San Antonio Spurs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Antonio Spurs
San Antonio Spurs logo
Conferencia Conferencia Oeste
División División Suroeste
Fundado en 1967
Historia Dallas Chaparrals
1967–1970, 1971–1973
Texas Chaparrals
1970–1971
San Antonio Spurs
1973–presente
Pavillón AT&T Center
Cidade San Antonio, Texas
Cores Negro, prata e branco
              
Propietario(s) Peter Holt
Mánager xeral R.C. Buford
Adestrador Gregg Popovich
Afiliado da D-League Austin Toros
Campionatos 5 (1999, 2003, 2005, 2007, 2014)
Títulos de conferencia 6 (1999, 2003, 2005, 2007, 2013, 2014)
Títulos de división 20 (1978, 1979, 1981, 1982, 1983, 1990, 1991, 1995, 1996, 1999, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006, 2009, 2011, 2012, 2013, 2014)
Dorsais retirados 7 (00, 6, 12, 13, 32, 44, 50)
Web Oficial

Os San Antonio Spurs son un equipo profesional de baloncesto localizado en San Antonio, Texas. Xogan na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA).

Os Spurs gañaron cinco campionatos da NBA, a franquía con máis títulos despois de Boston Celtics, Los Angeles Lakers e Chicago Bulls. En 33 tempadas na NBA dende a tempada 1976-77, os Spurs conseguiron 20 títulos de división, sendo a segunda franquía con máis títulos de división da NBA, despois dos Lakers con 23. Entraron nos playoffs en 21 das últimas 22 tempadas, e non quedan fóra de playoffs dende que hai 17 tempadas elixiron a Tim Duncan no Draft da NBA de 1997.

Canchas[editar | editar a fonte]

Dallas (Texas) Chaparrals

San Antonio Spurs

Os Spurs en San Antonio[editar | editar a fonte]

Spurs é a única franquía dos deportes profesionais norteamericanos máis importantes sita no área de San Antonio, motivo polo cal a cidade ten un sentimento especial cara ó equipo que non é igualado polo resto dos equipos da NBA. Os xogadores dos Spurs son membros activos da comunidade de San Antonio, e moitos ex-xogadores aínda están activos, como David Robinson na súa Carver Academy, George Gervin co seu centro para xóvenes ou Malik Rose co seu restaurante, o Malik's Philly Phamous.

En parte por mor desta implicación na comunidade, os seareiros dos Spurs están entre os máis leais da NBA, batendo varios récords de asistencia cando xogaban no Alamodome, incluíndo a maior asistencia a un encontro das finais da NBA en 1999, e aínda seguen normalmente a esgota-las entradas para os partidos no AT&T Center, máis pequeno pero máis intimidante. O grito de batalla dos Spurs, "Go Spurs Go!" ("Veña, Spurs, Veña!") expandiuse xa a toda a cidade de San Antonio, e a frase aparece aínda máis por todo o área metropolitana cando o equipo avanza cada vez máis nos playoffs, acercándose a un posíbel título.

San Antonio tamén recibiu loanzas pola maneira na que os seus cidadáns celebran os títulos. Os residentes na cidade bótanse ás rúas con bandeiras do equipo, lanzan confeti e fan soa-las bucinas dos coches, pero sen ningún tipo de problema de orde público, nunca se viu ningún tipo de disturbio provocado polas celebracións dos Spurs.

Historia da franquía[editar | editar a fonte]

A franquía na ABA[editar | editar a fonte]

Os San Antonio Spurs comezaron a súa primeira tempada baixo o nome de "Dallas Chaparrals" na versión orixinal da ABA en 1967. O equipo non era capaz de levar moita xente á cancha, e o desinterese era xeral na cidade. De feito, na tempada 1970-1971, o nome "Dallas" foi substituído a favor de "Texas", e fíxose o intento de convertí-la franquía nunha que englobara a todo o estado de Texas, xogando os partidos tanto en Fort Worth, no Tarrant County Coliseum, coma en Lubbock, no Lubbock Municipal Coliseum, pero non deu bo resultado e o equipo volveu a Dallas xusto antes do comezo da seguinte tempada, a 1971-72, xogando os seus partidos en dúas canchas, o Moody Coliseum e o State Fair Coliseum.

Despois de non acada-los playoffs por primeira vez na historia do equipo na tempada 1972-1973, o equipo foi posto á venda. Foi mercado por un grupo de 36 executivos de San Antonio, encabezados por Angelo Drossos e Red McCombs, que decidiron leva-lo equipo a súa cidade e trocarlle o nome polo de "Spurs". Tamén foron trocadas as cores do equipo ós agora habituais prata e negro en vez do vermello, azul e branco dos Chaparrals.

O equipo rapidamente acostumouse a xogar no HemisFair Arena de San Antonio, e a asistencia aumentou moito comparada a da época en Dallas. Estes Spurs foron liderados polo veterán da ABA James Silas, e foi impulsado pola adquisición do membro do Hall of Fame George Gervin, procedente dos Virginia Squires en 1974. Aínda que ó éxito nos playoffs seríalle esquivo ós Spurs, pronto atoparíanse sendo un dos equipo punteiros da ABA. En 1976, a ABA desfíxose, ameazando así o futuro da única franquía deportiva profesional de San Antonio. Pero a NBA decidiu admitir a catro equipos na súa liga dende a ABA, sendo un dos afortunados os Spurs xunto a Denver Nuggets, Indiana Pacers e New Jersey Nets.

Primeiras tempadas na NBA[editar | editar a fonte]

Aínda que houbo algo de escepticismo inicial nos círculos da liga sobre o potencial dos niveis de éxito e talento dos equipos chegados da ABA, na tempada 1975-1976 os Spurs probarían que a súa entrada na NBA merecía a pena, cun balance de 44-38, suficiente para empatar no cuarto posto da Conferencia Leste. Os Spurs gañarían 5 títulos de división nos seus sete primeiros anos na NBA, e serían un dos equipos habituais nos playoffs.

Década dos 80[editar | editar a fonte]

A década dos 80 foi de altibaixos. Nas primeiras tempadas da década, os Spurs continuaron co éxito dos 70 con récords de 52-30 na 1980-81, 48-34 na 1981-82 e 53-29 na 1982-83. Pero malia os seus éxitos en tempada regular, non foron capaces de gañar un campionato, perdendo nos playoffs da conferencia Oeste contra os Houston Rockets e 1981 e contra os Lakers en 1982 e 1983.

Despois da tempada 1984-1985, Gervin, que posibelmente fora a maior estrela na historia dos Spurs, foi mandado ós Chicago Bulls no signo definitivo do fin da primeira época dos Spurs en San Antonio.

As seguintes catro tempadas foron unha época escura, tendo o equipo un balance combinado de 115-215 dende a tempada 1985-86 á 1988-1989. Os resultados deportivos da franquía e a escasa asistencia ós partidos facían que os Spurs foran uns serios candidatos para ser levados a outra cidade. O único feito chamativo foi que conseguiron a primeira elección no draft de 1987, usada para elixir a David Robinson, procedente da Academia Naval Estadounidense, quen se incorporaría ó equipo na tempada 1989-90 porque este aínda tiña que servir dous anos máis na Marina dos EEUU.

Aínda que a tempada 1988-1989 foi a peor da historia dos Spurs, cun balance de 21-61, destacou por varias razóns. Foi a primeira tempada na que o dono absoluto era Red McCombs, que era un dos inversores orixinais e que axudou a solidifica-la identificación de San Antonio co equipo. Ademais, presentouse a Larry Brown coma novo adestrador xefe, que viña de gaña-la NCAA coa Universidade de Kansas en 1988.

Cando remataron os 80, comezou o renacer dos Spurs. Liderados por Robinson xunto o recentemente adquirido Terry Cummings e o elixido en 1989 Sean Elliot, os Spurs conseguiron a maior diferencia entre dous balances consecutivos da historia, co 56-26 da tempada 1989-1990, 45 encontros gañados máis que o ano anterior. Nos playoffs, caeron eliminados nas semifinais da Conferencia Oeste en sete partidos contra o que despois sería o campión da conferencia, os Portland Trail Blazers. Robinson tivo unha das tempadas de rookie máis exitosas para un pivote na historia da NBA, sendo Rookie do Ano e promediando 24.3 e 12.0 rebotes por partido.

Década dos 90 e o título[editar | editar a fonte]

A década dos 90 comezou cun grande optimismo por parte dos Spurs. O equipo converteuse nun dos habituais nos playoffs aínda que non foron capaces de pasar da segunda rolda baixo a tutela de Brown. Xa na tempada 1991-1992 despedírono e contratouse a Bob Bass temporalmente, e no verán de 1992 asinouse ó antigo adestrador da Universidade de Nevada Jerry Tarkanian. Tarkanian foi un fracaso, e foi despedido tras 20 partidos da tempada 1992-1993, sendo o récord dos Spurs 9-11. Despois de que Rex Hughes estivera no posto nun só partido, John Lucas foi nomeado adestrador xefe. Era a primeira experiencia de Lucas no posto, pero nos círculos da liga era coñecido polos seus éxitos na rehabilitación de algúns xogadores da NBA tras casos de adicción ás drogas.

A era Lucas comezou con éxito. No restante da tempada regular, o equipo acadou un balance de 39-22, e chegaron ás semifinais de conferencia. Esta tempada tamén sería a derradeira na que os Spurs xogarían no HemisFair Arena. En 1993, o empresario local Peter Holt mercaríalle a franquía a Red McCombs por 75 millóns de dólares.

Na seguinte tempada, cos Spurs xogando xa no Alamodome, Lucas levou ós Spurs a un balance de 55-27, pero caeron na primeira rolda dos playoffs contra os Utah Jazz, o que provocou o seu despido. Ademais, nesa tempada tivo lugar o troco cos Detroit Pistons dun dos xogadores favoritos dos seareiros de San Antonio, Sean Elliot, a cambio da estrela reboteadora Dennis Rodman.

A Lucas seguiríalle no cargo o antigo adestrador dos Pacers Bob Hill xa na tempada 1994-1995, e sería o adestrador máis exitoso da historia da franquía ata o 2006. Elliot regresou ó equipo tras unha tempada en branco cos Pistons. O récord final foi o mellor da NBA, 62-20, e David Robinson foi nomeado MVP da tempada regular. Os Spurs chegaron á final da Conferencia Oeste nos playoffs, pero alí caeron contra os que logo serían os campións da NBA, os Houston Rockets. Pero ó longo de todo o ano apareceron confrontacións entre Rodman e varios membros do cadro de xogadores dos Spurs, polo que foi mandado ó remate da tempada ós Chicago Bulls.

A franquía remataría a seguinte tempada baixo o adestramento de Hill (1995-1996) cun récord de 59-23, pero caería nas semifinais de conferencia contra os Jazz de novo. Algúns analistas predixeron a caída dos Spurs na tempada 1996-1997, e efectivamente a caída chegou tras unha lesión de Robinson que só lle permitiu disputar 6 encontros en toda a tempada, tempada que os Spurs rematarían cun balance de 20-62, o peor de toda a historia da franquía. Hill só durou 18 partidos ese ano, sendo substituído por Gregg Popovich, que xa fora asistente nos Spurs cando Larry Brown foi adestrador xefe.

Aínda que a tempada 1996-1997 non foi moi exitosa no terreo deportivo, o período de pretempada que o seguiu foi todo o contrario. Co terceiro peor balance da liga, conseguiron gaña-lo sorteo da primeira posición do draft de 1997, que foi utilizada para elixir a Tim Duncan, procedente da Universidade de Wake Forest e natural das Illas Virxes.

Duncan rapidamente consolidouse na liga na tempada 1997-1998, promediando 21.1 puntos por encontro, gañando o premio ó Rookie do Ano e entrando no primeiro equipo da NBA. O equipo rematou cun récord de 56-26 pero unha vez máis caeu derrotado antes os Jazz nas semifináis de conferencia. Mentres Duncan e Robinson estaban a xogar xuntos no poste baixo, parecían moi compenetrados.

Con Robinson en boa forma, Duncan, e coa chegada de xente con moita experiencia en playoffs como Mario Elie ou Jerome Kersey, os Spurs desexaban que comezase a tempada 1998-1999. Pero antes do comezo dos campus de adestramento do verán, os donos das franquías da NBA liderados polo comisionado David Stern vetaron ós xogadores buscando forzar un novo convenio salarial coa Asociación de xogadores da NBA (NBAPA). Por mor disto, o comezo da tempada foi retardado uns tres meses ata que en xaneiro de 1999 acadouse o novo acordo salarial.

Nesta tempada recortada a 50 partidos, os Spurs remataron a tempada regular cun balance de 37-13. Nos playoffs o equipo seguía a ser dominante, e chegaron ás finais da NBA gañando 11 partidos e perdendo só 1. Alí enfrontáronse ós New York Knicks, gañando as series no quinto partido, disputado o 25 de xuño de 1999 no Madison Square Graden de Nova York, sendo o resultado final 78-77. Era o primeiro título NBA da franquía. Duncan foi nomeado MVP das finais. Esta vitoria non só é a primeira que lograba un equipo procedente da ABA, senón que tamén era a primeira vez que un deses equipos acadaba as finais da NBA.

Pero os Spurs non foron capaces de iguala-lo resultado na tempada seguinte. Aínda que remataron o período regular cun balance de 53-29, caeron en primeira rolda contra os Phoenix Suns por mor dunha lesión de Duncan que lle tivo fóra de xogo nos playoffs. Nesta tempada 1999-2000 acadouse tamén a viabilidade a longo prazo, xa que os votantes de Bexar County, en Texas, aprobaron o aumento de impostos no aluguer de coches e nos hoteis, garantindo así os fondos para a construción dunha nova cancha preto do Freeman Coliseum.

Un novo século, unha nova era[editar | editar a fonte]

Os Spurs remataron tanto a tempada 2000-2001 coma a 2001-2002 cuns balances de 58-24, pero esa non sería a única coincidencia: nos playoffs de ambas tempadas caerían derrotados contra os que logo gañarían ambos títulos, os Lakers.

No comezo da tempada 2002-2003, o equipo presentou a súa nova imaxe corporativa, suavizando as cores de "festa", que estaban a converterse en cores moi impopulares entre os seareiros dos Spurs. Ademais, neste ano dous acontecementos marcarían a progresión do equipo: David Robinson anunciaba que este sería o seu derradeiro ano no equipo, e se inauguraba a nova cancha, o SBC Center, en homenaxe á empresa de telecomunicacións con sede en San Antonio, e que posteriormente sería renomeada. Esta versión dos Spurs sería moi diferente á que gañou o anel uns anos antes, buscando unha reconstrución para derrotar ós Lakers, que defendían o título NBA por terceiro ano consecutivo. A estrela francesa de segundo ano, Tony Parker, acadou o posto de base titular, e os Spurs tiñan xa unha boa cantidade de especialistas en triplas, como Stephen Jackson, Steve Smith, Danny Ferry, Bruce Bowen, Steve Kerr ou o arxentino Manu Ginobili. Mesturando isto coa presenza interior de Duncan e Robinson, os Spurs lograron un récord de 60-22. Xa nos playoffs, pasaron por riba dos Suns, dos Lakers e dos Mavericks, enfrontándose ós New Jersey Nets na final polo título da NBA, sendo a primeira vez que era disputado por dous equipos chegados da ABA. Os Spurs gañaron as series 4-2, conseguindo o seu segundo título, e con Duncan nomeado MVP tanto da tempada regular como das finais.

Na tempada 2003-2004, os Spurs foron derrotados polos Lakers nas semifinais de conferencia, despois de ir liderando as series 0-2, perdendo catro encontros seguidos. No quinto encontra da serie incluso houbo polémica, xa que o tiro gañador de Derek Fisher a falta de catro décimas para o remate do partido foi moi discutido. Despois deste partido, os Spurs foron aos Ánxeles, onde perderon definitivamente as series. No período vacacional seguinte a directiva da franquía cambiou o cadro de xogadores por completo.

Coas fichaxes do escolta Brent Barry, procedente de Seattle, do pivote Nazr Mohammed, procedente de Nova York (viño a mitade de tempada a cambio de Malik Rose, para desgusto dos seareiros de San Antonio), e do ala veterano Glenn Robinson, que era axente libre, xunto ós que xa estaban no equipo (Bruce Bowen, Robert Horry, Tony Parker, Tim Duncan, e Manu Ginobili), os Spurs remataron a tempada 2004-2005 no posto número dous da Conferencia Oeste, cun récord de 59-23, e no primeiro posto da División Suroeste. Nos playoffs, os Spurs derrotaron ós Denver Nuggets 4-1, ós Seattle SuperSoncis 4-2 e 4-2 ós Phoenix Suns antes de acada-la final da NBA, onde gañaron o seu terceiro título en sete anos derrotando ó campión da Conferencia Leste, os Detroit Pistons, por 4-3, o 23 de xuño de 2005. Duncan volveu a se-lo MVP das finais, convertíndose no cuarto xogador que o acada por terceira vez (os outros tres son Magic Johnson, Shaquille O'Neal e Michael Jordan). Ademais, Ginobili consolidouse como unha estrela da NBA, gañandose gabanzas tanto locais coma nacionais coma internacionais (especialmente no seu país natal, Arxentina), debutando nese ano no All-Star.

Na tempada 2005-2006, os Spurs romperon o récord de vitorias da franquía, establecéndoo en 63-19, e calificándose para os playoffs por novena tempada consecutiva. (A dos Spurs e a dos Indiana Pacers son as rachas máis largas de aparicións en playoffs, ámbolos dous con nove). Pero foron eliminados en segunda rolda polos Dallas Mavericks en sete partidos. A pesares de ser os dous mellores equipos da conferencia, enfrontáronse por un fallo no sistema de ránkings en playoffs.

Durante a pretempada de 2006, os Spurs trocaron a Rasho Nesterovic por Matt Bonner, Eric Williams e unha elección de segunda rolda no draft de 2009 procedente dos Toronto Raptors.[1]

Perspectiva[editar | editar a fonte]

Os Spurs amosan ser candidatos para o título nos seguintes anos. Os tres xogadores clave do equipo (Duncan, Ginobili e Parker) están baixo contrato ata o 2009. Ademais, intentan merca-lo contrato do compatriota de Ginobili Luis Scola, un ala-pivote que foi elixido polos Spurs no draft de 2002, pero o prezo do Tau Cerámica é demasiado alto, 3.5 millóns de dólares.

Os Spurs alixeiraron o seu límite salarial co troco de Rasho Nesterovic. Ademais asinaon outros dous pivotes, Jackie Butler e Francisco Elson, para reemprazar a Nesterovic e a Nazr Mohammed, que marchou ós Pistons coma axente libre. Ademais, tamén asinaron ó veterán base Jacque Vaughn.

Récords tempada por tempada[editar | editar a fonte]

Tempada V D  % Play-offs Resultados
Dallas Chaparrals (ABA)
(Non incluído nos totáis de V/D)
1967-68 46 32 .590 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais da ABA
Dallas 3, Houston 0
New Orleans 4, Dallas 1
1968-69 41 37 .526 Perdida primeira rolda New Orleans 4, Dallas 3
1969-70 45 39 .536 Perdida primeira rolda Los Angeles 4, Dallas 2
Texas Chaparrals (ABA)
(Non incluído nos totáis de V/D)
1970-71 30 54 .357 Perdida primeira rolda Utah 4, Texas 0
Dallas Chaparrals (ABA)
(Non incluído nos totáis de V/D)
1971-72 42 42 .500 Perdida primeira rolda Utah 4, Dallas 0
1972-73 28 56 .333
San Antonio Spurs (ABA)
(Non incluído nos totáis de V/D)
1973-74 45 39 .536 Perdida primeira rolda Indiana 4, San Antonio 3
1974-75 51 33 .607 Perdida primeira rolda Indiana 4, San Antonio 2
1975-76 50 34 .595 Perdida primeira rolda New York 4, San Antonio 3
San Antonio Spurs (NBA)
(Incluído nos totáis de V/D)
1976-77 44 38 .537 Perdida primeira rolda Boston 2, San Antonio 0
1977-78 52 30 .634 Perdidas semifinais de conferencia Washington 4, San Antonio 2
1978-79 48 34 .585 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
San Antonio 4, Philadelphia 3
Washington 4, San Antonio 3
1979-80 41 41 .500 Perdida primeira rolda Houston 2, San Antonio 1
1980-81 52 30 .634 Perdidas semifinais de conferencia Houston 4, San Antonio 3
1981-82 48 34 .585 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
San Antonio 4, Seattle 1
Los Angeles 4, San Antonio 0
1982-83 53 29 .646 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
San Antonio 4, Denver 1
Los Angeles 4, San Antonio 2
1983-84 37 45 .451
1984-85 41 41 .500 Perdida primeira rolda Denver 3, San Antonio 2
1985-86 35 47 .427 Perdida primeira rolda LA Lakers 3, San Antonio 0
1986-87 28 54 .341
1987-88 31 51 .378 Perdida primeira rolda LA Lakers 3, San Antonio 0
1988-89 21 61 .256
1989-90 56 26 .683 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
San Antonio 3, Denver 0
Portland 4, San Antonio 3
1990-91 55 27 .671 Perdida primeira rolda Golden State 3, San Antonio 1
1991-92 47 35 .573 Perdida primeira rolda Phoenix 3, San Antonio 0
1992-93 49 33 .598 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
San Antonio 3, Portland 1
Phoenix 4, San Antonio 2
1993-94 55 27 .671 Perdida primeira rolda Utah 3, San Antonio 1
1994-95 62 20 .756 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
San Antonio 3, Denver 0
San Antonio 4, LA Lakers 2
Houston 4, San Antonio 2
1995-96 59 23 .720 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
San Antonio 3, Phoenix 1
Utah 4, San Antonio 2
1996-97 20 62 .244
1997-98 56 26 .683 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
San Antonio 3, Phoenix 1
Utah 4, San Antonio 1
1998-99 37 13 .740 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañadas finais NBA
San Antonio 3, Minnesota 1
San Antonio 4, LA Lakers 0
San Antonio 4, Portland 0
San Antonio 4, New York 1
1999-2000 53 29 .646 Perdida primeira rolda Phoenix 3, San Antonio 1
2000-01 58 24 .707 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
San Antonio 3, Minnesota 1
San Antonio 4, Dallas 1
LA Lakers 4, San Antonio 0
2001-02 58 24 .707 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
San Antonio 3, Seattle 2
LA Lakers 4, San Antonio 1
2002-03 60 22 .732 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañadas finais NBA
San Antonio 4, Phoenix 2
San Antonio 4, LA Lakers 2
San Antonio 4, Dallas 2
San Antonio 4, New Jersey 2
2003-04 57 25 .695 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
San Antonio 4, Memphis 0
LA Lakers 4, San Antonio 2
2004-05 59 23 .720 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañadas finais NBA
San Antonio 4, Denver 1
San Antonio 4, Seattle 2
San Antonio 4, Phoenix 1
San Antonio 4, Detroit 3
2005-06 63 19 .768 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
San Antonio 4, Sacramento 2
Dallas 4, San Antonio 3
2006-07 58 24 .707 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañadas finais NBA
San Antonio 4, Denver 1
San Antonio 4, Phoenix 2
Utah 1, San Antonio 4
San Antonio 4, Cleveland 0
2007-08 56 26 .683 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
San Antonio 4, Phoenix 1
San Antonio 4, New Orleans 3
LA Lakers 4, San Antonio 1
Total 1551 1043 .598
Playoffs 146 123 .543 4 Campionatos

Xogadores[editar | editar a fonte]

Plantel actual[editar | editar a fonte]

San Antonio Spurs 2013-2014
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Orixe
AP-P 11 Flag of the United States.svg Ayres, Jeff 2.06 m (6 ft 9 in) 113 kg (250 lb) Arizona State
AP-P 16 Flag of the United States.svg Baynes, Aron 2.08 m (6 ft 10 in) 118 kg (260 lb) Washington State
B-E 3 Italia Belinelli, Marco 1.96 m (6 ft 5 in) 95 kg (210 lb) Italia
AP-P 15 Flag of the United States.svg Bonner, Matt 2.08 m (6 ft 10 in) 107 kg (235 lb) Florida
A-AP 23 Flag of the United States.svg Daye, Austin 2.11 m (6 ft 11 in) 91 kg (200 lb) Gonzaga
AP-P 33 Francia Diaw, Boris 2.03 m (6 ft 8 in) 107 kg (235 lb) Francia
AP-P 21 Flag of the United States.svg Duncan, Tim (C) 2.11 m (6 ft 11 in) 118 kg (260 lb) Wake Forest
B-E 20 Flag of Argentina.svg Ginóbili, Manu 1.98 m (6 ft 6 in) 93 kg (205 lb) Arxentina
E-A 4 Flag of the United States.svg Green, Danny 1.98 m (6 ft 6 in) 95 kg (210 lb) North Carolina
E-A 5 Flag of Canada.svg Joseph, Cory 1.91 m (6 ft 3 in) 84 kg (185 lb) Texas
E-A 2 Flag of the United States.svg Leonard, Kawhi 2.01 m (6 ft 7 in) 102 kg (225 lb) San Diego State
B-E 8 Flag of the United States.svg Mills, Patty 1.83 m (6 ft 0 in) 84 kg (185 lb) St. Mary's (CA)
B-E 9 Francia Parker, Tony 1.88 m (6 ft 2 in) 82 kg (180 lb) Francia
A-AP 22 Flag of Brazil.svg Splitter, Tiago 2.11 m (6 ft 11 in) 109 kg (240 lb) Brasil
Adestrador
Asistente(s)
  • Flag of the United States.svg Jim Boylen (Maine)
  • Flag of the United States.svg Ime Udoka (Portland State)
  • Flag of the United States.svg Chip Engelland (Duke)
  • Flag of the United States.svg Chad Forcier (Seattle Pacific)
  • Flag of the United States.svg Sean Marks (California)

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Injured Lesionado

CadroTransaccións
Actualizado: 10-03-2014

Membros do Hall Of Fame[editar | editar a fonte]

Dorsais retirados[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]