Bill Fitch
William Fitch, nado o 19 de maio de 1934 en Davenport, Iowa, é un ex-adestrador profesional de baloncesto da National Basketball Association (NBA). Foi incluído entre os "dez mellores adestradores da historia da NBA" en 1996.
Índice |
Traxectoria[editar]
Antes de pasar á profesionalidade, adestrou á Universidade de Minnesota, Bowling Green State, Universidade de North Dakota, e a súa alma mater, Coe College.
Fitch é o quinto adestrador con máis vitorias na historia da NBA, con 944, pero tamén é segundo no apartado das derrotas, con 1.106, detrás de Lenny Wilkens. Recibiu en dúas ocasións o premio ao Mellor Adestrador do ano (1976 e 1980), e guiou a Larry Bird, Kevin McHale, Robert Parish e os seus Boston Celtics ao anel de 1981 ante Houston Rockets por 4-2. Tras deixar Boston, dirixiu aos Rockets de Hakeem Olajuwon e Ralph Sampson, aos que levou ás Finais de 1984, perdéndoas ante o seu ex-equipo. Fitch tamén adestrou a Cleveland Cavaliers, New Jersey Nets e Los Angeles Clippers.
Equipos[editar]
- Cleveland Cavaliers (1970-1979)
- Boston Celtics (1979-1983)
- Houston Rockets (1983-1988)
- New Jersey Nets (1989-1992)
- Los Angeles Clippers (1994-1998)