Escolta (baloncesto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Posicións de Baloncesto
1. Base
2. Escolta
3. Ala
4. Ala-pivote
5. Pivote
Outras posicións
Sexto home
Basketball positions.svg

Escolta (en inglés: shooting guard), tamén denominado 2 na terminoloxía empregada polos adestradores, ou "ala baixo", é unha das 5 posicións dun equipo nunha pista de baloncesto. A súa función consiste, por un lado, en dar apoio ao base á hora de subir o balón, e por outro, desempeñar as funcións de tirador de longa distancia. As súas características xerais son as dun xogador habilidoso, cun bo manexo do balón, capaz de penetrar entre a defensa e cun bo tiro exterior. Fisicamente é un xogador máis dotado có base, rápido e con bos fundamentos técnicos. Habitualmente poden xogar tanto na posición de base coma na de ala. Non existe unha normal escrita sobre a súa estatura, pero o máis habitual é que se atopen entre 1,91 e 2,03 metros.

Xogadores históricos[editar | editar a fonte]

NBA[editar | editar a fonte]

Escoltas elixidos na lista dos 50 mellores xogadores da historia da NBA:

Europa[editar | editar a fonte]

En Europa a Euroleague elixiu os 50 maiores colaboradores da Euroliga, cos 35 mellores xogadores do último medio século da máxima competición europea, onde figuran os cinco mellores escoltas (ou shooting guards) da Historia en Europa, en orde cronolóxico: Nikos Galis, Dražen Petrović, Predrag Danilović, Emanuel Ginóbili e Tony Parker.