Willis Reed
| Willis Reed | |
|---|---|
| Posición | Pivote |
| Dorsal | 19 |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 110 kg (240 lb) |
| Nacemento | 25 de xuño de 1942 (70 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1964–1974 |
| NBA Draft | 1964 / Rolda: 2 / Elección: 10
Escollido por New York Knicks |
| Universidade | Grambling State |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 12 183 |
| Rebotes | 8 414 |
| Asistencias | 1 186 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
| Basketball Hall of Fame como xogador | |
| Adestrador | |
Willis Reed Jr., nado o 25 de xuño de 1942 en Bernice, Louisiana, é un antigo xogador de baloncesto estadounidense que desenvolveu a súa carreira a finais dos anos 60 e principios dos 70. Cos seus 2,09 m., comezou xogando de aleiro alto, na posición de 4, para pasar a ser un pivote nato. Destaca a súa traxectoria nos New York Knicks, posto que foi o único equipo no que militou nos seus dez anos como profesional.
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Universidade [editar]
Formado na pouco coñecida Universidade de Grambling, logrou unhas medias de 18,7 puntos e 15,2 rebotes, o cal lle permitiu ser All-American, é dicir, un dos mellores xogadores de toda a nación a nivel universitario, nos anos 1963 e 1964.
NBA [editar]
Foi elixido na primeira posición da segunda rolda do Draft da NBA de 1964 polos New York Knicks, equipo no que desenvolvería toda a súa carreira profesional. No seu ano do debut foi elixido Rookie do Ano, cunhas extraordinarias estatísticas de máis de 19 puntos e 14 rebotes por encontro.
A súa mellor tempada, e pola que se lle lembrará sempre, foi a de 1969-70, na cal logrou o fito nunca antes alcanzado de ser considerado, nunha mesma tempada, MVP da tempada regular, do All-Star Game e das Finais, redondeando a mesma co anel de campión da NBA. Lograría un segundo título en 1973, cando xa as lesións estaban comezando a prexudicarlle. Retiraríase un ano máis tarde, con tan só 31 anos, disputando 650 partidos, e cunhas medias de 18,7 puntos e 12,9 rebotes por partido.
Equipos [editar]
Adestrador [editar]
Adestrou aos Knicks durante tempada e media, entre 1978 e 1979. De aí pasou a ser adestrador asistente da Universidade de St. John's en 1981, e adestrador titular na Universidade Creighton entre o 81 e o 85. Regresou de novo á liga profesional, facéndose cargo dos New Jersey Nets en 1987, levando ao equipo durante dúas tempadas.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores New York Knicks
- Eleccións draft New York Knicks
- Pivotes de baloncesto
- Adestradores da NBA
- Adestradores de baloncesto
- Adestradores New York Knicks
- Adestradores New Jersey Nets
- MVP da Tempada da NBA
- MVP das Finais da NBA
- Rookie do Ano da NBA
- Membros do Salón da Fama da NBA