Kerry Kittles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kerry Kittles
Posición Escolta
Dorsal 30
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 81 kg (179 lb)
Nacemento 12 de xuño de 1974 (49 anos)
Dayton, Ohio
Estados Unidos
Carreira
NBA Draft 1996 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por New Jersey Nets
Tempadas 19962005
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     7 165
Rebotes     1 983
Asistencias     1 295
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Kerry Kittles, nado o 12 de xuño de 1974 en Dayton, Ohio, é un ex xogador americano profesional de baloncesto, que pasou a súa carreira na National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kittles foi á Universidade de Villanova, e máis tarde foi seleccionado na 8ª posición do Draft da NBA de 1996 polos New Jersey Nets. Fixo máis de 12.9 puntos por partido en todas as tempadas nas que estivo en Nova Jersey, excepto unha. Na tempada 2000-01, non xogou ningún partido debido a unha operación no seu xeonllo dereito.

Tras sete tempadas cos Nets, Kittles foi traspasado aos Los Angeles Clippers, nun intento dos Nets para rebaixar o salario que pagaba. Despois dun ano nos Clippers marcado polas lesións, Kittles deixou Os Ánxeles.

Na actualidade, traballa coma ollador para os Brooklyn Nets.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]