Francisco Franco Bahamonde

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Francisco Franco Bahamonde
Nome completo: Francisco Paulino Hermenegildo Teódulo Franco y Bahamonde Salgado Pardo
Data de nacemento: 4 de decembro de 1892
Lugar de nacemento: Ferrol, A Coruña, España
Data de falecemento: 20 de novembro de 1975
Lugar de falecemento: Madrid, España
Partido político: Movemento Nacional
Cargo(s): Xefe de Estado (1939 - 1975)
Xefe de Goberno (1939 - 1973)
Profesión: Militar e Político español

Francisco Franco Bahamonde (Ferrol, 4 de decembro de 1892 - Madrid, 20 de novembro de 1975); militar, xefe de Estado de España entre 1939 e 1975 como consecuencia da Guerra Civil acontecida entre os anos 1936 e 1939 na que resultaría derrotado o lexítimo goberno da Segunda República. Dirixiu unha ditadura autoritaria, nacionalista, sen división de poderes nin libertades básicas.

Índice

[editar] Biografía

Naceu como Francisco Paulino Hermenegildo Teódulo Franco y Bahamonde Salgado Pardo, en Ferrol (A Coruña) o 4 de decembro de 1892, na casa familiar da rúa María. Fillo do intendente da Armada, Nicolás Franco y Salgado Araújo e de Pilar Bahamonde Pardo de Andrade. É o segundo fillo dos cinco que tivo o matrimonio: Nicolás é o maior, vén a continuación Francisco, Pilar, Ramón (o aviador) e Paz, esta última falecida aos 5 anos de idade.

O seu pai, Nicolás Franco, leva unha vida moi desprendida. Bebe, esquece a miúdo volver a casa e o eco das súas andadas chegan rapidamente a oídos de Pilar, que se conforta polo rezo e o amor de Deus. Nicolás non tarda en fuxir do fogar matrimonial, chegando a abandonar a familia. Isto sería probablemente unha das razóns polas cales as relacións de Francisco e o seu pai foron sempre moi frías.

Francisco Franco, gradúase na academia militar de Toledo en 1910 onde obtén o numero 251 entre os 312 cadetes da sua promoción convertíndose en segundo tenente, é dicir, en alférez, sendo destinado aos poucos días para Ferrol no rexemento Zamora número 8. En marzo de 1915 foi ascendido a capitán aos 22 anos, sendo así o máis novo deste grao no exército español, é condecorado por dúas veces da Cruz Vermella do Mérito Militar. Coa idade de 23 anos, por nomeamento do rei Afonso XIII, converteuse no comandante máis novo do exército logo do seu desempeño na guerra de Marrocos. Tras cinco anos en Marrocos, volve de novo á peninsula, máis exactamente, vai destinado a Oviedo, onde coñece a Carmen Polo y Martínez Valdés, unha rapaciña de familia ben acomodada, coa que vai comprometerse como noivo, ela só ten quince anos.

España atópase o 13 de agosto de 1917 en estado de guerra, debido á decisión dos responsables da UGT e da CNT de decretar a folga xeral. En Asturias, e en particular en Oviedo, o movemento toma unha amplitude temible xa que os folguistas ameazan con apoderarse da cidade. Ė Franco [1], á cabeza das súas columnas, recibe a misión de restablecer a orde; esta é a primeira vez que debe enfrontar civís.

Xeneral de brigada no ano 1926 por méritos de guerra, sendo o máis novo de Europa con esa graduación. En 1933 é ascendido a xeneral de división. En 1934, durante o período de goberno radical-cedista, como xefe de Estado Maior, dirixiu as operacións para reprimir a insurrección obreira de Asturias (ver revolución obreira en Asturias de 1934).


[editar] Na Lexión española

En 1918, coñece ao tenente coronel José Millán Astray, na Escola central de infantería, un alto personaxe en cor, que vén de Marrocos onde estaba ao mando das tropas "regulares". Franco devece con volver á cabeza dun corpo militar. Os dous homes, cuxos feitos de armas son famosos nos cuarteis, enténdese rapidamente. Todo parece achegalos e cando Millán Astray funda Lexión española basada na Lexión Estranxeira francesa, Franco acepta naturalmente para facer parte como o seu segundo e non dubida en aprazar a data do seu matrimonio.

Franco, xunto con Millán Astray ten a ocasión de probar as súas aptitudes de intendencia. Resulta en particular un enxeñeiro e un arquitecto de primeira vista, atopando unha capa de auga suficiente para abastecer o campo en auga potable, construíndo barracóns, aloxamentos para os lexionarios, imaxinándose ata unha fortaleza militar modelo nos emprazamentos do Protectorado [Cómpre referencia].

É Franco o que ten entre outras cousas a tarefa de resolve-la crise despois do desastre de Annual, onde mais de 15.000 soldados atoparon a morte. Cos xenerais, Sanjurjo e Cabanellas, retoman Batel e o Dar Drius, onde recibe a condecoración militar grazas ao seu valor no campo de batalla, a derrota precedente pode borrarse. O 8 de xuño de 1923, é nomeado tenente coronel, sempre máis novo do Exército español, posto que ten apenas 30 anos, logo o 22 de outubro do mesmo ano, contrae por fin o matrimonio, acto que foi apadriñado polo rei Afonso XIII.

En febreiro de 1925, ascende a coronel por méritos de guerra, logo de levar a cabo a retirada de Xauén. Ten soamente trinta e tres anos e segue sendo o máis novo dos oficiais do seu grao, soamente un ano máis tarde, xa é xeneral de brigada pola súa conduta na batalla de Alhucemas e pola toma da capital de Abd-El-Krim. Aos trinta e catro anos é o xeneral máis novo de Europa e na cima dos honores militares, é para el o final da campaña de Marrocos e tamén en pouco tempo despois a fin da guerra de Africa, xa que se lle chama a Madrid para encargarse de mandar a primeira brigada de infantería da 1eira división.

Xa falta pouco tempo para que se lle designe para dirixir a Escola militar de Zaragoza que o xeneral Miguel Primo de Rivera acaba de restabelecer. Franco ten pois a tarefa de recibir e formar ós futuros oficiais de infantería, cabalería e enxeñaría, cun total de 215 en 1928. Ademais, ten así a ocasión de orientar o espírito militar dos novos cadetes para servir ao país. É en Zaragoza que o ministro francés da Guerra, André Maginot, condecórao coa Lexión de honor e a do Mérito naval, pronto seguido da súa segunda medalla militar imposta por Afonso XIII en persoa.

O 12 de decembro de 1930 ten lugar a sublevación de Jaca, preto de Huesca dirixida contra a Monarquía coa fin de proclamar a República; os capitáns republicanos Fermín Galán e Garcia Hernández póñense á fronte desta precipitada rebelión que resultará infrutuosa. Serán fusilados dous días máis tarde.

[editar] Durante a Segunda República

Coa chegada da Segunda República española, o novo goberno de Niceto Alcalá Zamora decide suprimir a Academia xeral militar de Zaragoza o 16 de xullo de 1931. Franco, que en catro anos formou a 720 oficiais, volve para Oviedo, logo A Coruña, en espera do novo destino. Dise entón del que «proba unha honradez profesional» respecto a República. Acátase de momento neste novo réxime malia todo con desconfianza[Cómpre referencia].

En canto ao seu irmán Ramón, entusiásmase por esta moi próxima república e non dubida en manifestalo, bombardeando con panfletos, lanzadas desde o seu avión, sobre as rúas de Madrid en 1930. En realidade, o entusiasmo de fachada oculta unha separación máis pronunciada que se observaría no país. Non se reacciona xa en republicano, nin en monárquico, senón en partidario de esquerda ou dereita[Cómpre referencia].

Varias veces é solicitado para formar parte dun pronunciamento[Cómpre referencia], Franco négase. Un putsch estala o 10 de agosto de 1932 (a Sanjurjada); está dirixido polo xeneral José Sanjurjo, o director xeneral de Carabineros, sendo secundada esta sublevación, só pola guarnición de Sevilla, moi pronto é condenada ao fracaso. Detido o xeneral cunha quincena de conxurados e aberto un proceso condénaselle a pena de morte. Logo é indultado da pena capital e finalmente amnistiado, aínda que xa non reingresou no éxercito, fixando a súa residencia en 1934 en Monte Estoríl, Portugal.

O 13 de marzo de 1933, Franco, é enviado ás Baleares como comandante das forzas das illas, talvez en agradecemento do goberno por non haberse mesturado no levantamento [Cómpre referencia]. É unha promoción. Presentado por Gil Robles, o líder da CEDA, para figurar nas súas listas das eleccións do 19 de novembro e do 3 de decembro [Cómpre referencia], responde pola negativa. Despois da consulta nacional, o xefe de Goberno Manuel Azaña, será remplazado por Alejandro Lerroux, por catro meses soamente (19 de decembro - 25 de abril).

A dereita obtén 212 deputados, o centro 162 e a esquerda 97. Desde as Baleares, Franco, que acaban de nomealo Xeneral de división en marzo de 1934, segue agora con paixón o xogo político de Madrid [Cómpre referencia]. Unha visita rompe a monotonía da súa vida de guarnición, a do Ministro da Guerra Diego Hidalgo, ao que se lle debe unha das primeiras descricións do xeneral Franco, en calquera caso ben axustada á súa personalidade daquela época:

«Franco posúe no alto grao todas as virtudes militares e supóñenselle sempre a súa actividade e a súa capacidade de traballo, a súa clara intelixencia, a súa comprensión e a súa cultura ao servizo das armas. Pero destas virtudes, a máis alta, é a ponderación que lle impulsa a ser meticuloso no detalle, exacto no servizo, preciso na observación, duro e esixente no mando ao mesmo tempo que comprensivo, tranquilo e decidido. As conversacións que tiven con el sobre temas militares durante a miña estancia nas illas reveláronme doutra banda os seus extraordinarios coñecementos (...) Franco, no silencio da súa oficina pasou numerosos anos en documentarse. Na actualidade, pódese considerar que non hai secreto na arte da guerra para este gran militar, educado á ciencia pola enxeñería humana.»

[Cómpre referencia]

Pero no país, a situación política e social deteriórase aínda máis cada día [Cómpre referencia]. Falanxe, creada por José Antonio Primo de Rivera inspirada dos "fascio" italianos, oponse coa dialéctica das pistolas fronte aos anarquistas e socialistas que, por suposto, ripostan ou atacan cos mesmos medios [Cómpre referencia]. Folgas salvaxes paralizan a economía [Cómpre referencia]. En Madrid, unha tentativa de golpe, falla [Cómpre referencia]. En Cataluña, Lluis Companys declara o Estat catalâ. Máis grave aínda: en Asturias, declárase unha verdadeira revolución, os anarquistas, os comunistas, o Alianza dos Traballadores e Campesiños, baixo os auspicios da UGT de Gonzâlez Bueno o Comité Rexional da CNT de Asturias, onde 30.000 homes dispoñen de armas e dinamita opóñense ao Goberno [Cómpre referencia].

O Goberno de Madrid se encontra agora en presenza do que parecía innegablemente unha revolución. Lerroux e os seus ministros tomaron decisións de graves consecuencias. En primeiro lugar, fixeron vir aos xenerais Goded e Francisco Franco e encargáronlles conxuntamente, en calidade de xefes de Estado Maior, dirixir as operacións contra a rebelión. É o xeneral Franco quen dirixe pois a represión desde o Palacio de Buenavista, coa axuda da Lexión e dos "Regulares" marroquís. En suma, unha repetición de 1917. Franco forma sete columnas, baixo os mandos de Yagüe, Solchaga, Sâenz de Buruaga, Aranda e Ayuso e fanse donos da situación con bastante facilidade, aínda que pagando un caro prezo en vidas humanas:

  • O exército perdeu 22 oficiais, 25 suboficiais e a 173 soldados e conta con 743 feridos e 46 desaparecidos.
  • Por parte dos rebeldes: 855 mortos, 1.450 feridos e non 14 000 como o escribiron algúns [Cómpre referencia]. O Goberno Lerroux, a quen se lle salvou, concédelle en recompensa a Franco a Gran Cruz do Mérito militar e en febreiro de 1935 foi nomeado comandante en xefe do exército de Marrocos.

[editar] A Guerra Civil

O 18 de xullo de 1936, atopase destinado en Santa Cruz de Tenerife como Comandante Xeral de Canarias, posto que ocupa desde o mes de febreiro. Alegando [Cómpre referencia], entre outros motivos, a situación de inseguridade e de crimes políticos que o goberno non lograba controlar, así como o perigo dunha revolución obreira, súmase aos preparativos para a sublevación militar que se estaba planeando por parte dos xenerais Sanjurjo e Mola contra o goberno lexitimo do Fronte Popular e que, iniciada o 17 de xullo, tivo o seu momento álxido o 18 de xullo (ver Alzamento nacional).

Nesta data é cando se traslada dende Las Palmas de Gran Canaria a Tetuán (Marrocos), onde chega ás sete da mañá do día 19, tras unha longa escala en Casablanca, para poñerse ao fronte das tropas sublevadas.

Esta viaxe faina a bordo dunha aeronave De Havilland modelo Dragon Rapide, alugada no aeroporto de Croydon en Londres polo corresponsal do diario ABC naquela cidade Luís Bolín. Poucos días despois, o 27 de xullo de 1936, chega a España o primeiro escuadrón de avións italianos enviados por Benito Mussolini.

Trala morte de Mola e Sanjurjo en cadanseu accidente de aviación e a retirada a un segundo plano doutros pretendentes ao cargo do mesmo bando, foi nomeado pola Xunta de Defensa Nacional Xefe de Estado e autoproclámase Xeneralísimo dos exércitos nacionais da zona controlada polos militares sublevados o 29 de setembro de 1936 [Cómpre referencia].

O 30 de xaneiro de 1937 constitúese en xefe da Xunta provisional de Burgos.

O seu goberno orientouse inicialmente ao triunfo militar sobre a España republicana, e contou co apoio de dous ditadores fascistas de Europa, Hitler e Mussolini. A semellanza de estes, que se facían chamar respectivamente Führer e Duce, Franco adoptou durante a contenda o título de Caudillo, que xunto o de Xeneralísimo foron os títulos cos que se lle denominou nas décadas posteriores.

Rematada a guerra civil o 1 de abril de 1939, produciuse o exilio de miles de españois ao estranxeiro e desenvolveuse unha amplía política de represión sobre os vencidos, con fusilamentos, encarceramentos e condenas a traballos forzados en obras hidráulicas como pantanos e canais de rego, ferrocarrís, construción do monumento do Val dos Caídos e outros [Cómpre referencia].

[editar] O franquismo

Francisco Franco
Francisco Franco

En 1947, un fraudulento referendo nacional ratificouno na xefatura vitalicia do Estado. O goberno de Franco caracterizouse pola instauración dun verdadeiro réxime, de tipo autoritario e pragmático. Só se permitía o Sindicato vertical (que unía a patróns e obreiros), e un único partido, Falange Española Tradicionalista y de las JONS, constituído por fusión da Falange Española e o carlismo e as Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS), que se uniran a Falange antes da guerra. Así, o réxime estaba fundamentado nun ideario de ultraconservador e nacionalista, de confesión católica, baseado nunha economía corporativista que integraba proxectos sociais, como a Seguridade Social, sistema sanitario público que se desenvolveu durante a etapa final da ditadura.

Ao comezar en Europa a Segunda Guerra Mundial, Franco mostrouse partidario da vitoria de Hitler] e Mussolini, mais rexeitou [Cómpre referencia] entrar na loita a pesar das presións que recibiu nese sentido polo feito de que os dous ditadores europeos o apoiaran durante a Guerra Civil. Permitiu, porén, que voluntarios españois (División Azul) partisen para apoiar as potencias do Eixo no fronte ruso. Do mesmo xeito, existiu unha amplia tolerancia ante a actuación dos axentes do Eixo, principalmente alemáns, en España. Por todo iso España quedou situada máis na non belixerancia ca na neutralidade [Cómpre referencia].

Rematada a Segunda Guerra Mundial co triunfo das potencias aliadas, o pobo español sufriu as consecuencias do illamento imposto ao réxime polas nacións vencedoras, que non vían con bos ollos a supervivencia dun réxime fascista en Europa [Cómpre referencia]. Esta situación terminou en parte durante por mor da Guerra Fría, cando as necesidades xeoestratéxicas de Estados Unidos fixérono colaborar con España, especialmente a partir da firma do pacto de 1953 e a posterior visita de Eisenhower a Franco en 1959, para estableceren bases militares estadounidenses en España a cambio de divisa forte.

Nos anos 60, España asistiu a un forte desenvolvemento económico, no que tivo moito que ver o auxe do turismo, as remesas da emigración e as inversións americanas, creándose unha nova clase media que era bastante reducida ata entón. E tamén nestes anos 60 cando se produce a emigración de centos de miles de españois das zonas máis deprimidas de España a diversos países de Europa, principalmente Alemaña, Holanda, Suíza e Francia, o que se traduciu nunha importante fonte de ingreso de divisas. O desenvolvemento e o crecente contacto cos veciños europeos (grazas ao turismo e á emigración) deron lugar a novas tensións sociais, aínda que Franco non chegou a ver en risco o seu poder, grazas á unidade do exercito e á inercia do sistema.

En 1966 foi aprobada por referendo a súa proposta de Lei Orgánica do Estado, na que se prevía a separación dos cargos de Xefe do Estado e Xefe de goberno.

En 1969 nomeou o príncipe Xoán Carlos como o seu sucesor a título de rei, o cal implicaba unha reinstauración da monarquía en España.

Co inicio da actividade terrorista de grupos como ETA e o FRAP levou a cabo unha represión que culminou coas sentenzas a morte para once terroristas (oito do FRAP e tres de ETA), dos que, ao final, o 27 de setembro de 1975, foron executados cinco, pois o goberno, nunha reunión presidida por Franco o día anterior, e baixo as presións externas, decidiu non executar a seis dos condenados a morte, dúas mulleres (por estaren embarazadas) e catro homes [Cómpre referencia].

A nova das execucións provocou unha forte reacción internacional (antes da mesma, moitos gobernos, e personalidades coma o Papa Pablo VI, pediran clemencia). Quince países europeos retiraron os seus embaixadores, foi asaltada a embaixada española en Lisboa, producíronse multitudinarias manifestacións nas principais cidades europeas e cortáronse as comunicacións telefónicas e telegráficas con varios países.

Tras estes fusilamentos, que illaron novamente a España do contexto europeo, Franco contraiu unha enfermidade debido a cal faleceu tras unha longa agonía, en Madrid, o 20 de novembro de 1975. Juan Carlos xura a Xefatura do Estado e, en contra do planeado polo ditador, a democracia se reinstaura tras a súa morte, nun proceso coñecido coma Transición Española.

Estaba casado con Carmen Polo e tivo unha filla. O seu xenro foi o Marqués de Villaverde e un dos seus bisnetos é Luis Alfonso de Borbón y Martínez-Bordiú.

[editar] Cronoloxía destacada

[editar] Período monárquico

  • 1910 - 13 de xullo, sae da academia co grao de segundo tenente (alférez).

13 de xuño, ascende a tenente e o 16 de novembro é decorado da Cruz do mérito militar.

27 de novembro, co tratado hispano-francés; España recebe co protectorado de Marrocos, o Rif, Tarfaya e Ifni.

19 de agosto, folga insurreccional en Asturias. É a primeira coparticipación do comandante Franco contra rebeldes civís.

13 de setembro, golpe de Estado do xeneral Miguel Primo de Rivera.

22 de outubro. Casamento de Francisco Franco e Carmen Polo. O rei Alfonso XIII apadriña por poderes esta cerimonia.

4 de xuño, acordo con Francia para intervir no Rif

8 de setembro, Franco participa no desembarco de Alhucemas

  • 1926 - 3 de febreiro, é nomeado xeral de brigada, converténdose así no xeneral mais novo de Europa aos 34 anos.

14 de setembro, nace a súa primeira e única filla, María do Carme.

12 de decembro. Sublevación de Jaca. Primeira tentativa militar pro-republicana.

14 de decembro. Execución dos capitáns, Fermín Galán e García Hernández

12 de abril. Ultimas eleccións municipais da Monarquía.

14 de abril. Saída para o exilio de Afonso XIII e proclamación da República. Formación dun goberno provisional baixo a dirección de Niceto Alcalá Zamora.

[editar] Período republican

14 de xullo, supresión da Academia de Zaragoza. 16 de decembro, Azaña, xefe do goberno.

  • 1932 - 21 de febreiro, Franco é nomeado comandante da XV brigada de infantería de A Coruña.

10 de agosto. Intento de Golpe de Estado do xeneral Sanjurjo, coñecido como a sanxurxada.

9 de setembro, aprobación do primeiro Estatuto de Autonomía á Cataluña.

  • 1933 - 12 de xaneiro, revolta dos campesiños anarquistas de Casas Viejas e represión gobernamental, 23 mortos, 12 de entre eles foron fusilados no lugar mesmo.

5 de marzo. Fundación da CEDA (Confederación Española de Dereitas Autónomas).

16 de marzo, Franco é nomeado Comandante da rexión militar das Baleares.

29 de outubro, fundación da FE (Falanxe Española).

19 de novembro, vitoria das Dereitas nas novas eleccións lexislativas.

27 de marzo. Franco ascende a Xeneral de división.

4 de outubro. Lerroux forma un novo goberno con 3 ministros da CEDA.

6 de outubro. Folgas insurreccionais en Barcelona e Asturias. O ministro da Guerra, Hidalgo Durán, decide que Franco dirixa a contraofensiva e represión da insurrección asturiana.

17 de maio. Xefe do Estado Maior.

12 de outubro Casamento de Don Xoán de Borbón.

21 de febreiro. Comandante da rexión militar das Canarias.

7 de abril. Destitución do presidente da República, Alcalá Zamora.

26 de abril, vitoria do Fronte Popular en Francia.

12 de xullo. Asasinato do Tenente da Garda de Asalto José Castillo, simpatizante socialista.

13 de xullo. Asasinato do deputado ultra monárquico José Calvo Sotelo.

17 de xullo. Sublevacións de tropas militares en Ceuta, Tetuán, Alhucemas e Melilla.

18 de xullo. Franco toma o mando das tropas sublevadas de Africa. Comeza a Guerra Civil.

[editar] Período da guerra civil

20 de xullo. Morre o xeneral Sanjurjo en accidente de aviación.

24 de xullo. Constitución dunha Xunta de Defensa Nacional polos insurrectos.

3 de agosto. Franco é nomeado membro da Xunta de Defensa.

27 de setembro, liberación do Alcázar de Toledo.

1 de outubro, nomeado en Burgos, Xefe do Estado e Xeneralísimo das forzas armadas.

18 de novembro, Alemaña e Italia recoñecen o goberno de Burgos.

20 de novembro, execución en Alacante de José Antonio.

20 de decembro. Expulsión de Fal Conde

do 8 o 18 de marzo. Batalla de Guadalaxara

18 de abril. Créase un partido único da FET e das JONS

25 de abril. Encarceramento de Manuel Hedilla, xefe dos falanxistas.

26 de abril. Bombardeo de Guernica

17 de maio. Negrín, xefe do Goberno republicano

3 de xuño. Accidente mortal do xeneral Emilio Mola

19 de xuño. Toma de Bilbao

1 de xullo. Pastoral colectiva dos bispos españois

Do 5 o 28 de xullo. Batalla de Brúnete

26 de agosto. Santander cae no bando dos nacionais

19 de outubro. Toma de Xixón

15 de decembro. Batalla de Teruel, comezo.

1 de febreiro. O primeiro Goberno de Franco

9 de marzo. Foro do Traballo dos españois

25 de xullo. Batalla do Ebro, comezo.

28 de outubro. Morte de seu irmán o aviador Ramón Franco.

26 de xaneiro. Toma de Barcelona polas tropas de Franco.

4 de febreiro. Toma de Xirona

11 de febreiro. Lei das Responsabilidades politicas.

27 de febreiro. Francia e Inglaterra, recoñecen o réxime de Franco.

14 de marzo, Hitler ocupa a Checoeslovaquia.

27 de marzo. As tropas franquistas entran en Madrid. España adhire ao Pacto antikomintern

1 de abril. Remate da guerra.

Ver artigo principal: Cronoloxía do Franquismo


Túmulo de Francisco Franco
Túmulo de Francisco Franco

[editar] Ver tamén

[editar] Ligazóns externas

[editar] Referencias

  1. 12-19 agosto de 1917: Folga xeral nacional organizada pola CNT-UGT na esperanza dun cambio radical de réxime político. Eduardo Dato ten entón o poder. Sabadell, Madrid, Bilbao, en Alacante... , o exército intervén, causando a morte de varias decenas de obreiros; en Asturias, a folga prolóngase ata setembro. A represión baixo o mando do xeneral Burguete, apoiado polo comandante Francisco Franco, coa intervención, por primeira vez, de tropas marroquís mercenarias.
Ferramentas persoais