Bobby Simmons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bobby Simmons
Bobby Simmons.jpg
Axente libre
Aleiro
Información persoal
Nacemento 2 de xuño de 1980 (34 anos)
Flag of Illinois.svg Chicago, Illinois
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso 104 kg (230 lb)
Instituto Simeon, Chicago
Información da carreira
Universidade DePaul
NBA Draft 2001 / Rolda: 2 / Elección: 42

Escollido por Seattle SuperSonics

Carreira dende 2001
Historial de equipos
Washington Wizards (2001–2003)
Los Angeles Clippers (2003–2005)
Milwaukee Bucks (2005–2008)
New Jersey Nets (2008–2010)
San Antonio Spurs (2010)
Reno Bighorns (2011; 2012)
Los Angeles Clippers (2012)
Premios e galardóns
1× Xogador con máis progreso da NBA (2005)

Robert "Bobby" Simmons, nado o 2 de xuño de 1980 en Chicago, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional dos Estados Unidos que actualmente é axente libre. Cunha altura de 1,98 metros xoga na posición de aleiro.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Profesional[editar | editar a fonte]

Simmons foi seleccionado na segunda rolda (posto 42º) do Draft da NBA do ano 2001 polos Seattle SuperSonics. Os seus dereitos foron traspasados aos Washington Wizards a cambio de Predrag Drobnjak o 27 de xuño do 2001.

O 11 de setembro do 2002, pouco antes do comezo da tempada 2002-03, foi traspasado aos Detroit Pistons xunto a Hubert David e Richard Hamilton a cambio de Jerry Stackhouse, Brian Cardinal e Ratko Varda. Foi liberado polos Pistons o 24 de setembro, e menos de dúas semanas máis tarde, o 10 de outubro, asinou outra vez polos Wizards. Ao ano seguinte, o 26 de setembro de 2003, Simmons asinou un contrato coma axente libre con Los Angeles Clippers.

Durante a tempada 2004-05 cos Clippers, asinou 16.4 puntos por partido, a súa mellor marca ata o momento. Foi premiado co trofeo ao Xogador Máis Mellorado da NBA. O 8 de agosto do 2005 asinou un contrato coma axente libre cos Milwaukee Bucks. Tras aquela gran tempada cos Clippers, Simmons baixou todas as súas porcentaxes, en puntos, rebotes e porcentaxes de tiro na súa primeira tempada en Milwaukee. No ano 2006, unha lesión de nocello fíxolle perderse toda a tempada 2006-07.

O 26 de xuño de 2008, xusto unhas horas antes do Draft dese ano, Simmons foi traspasado xunto a Yi Jianlian aos New Jersey Nets, a cambio de Richard Jefferson. Mentres que no persoal esa tempada non foi como lle gustaría, conseguiu rematar 5º na liga en porcentaxe de triplas.

En 2010 asinou un contrato con San Antonio Spurs. Foi despedido en novembro de 2010.[1] En marzo de 2011, asinou cos Reno Bighorns da NBA D-League.[2]

O 27 de febreiro de 2012, asinou un contrato de dez días cos Los Angeles Clippers.[3] O 9 de marzo de 2012, asinou cos Clippers un segundo contrato de dez días.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]