4 in) 91 kg (200 lb) Duke
B-E 22 Flag of the United States.svg Roberts, Brian 1.85 m (6 ft 1 in) 82 kg (180 lb) Dayton
P 14 Flag of the United States.svg Smith, Jason 2.13 m (7 ft 0 in) 109 kg (240 lb) Colorado State
P 34 Flag of the United States.svg Stiemsma, Greg 2.11 m (6 ft 11 in) 118 kg (260 lb) Wisconsin
P 5 Flag of the United States.svg Withey, Jeff 2.13 m (7 ft 0 in) 107 kg (235 lb) Kansas
Adestrador
Asistente(s)
  • Flag of the United States.svg Randy Ayers (Miami (OH))
  • Flag of the United States.svg Bryan Gates (Boise State)
  • Flag of the United States.svg Dave Hanners (North Carolina)
  • Flag of the United States.svg Fred Vinson (Georgia Tech)

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Injured Lesionado

CadroTransaccións
Actualizado: 10-03-2014

Adestradores[editar | editar a fonte]

Nome Dende Ata Totais Tempada regular Playoffs
P V D  % P V D  % P V D  %
Dick Harter 1988 1990 122 28 94 .230 122 28 94 .230 0 0 0 .000
Gene Littles 1990 1991 124 37 87 .298 124 37 87 .298 0 0 0 .000
Allan Bristow 1991 1996 423 212 211 .501 410 207 203 .505 13 5 8 .385
Dave Cowens 1996 1999 191 113 78 .592 179 109 70 .609 12 4 8 .333
Paul Silas 1999 2003 390 221 169 .567 363 208 155 .573 27 13 14 .481
Tim Floyd 2003 2004 89 44 45 .494 82 41 41 .500 7 3 4 .429
Byron Scott 2004 2009 436 211 225 .484 419 203 216 .484 17 8 9 .471
Jeff Bower 2009 2010 73 34 39 .487 73 34 39 .487 0 0 0 .000
Monty Williams 2010 154 69 85 .448 148 67 81 .453 6 2 4 .333

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]