Antoine Walker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoine Walker
Posición Aleiro
Dorsal 8, 88, 24
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso 111 kg (245 lb)
Nacemento 12 de agosto de 1976 (37 anos)
Flag of Illinois.svg Chicago, Illinois
Carreira
Tempadas 1996
NBA Draft 1996 / Rolda: 1 / Elección: 6

Escollido por Boston Celtics

Universidade Kentucky
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     15 647
Rebotes     6 891
Asistencias     3 170
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Antoine Devon Walker, nado o 12 de agosto de 1976 en Chicago, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente xoga nos Guaynabo Mets da liga de Porto Rico. Mide 2,06 metros, pesa 111 quilos, e xoga na posición de aleiro.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante dúas tempadas na Universidade de Kentucky, e foi un factor crave para a consecución, por parte do seu equipo, do título da NCAA de 1996. Fixo 11,7 puntos e 6,5 rebotes por partido. Ao acabar o seu segundo ano, anunciou a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido polos Boston Celtics na sexta posición do draft de 1996, opción que conseguiron a través de Dallas Mavericks. Fíxose rapidamente co posto de titular, e acabou a súa primeira campaña anotando 17,5 puntos e capturando 9 rebotes por partido, o que fixo que fose incluído no mellor quinteto de rookies do ano. Durante as súas sete tempadas no equipo de Massachusetts roldou (ou superou) sempre os 20 puntos e 10 rebotes por partido, o que fixo que fose elixido en tres ocasións para disputar o Partido das Estrelas, incluída unha como titular, votado polo público.

Pouco antes de iniciarse a tempada 2003-2004, foi traspasado aos Dallas Mavericks, onde o seu rendemento baixou notablemente, sendo traspasado ao ano seguinte a Atlanta Hawks, onde só estivo media tempada, volvendo de novo a Boston. En 2005 viuse incluído no maior traspaso de xogadores da historia da NBA que involucrou a 5 equipos e a 12 xogadores, indo parar a Miami Heat. En Florida perdeu a titularidade, xogando menos minutos, pero a cambio conseguiu o seu até agora único anel de campión en 2006, contribuíndo con 14 puntos e 11 rebotes no partido decisivo.

En outubro de 2007 foi traspasado a Minnesota Timberwolves xunto con Michael Doleac, Wayne Simien e unha primeira rolda de draft por Ricky Davis e Mark Blount. O 27 de xuño de 2008 foi traspasado a Memphis Grizzlies xunto con Marko Jarić, Greg Buckner e os dereitos de O.J. Mayo por Mike Miller, Brian Cardinal, Jason Collins e os dereitos de Kevin Love. O 19 de decembro de 2008 foi despedido e dende 2010 xoga nos Guaynabo Mets de Porto Rico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]