Kenyon Martin
| New York Knicks – No. 3 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de decembro de 1977 (35 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 109 kg (234 lb) |
| Instituto | Bryan Adams, Dallas |
| Información da carreira | |
| Universidade | Cincinnati (1996–2000) |
| NBA Draft | 2000 / Rolda: 1 / Elección: 1
Escollido por New Jersey Nets |
| Carreira | dende 2000 |
| Historial de equipos | |
| New Jersey Nets (2000–2004) Denver Nuggets (2004–2011) Xinjiang Flying Tigers (2011) Los Angeles Clippers (2012) New York Knicks (2013–presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| 1× NBA All-Star (2004) 1º Equipo de Rookies NBA (2000) |
|
| Información en nba.com | |
Kenyon Lee Martin, nado o 30 de decembro de 1977 en Saginaw, Michigan, é un xogador profesional estadounidensede baloncesto que actualmente xoga para os New York Knicks da National Basketball Association (NBA). Mide 2,06 metros e pesa 109 quilogramos, a súa posición natural é a de ala-pivote e leva nas costas o número 2. Salienta pola súa capacidade intimidadora, pola súa capacidade atlética e pola a súa habilidade tapoadora e reboteadora, ademais dos seus mates.
Índice |
Traxectoria [editar]
Universidade [editar]
Martin era un xogador destacable na universidade, xogaba para a Universidade de Cincinnati baixo a dirección de Bob Huggins. Fixo 18,9 puntos, 9,7 rebotes e 3,5 tapóns por partido, gañou numerosos trofeos dalgunhas organizacións coma o Trofeo Oscar Robertson, o premio John R. Wooden e foi nomeado xogador universitario do ano.
Profesional [editar]
Foi elixido no Draft da NBA de 2000 polos New Jersey Nets na primeira posición da primeira rolda, onde xogou ata o 2004, ano no que foi traspasado aos Denver Nuggets. Na tempada 2006-2007, só puido xogar dous encontros por mor dunha lesión no seu xeonllo dereito.
Estatísticas no NBA All-Star Game [editar]
- NBA All-Star Game 2004: 23 min, 17 pts, 7 reb, 3 asi, 0 roub, 0 tap.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||