José Calvo Sotelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escultura de José Calvo Sotelo. Detalle do monumento erixido en Madrid en 1960, proxectado polo arquitecto Manuel Manzano Monís e o escultor Carlos Ferreira, e feito en granito galego por este último.

José Calvo Sotelo, nado en Tui o 6 de maio de 1893 e finado en Madrid o 13 de xullo de 1936, foi un político e xurisconsulto dereitista galego, ministro de Facenda do Goberno do Estado entre 1925 e 1930, durante a Ditadura de Primo de Rivera.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exiliado durante os primeiros anos da Segunda República, non obstante foi elixido deputado en todas as lexislaturas, incorporándose ao seu escano logo duna amnistía durante o bienio radical-cedista en 1934. Destacou como líder monárquico a través do partido Renovación Española, aínda que non mantivo boa relación coas outras forzas da dereita: a maioritaria, partidaria de contemporizar coa República (CEDA) e as minoritarias, entre as que estaba Falange Española.

No turbulento período entre febreiro e xullo de 1936, foi protagonista varios debates nas Cortes nos que solicitou ao Goberno que restablecese a orde pública, reclamando que, en caso contrario, tal tarefa debería ser asumida polo Exército. Logo de fortes enfrontamentos parlamentarios, recibiu ameazas de Dolores Ibárruri La Pasionaria (16 de xuño), e indubidablemente de Ángel Galarza (1 de xullo). Na madrugada do 13 de xullo de 1936 un grupo de gardas de Asalto e militantes socialistas, dirixido polo capitán da Garda Civil Fernando Condés detívoo no seu domicilio e introduciuno no interior dunha camioneta da garda de Asalto onde Luis Cuenca, militante das Xuventudes Socialistas e gardacostas de Indalecio Prieto, o asasinou a sangue frío disparándolle dous tiros na caluga, en represalia polo asasinato do esquerdista tenente de Asalto Castillo, que tivera lugar horas antes. Un dos efectos do seu asasinato foi decidir a quen, como o xeneral Francisco Franco, mantiñan aínda dúbidas sobre se debían sublevarse contra o Goberno de forma inmediata. Na posguerra foi honrado como Protomártir da Cruzada[1] ou Protomártir del Movimiento Nacional.[2]Foi apelado tamén o Matteotti español.

Infancia e xuventude[editar | editar a fonte]

Casa natal de José Calvo Sotelo, en Tui.
Tui Jose Calvo Sotelo 01-02.jpg

Fillo dun xuíz, Pedro Calvo Camina, e de Elisa Sotelo Lafuente, a profesión de seu pai fixo que tivera que cambiar frecuentemente de residencia durante a súa infancia e primeira xuventude. Durante a súa estadía en Zaragoza, en cuxa universidade se licenciou en Dereito con nota media de matrícula de honra, José Calvo Sotelo colaborou asiduamente no diario católico El Noticiero de fundou unha revista universitaria titulada La Es...coba, que só durou uns meses. Un novo traslado de seu pai, esta vez a Madrid, permitiulle doutorarse na Universidade Central cunha tese titulada El abuso del derecho como limitación del derecho subjetivo, publicada en 1917 con prólogo de Gumersindo de Azcárate, obra na que mostraba a súa preocupación polos asuntos sociais. Foi o primeiro autor en escribir en español sobre o tema; en 1942 o Tribunal Supremo utilizou por primeira vez esta doutrina.

Recibiu o premio extraordinario de doutorado xunto con Felipe Sánchez Román, sendo invitado polo político conservador Ángel Ossorio y Gallardo a escribir en Vida Ciudadana, órgano do maurismo no Ateneo de Madrid. A súa entrada no Ateneo permitiulle tomar parte activa nos debates que alí se celebraron, mantendo fortes polémicas con personaxes como Ángel Galarza e Manuel Azaña. A partir de aquí Calvo participou en diversos mitins e actividades mauristas, sendo un dos principais impulsores da súa mutualidade obreira e plasmando a súa preocupación sobre o tema nun folleto titulado El proletariado ante el socialismo y el maurismo.

En 1915 obtivo por oposición unha praza de oficial letrado do Ministerio de Gracia y Justicia. En xuño de 1916 sacou a oposición de avogado do Estado, co número un da súa promoción e unha puntuación sen precedentes (40 puntos). Desde 1917 foi profesor auxiliar na Universidade Central, na que cesou, a petición propia, en 1920. Durante o breve período que permaneceu en Toledo como avogado do Estado coñeceu a Enriqueta Grondona, coa que casou o 28 de xuño de 1918.

Membro da secretaría persoal de Antonio Maura durante o goberno de concentración que este presidiu en 1918 (o denominado Goberno Nacional, maio-novembro de 1918), Calvo Sotelo traballou daquela nun ambicioso proxecto de reforma do réxime local, que non chegou a ser debatido, pero que lle serviría máis tarde, durante a Ditadura de Primo de Rivera. Logo dun primeiro fracaso electoral nos comicios de 1918, que lle permitiu ver como funcionaba o caciquismo en Galicia, en 1919 obtivo acta de deputado por Carballiño, distinguíndose nas Cortes polas súas duras críticas contra o caciquismo e a súa preocupación polos problemas sociais. Este mesmo ano asinou o manifesto da Democracia Cristiá, promovido por Severino Aznar, conseguindo que o seu programa social fora recollido polo maurismo.

A crise de Goberno de decembro de 1920 e a convocatoria de novas eleccións, fixeron que Calvo Sotelo perdera a súa acta nunhas eleccións moi disputadas nas que o Goberno desautorizou a testemuña presencial de varios notarios para favorecer ao seu candidato. Porén, o asasinato de Eduardo Dato e o desastre de Annual volveron cambiar o panorama político, e Maura volveu á presidencia do Consello en agosto de 1921, nomeando o 3 de setembro a Calvo Sotelo gobernador civil de Valencia, posto no que permaneceu ata o 11 de abril de 1922.

Un novo intento electoral polo distrito de Noia en 1923 no obtivo mellores resultados que o anterior. É de destacar o anticaciquismo radical e o carácter galeguista da proclama coa que tratou de alentar aos seus partidarios despois da derrota[3]

Calvo Sotelo e a Ditadura de Primo de Rivera[editar | editar a fonte]

Coa toma do poder por parte de Primo de Rivera e logo da previa autorización de Maura, Calvo Sotelo aceptou ser nomeado Director Xeral da Administración, cargo do que tomou posesión o 22 de decembro de 1923. Os argumentos rexeneracionistas utilizados por Primo de Rivera para derribar o réxime parlamentario encontraron eco na teoría política de Calvo Sotelo:

Mis convicciones políticas son democráticas. Creía y creo en la necesidad del Parlamento; creía y creo en el Sufragio, pero, precisamente por eso, abominaba del régimen político imperante. Régimen que representaba un escarnio del Parlamento, una prostitución del sufragio... Y cuando el general Primo de Rivera irrumpió en la vida pública española, vi en él un factor providencial de saneamiento. Este hombre -pensé- viene a hundir para siempre los viejos procedimientos.


¿Qué importa el medio? Ayudémosle.
José Calvo Sotelo: Mis servicios al Estado, Madrid, imprenta clásica española, 1931, p. 7

Director Xeral da Administración[editar | editar a fonte]

A obra máis significativa de Calvo Sotelo como director xeral da Administración foi o Estatuto Municipal, publicado o 8 de marzo de 1924, froito da concepción que Calvo Sotelo tiña do Municipio como "hecho social de convivencia anterior al Estado y anterior también, y además superior, a la ley. Esta ha de limitarse, por tanto, a reconocerlo y ampararlo en función adjetiva [...] Afirma, pues, el nuevo Estatuto, la plena personalidad de las entidades municipales, y, en consecuencia, reconoce su capacidad jurídica integral en todos los órdenes del derecho y de la vida". Ademais, sempre segundo Calvo Sotelo, "el Estatuto descansa en una concepción optimista del pueblo español. La ley derogada, con su criterio centralizador y absorbente, oponía al ciudadano un muro muchas veces infranqueable. Rota la traba, las energías locales, antes cohibidas, podrán ahora desenvolverse ampliamente."

O Estatuto tiña tres aspectos fundamentais:

  1. O desexo de democratizar a vida local. Para iso rebaixaba o voto aos 23 anos; establecía a representación proporcional nos concellos; outorgaba o voto ás mulleres emancipadas e cabezas de familia; garantía o segredo do voto mediante cabinas; establecía o referendo municipal para certas cuestións, incluída a remoción do alcalde... Non obstante, non todos os concelleiros se elixían por sufraxio, senón que propuña que unha terceira parte fosen corporativos.
  2. O aumento das competencias e obrigas dos concellos, que podían organizarse segundo desexaran, optando por fórmulas que ían desde o concello aberto ao réxime de carta. Os concellos poderían mancomunarse libremente incluso pertencendo a distintas provincias, e tamén fusionarse ou separarse con permiso das respectivas deputacións provinciais. Entre as novas competencias estaba a capacidade para construír ferrocarrís, abordar empresas urbanísticas, "acordar a municipalización, incluso con monopolio, de servizos e empresas que hoxe viven nun réxime de liberdade industrial", para o que se permitirían as oportunas expropiacións. Entre as obrigas recollíase a de secundar as leis sociais sobre casas baratas, retiro obreiro e seguros de enfermidade; a de facilitar locais para escolas e vixiar a asistencia á mesma, así como o coidado da hixiene, a repoboación forestal, etc.
  3. A reforma da Facenda municipal, desenvolvida por Antonio Flores de Lemus, que prevía a formación de presupostos extraordinarios para impulsar iniciativas de interese público, permitindo aos concellos a emisión de débeda para facerlles fronte. Ao mesmo tempo aumentábanse os seus recursos ordinarios e creábase un arbitrio sobre os terreos incultos ou deficientemente cultivados.

O Estatuto, porén, viuse adulterado polo feito de que as disposicións relativas á elección dos membros da corporación municipal nunca chegaron a poñerse en práctica.

Un ano máis tarde, o 20 de marzo de 1925, promulgábase o Estatuto Provincial, que contemplaba a provincia non como unha circunscrición ao servizo do Estado, senón ao servizo dos concellos que a integraban. Limitábase o poder dos gobernadores civís e os concellos podían chegar a disolver as deputacións provinciais. Na parte electoral e facendística seguíanse as pautas marcadas polo Estatuto Municipal.

Dentro do Estatuto Provincial, había un título dedicado á Rexión, que foi aprobado grazas á insistencia de Calvo Sotelo, pois Miguel Primo de Rivera reaccionara en sentido unitario, esquecéndose do seu inicial fervor rexionalista, que lle valera en 1923 a adhesión entusiasta dos cataláns (Primo de Rivera disolveu en 1925 a Mancomunidade de Cataluña, único órgano administrativo supraprovincial desenvolvido ao amparo da Lei de Mancomunidades Provinciais aprobada por Dato en 1913). Segundo o texto, para constituír unha rexión era necesario que a iniciativa fora apoiada polas tres cuartas partes dos concellos que representasen polo menos as tres cuartas partes da poboación das provincias interesadas, logo o proxecto de estatuto tería que ser ratificado pola mesma maioría, e pasaría ao Goberno para a súa redacción definitiva, na que contaría coa asistencia do Consello de Estado. As súas atribucións serían as do Estado "que non sexan consubstanciais coa súa soberanía" e tivesen ámbito rexional. Cada Rexión contaría coa súa propia asemblea deliberante, cuxas tres cuartas partes, como mínimo, terían que ser elixidas por sufraxio universal. Garantíase a xurisdición do Tribunal Supremo da Nación en todos os asuntos de índole civil e penal, así como a acción pública gratuíta para reclamar contra os actos administrativos da Rexión. O Goberno podería disolver unha Rexión por causas graves de orde pública ou seguridade nacional, aínda que esta medida debería ser ratificada polas Cortes.

En calquera caso, e aínda que louvaba os ímpetos rexionalistas que vía xa desenvolverse en Valencia e Galicia, Calvo Sotelo mostraría posteriormente o seu rexeitamento absoluto a calquera veleidade federalista que puxese en dúbida a unidade de España:

¡Ay de España si bajo la apariencia exquisita e inofensiva muerde la hiel del encono y toma raíces un afán federalista que puede concebirse allí donde, por preexistir la desintegración, importa mucho vincular y hermanar, pero que suena a dislate donde, preexistiendo la unidad, no cabe federar sin previa fractura, que probablemente no tendría luego soldadura espiritual ni física!

Ministro de Facenda[editar | editar a fonte]

Calvo Sotelo foi nomeado ministro de Facenda en decembro de 1925. O seu apoio aos corpos técnicos e administrativos de Facenda, conseguiu aumentar a súa eficacia. O 24 de decembro de 1925 presentou ante o Consello de Ministros tres proxectos de decreto destinados a perseguir o fraude fiscal, o máis famoso foi o que dispuña que todos os propietarios debían declarar en tres meses o valor verdadeiro das súas fincas rústicas e urbanas. Pasado dito prazo, se se comprobaba que o valor declarado era inferior en máis dun 50 por cento ao real, o Estado podería proceder á expropiación forzosa mediante o pago dunha indemnización que non podería exceder do valor declarado polos propietarios en máis dun 15 por cento. O rebumbio levantado por tal proxecto de decreto foi inmenso, facendo que a Calvo Sotelo o denominaran o "ministro bolxevique". Primo de Rivera viuse tan presionado que optou por dar marcha atrás, pero negouse a aceptar a dimisión de Calvo, que defendeu o seu punto de vista nun discurso pronunciado na Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación baixo o título La contribución y la riqueza territorial de España. Un real decreto de 25 de xuño de 1926, que aumentou os tipos impositivos da contribución territorial, pero sen aumentar as súas bases, pode considerarse unha solución de compromiso, que permitiu aumentar a recadación por este concepto de 161 millóns de pesetas en 1923-1924 a 210 de 1929.

O 18 de xaneiro de 1927 Calvo Sotelo publicaba en La Gaceta de Madrid o seu proxecto de reforma fiscal, sobre o que se abriu un prazo informativo de tres meses. O "Imposto sobre rendas e ganancias", precedente directo do actual IRPF, gravaba a todos os contribuíntes segundo os seus ingresos, conforme a una escala progresiva, pois buscábase a igualdade do sacrificio, que, para Calvo Sotelo, "é a verdadeira esencia, a medula, a raíz, da equidade e da xustiza tributaria". [4] Igual que noutras ocasións, o debate suscitado fixo que Calvo Sotelo non lograse levar adiante os seus designios, aínda que si puido efectuar varios retoques nas vixentes tarifas de utilidades.

Se a política económica de Primo de Rivera fose de contención do gasto público, tal vez a maior eficacia recadatoria e o moderado aumento da presión fiscal terían sido suficientes para equilibrar o presuposto. Pero non era este o caso. O goberno estaba embarcado nunha política expansiva que, xunto aos seus posíbeis efectos positivos á hora de impulsar a economía nacional e crear emprego, supuxo un forte aumento dos gastos. Era necesario conseguir maiores ingresos e para iso os medios postos en marcha foron os seguintes: a) ordenación da Débeda existente; b) financiamento do aforro público con emisións de fondos públicos; c) creación dun sistema bancario de tipo público especializado; d) fomento do aforro cunha completa consolidación da alta Banca privada española. [5]

O instrumento primordial usado polo goberno para pór en marcha un ambicioso plan de obras e servizos que se debía desenvolver ata decembro de 1936 foi a emisión de débeda pública a través do denominado "presuposto extraordinario". O seu plantexamento teórico era moi sinxelo. O atraso en que se encontraba España obrigaba ó Estado a emprender un ambicioso plan de inversións que permitise dotar ó país, coa máxima rapidez posible, de camiños, escolas, ferrocarrís, escuadra, etc. Non atender ditas necesidades sería, en opinión de Calvo Sotelo, conseguir "la solvencia de la ruina, y digo la ruina, porque cuando se suprime lo indispensable para la vida, muere el ser que así aspira a ser solvente".[6] Agora ben, os gastos que tal política supuña desbordaban con moito os ingresos ordinarios do fisco. Por tanto a solución plantexada era crear un presuposto adicional, no que se consignarían os gastos a que dese lugar esta política, e a cuxas necesidades se faría fronte mediante a emisión de débeda, contabilizándose os intereses da mesma dentro dos pagos do presuposto ordinario. A polémica en torno ó presuposto extraordinario e á correcta interpretación económica do mesmo iniciouse no momento da súa creación, e chegou ata a actualidade. O feito de que o presuposto extraordinario se financiase por medio de emisións de débeda creou tamén unha polémica sobre se o estado en que recibiu a Facenda Pública Calvo Sotelo foi mellor ou peor do que legou ós seus sucesores (considerando que durante a súa estancia no Ministerio tamén levou a cabo unha importante amortización da débeda de períodos anteriores). O tema foi estudado con detemento por Francisco Comín, que conclúe que o estado da Facenda ó finalizar a ditadura era moito mellor que o recibido por esta. [7]

"Dentro do marco, un tanto negativo, da política industrial e comercial da Ditadura, aparece un punto evidentemente luminoso: a creación do Monopolio de Petróleos", sinala o profesor Velarde ao referirse a unha das no seu día máis criticadas iniciativas de Calvo Sotelo[8]. A medida deu lugar a episodios como a visita a Calvo Sotelo e a Primo de Rivera de sire Henry Deterding, presidente do grupo Shell, co fin de conseguir que o goberno español dese marcha atrás na súa resolución (ao non conseguilo ameazou cun embargo de petróleo que deixaría España sen subministros durante un ou dous anos, ameaza que puido eludirse grazas aos acordos que a ditadura asinou coa Unión Soviética). O propósito de Calvo Sotelo non era unicamente a creación dun monopolio mediante o que o Estado quedase cos beneficios da distribución de combustible, senón que os seus obxectivos ían máis aló, considerando que CAMPSA debía acometer outras actividades, como a adquisición de xacementos petrolíferos, a construción dunha flota de petroleiros, a posta en marcha de refinerías, etc.

A creación dun sistema bancario de tipo público especializado foi outro dos obxectivos perseguidos por Calvo Sotelo durante a súa permanencia no Ministerio de Facenda. Dentro das iniciativas desenvolvidas neste aspecto, sen dúbida a máis importante foi o Banco Exterior de España ("una de las obras de que más me ufano", como escribiría posteriormente o seu impulsor), aínda que tampouco debe esquecerse o Banco de Crédito Local, xurdido antes desta etapa, en 1925, nin as reformas efectuadas no Banco Hipotecario e o Banco de Crédito Industrial. Tamén a el se lle debe a implantación do seguro contra as perdas que puidese ocasionar a exportación de mercadorías españolas, para o que se harmonizou a acción das compañías de seguros, o Banco Exterior e o Estado.

Máis polémica ca estas medidas foi o intento de Calvo Sotelo de manter a cotización da peseta, que tras incrementar notablemente o seu valor durante os primeiros anos da Ditadura, iniciou un rápido descenso axiña que esta pareceu empezar a ter problemas políticos, pois un dos grandes problemas da Ditadura foi a súa falta de consolidación institucional. Primo de Rivera presentara o réxime como unha forma de goberno provisional, "unha letra a noventa días”, que había ir renovándose, pero que non dera lugar a unha nova configuración do Estado. A Constitución de 1876 non fora derrogada —tan só suspendida—, e os intentos do réxime de dotarse dunha nova carta constitucional foron estériles ante a oposición que atopou dentro do mesmo ministerio o proxecto elaborado pola Asemblea Nacional. A fórmula en que debía acharse unha saída política que permitise a consolidación e continuación da obra da Ditadura deu lugar en decembro de 1930 a duros enfrontamentos entre Miguel Primo de Rivera e José Calvo Sotelo, que cría que todo o que se fixese debía ser conforme os mecanismos políticos da Constitución de 1876. O resultado destas disensións, e do desgastar sufrido por Calvo Sotelo ante a opinión pública como consecuencia da devaliación da peseta (un 60 % durante o seu ministerio), foi que o 20 de xaneiro de 1930 o ditador admitiu a súa renuncia. O réxime tan só o sobreviviu unha semana, pois o 28 de xaneiro Primo de Rivera presentáballe a súa dimisión ao rei Afonso XIII

Calvo Sotelo fixo o seguinte xuízo acerca da súa xestión á fronte do Ministerio de Facenda:

Hallé una Hacienda averiada, exhausta, precaria. Por eso, hube de consagrarme inicialmente al refuerzo de ingresos, la poda de gastos y la mejora de los servicios. Modernicé la mecánica; simplifiqué la recaudación ; retoqué algunos tributos; hice comprensiva y flexible la inspección fiscal; luché denodadamente contra la ocultación; acrecenté el patrimonio del Estado, creando el Monopolio de Petróleos; extirpé la Deuda flotante, reduje el volumen de la Perpetua e intensifiqué la amortización de la restante consolidada; doté financieramente los grandes planes reconstructivos del país; di vida al Banco Exterior, agilidad al de Crédito Industrial, control al Hipotecario y realidad al Seguro de crédito a la exportación; remocé al legislación de Clases pasivas, mosaico de rutinas y arcaísmos; abrí cauce a una expansiva red de zonas francas; y legué a mis sucesores un proyecto de reforma tributaria cuyas directrices son inexcusables si aquélla ha de abordarse algún día, de acuerdo con las corrientes mundiales... Trabajé, en fin, sin tasa ni horario, con entusiasmo y austeridad. Satisfecho de mi labor, ni la exalto, ni la desprecio; simplemente la evoco para asociar a ella, de modo ostensible, toda mi responsabilidad.
Mis servicios al Estado, p. 434.

O último ano da Monarquía[editar | editar a fonte]

O 18 de febreiro de 1930 José Calvo Sotelo foi chamado á presidencia do Banco Central. A institución pasaba por momentos problemáticos, debidos, entre outras cousas, aos elevados préstamos efectuados a persoas que tiñan problemas para devolvelos, e que se sentaban no consello de administración da entidade bancaria. Finalmente, e despois de non lograr que prevalecesen os seus puntos de vista, Calvo Sotelo dimitiu o 15 de setembro.

O seu sucesor, Manuel Argüelles, realizou unha durísima crítica da súa xestión e procedeu, segundo as regras da economía clásica, a paralizar as inversións do Estado para tratar de enxugar o déficit. O resultado foi un significativo freo da actividade económica española que fixo que para García Delgado o "erro Argüelles" poda considerarse "máis importante que calquera pretendendido «erro Berenguer» ou «erro Aznar»”. A controversia entre ambos ministros, publicada orixinalmente en ABC, foi recollida por Calvo Sotelo en Mis servicios al Estado.

A feroz crítica contra todo o labor da Ditadura fixo que o 14 de febrero de 1930 sete ex ministros de Primo de Rivera, entre os que se encontraban o conde de Guadalhorce e Calvo Sotelo, se reunisen para estudar a posibilidade de crear un partido político que defendese e continuase a súa obra. A mediados de marzo Calvo Sotelo entrevístase con Primo de Rivera en París logrando ao parecer convencelo de que se presentara ás próximas eleccións. Pero non houbo ocasión, pois o ex ditador faleceu á mañá seguinte, asistindo Calvo Sotelo ao funeral e publicando en ABC un eloxioso artigo na súa memoria. O 24 de marzo unha nova reunión de varios ex ministros, á que se sumaron José Antonio Primo de Rivera, fillo do ex ditador, e José Gavilán, presidente do comité executivo da Unión Patriótica, decidiuse a creación da Unión Monárquica Nacional, cuxo manifesto fundacional apareceu o 5 de abril. Logo de sinalar que "a nosa adhesión á obra da Ditadura, no substantivo, non implica adhesión á esa modalidade de Goberno", concluíase afirmando: "a Unión Monárquica Nacional xulga necesarias aquelas modificacións legais que, sen merma das prerrogativas e funciones propias das Cortes e el Rey, tenden a afortalar o exercicio do Poder executivo".

Placa conmemorativa dun discurso dado no Carballiño en novembro de 1930.

No verán de 1930 a Unión Monárquica Nacional promove unha campaña de mobilización social sen parangón dentro dos partidos dinásticos. Calvo Sotelo participou nos actos de Asturias e Galicia, nos que falou xunto a José Antonio Primo de Rivera, sen que conste que naquelas datas existira a menor diferencia entre eles. Ambos estaban dentro da lista de 28 deputados que Guadalhorce desexaba pactar con Berenguer de cara ás seguintes eleccións a Cortes, que no chegaron a verificarse pola caída do Goberno Berenguer e as conseguintes eleccións municipais, onde as candidaturas republicanas se fixeron co trunfo nas grandes cidades. Na tarde do 14 de abril, despois de que as masas izaran a bandeira republicana no concello de Madrid, fronte ao que tiña o seu domicilio, e de que se lanzasen berros ameazadores contra a súa persoa, Calvo Sotelo abandona a capital con dirección a Portugal, cuxa fronteira cruza na mañá do día 15 en compañía de Yangüas Messía e Guadalhorce.[9]

A Segunda República[editar | editar a fonte]

O exilio (abril 1931 – maio 1934)[editar | editar a fonte]

Entrevistado polo lisboeta Diario da Manha en maio de 1931, poucos días despois da queima de conventos e edificios relixiosos en Madrid e outras localidades españolas, Calvo Sotelo non cría entón na posibilidade dunha restauración monárquica, pero amosou a súa preocupación polo ataque que acababa de sufrir a Igrexa Católica, atribuíndollo ao réxime republicano: "É grande, profundo en España, o sentimento católico. Se a república persiste en hostilizalo, ocasionaranlle enormes dificultades." Declarou tamén coma unha das súas preocupacións que o novo parlamento se convertese nunha cámara radical e sectaria: "Se no Parlamento español chegan a dominar os elementos extremistas, xurdirán días tráxicos para España. E iso é indispensable impedilo, custe o que custe [...] Os exclusivismos en política conducen sempre ás hecatombes." En canto á posibilidade de volver a España non a proxectaba de maneira inmediata, xa que os dous ministros da Ditadura que permaneceran en España foran presos "non por mandato xudicial, senón Gubernativamente".

A pesares de non poder regresar, Calvo Sotelo presentouse ás eleccións de xuño de 1931 e foi elixido deputado pola provincia de Ourense, publicando un manifesto aos electores:

Soy católico, y creo que, por serlo los más de los españoles, 'el Estado debe sostener el culto y el clero'. [...] Nada objeto a la libertad de cultos ya decretada, siempre que para la Iglesia sea libertad y no persecución. Así, habrá de reconocérsele: a)el derecho de enseñar y propagar la palabra de Dios; b)el de organizarse en Congregaciones sin límite que no sean el común. Votaré, por tanto, 'contra la escuela laica, la escuela única y la disolución y expulsión de las órdenes religiosas'. Finalmente, creo que la indisolubilidad del matrimonio, si adolece de inconvenientes notorios, libera, en cambio, a la sociedad de males gravísimos. 'Votaré contra el divorcio disolutorio'.

Soy avanzado en materia social y económica, mas no profeso el marxismo; [...] porque estimo esencial para el progreso humano el desenvolvimiento y difusión de la propiedad privada, y, en último término, porque hallo vital e insustituíble el fervor religioso en la ordenación económica de la vida social. Pero frente a la propiedad hay que exaltar, como fuente suprema de derechos y prerrogativas, otro principio: el trabajo.

El impuesto progresivo sobre la renta, la universalización -en riesgos y beneficios- del seguro social, el salario familiar, los arrendamientos colectivos de las fincas, el accionariado obrero, la limitación de los poderes financieros oligárquicos, etc., son postulados de mi ideología [...]

Yo no he votado la República, pero la quiso la mayoría de mis compatriotas, y la respeto [...] Pero 'desde fuera', debo opinar acerca de la estructuración de la naciente República, y anuncio que votaré a favor de la República de tipo "presidencialista", en que el jefe del Estado sea elegido por sufragio universal directo, y el Parlamento, por grandes circunscripciones y conforme al sistema de la representación proporcional, en su Cámara popular, y por los intereses espirituales, económicos y profesionales del país, en su Cámara alta.

No admito la Confederación. El Federalismo me parece inadecuado. 'Estimo sagrada la unidad patria, pero compatible con ella la autonomía regional', sobre la que habla, con autoridad notoria, un texto legal que yo redacté: el libro III del Estatuto provincial, que admite la región [...] y la define con enorme amplitud al reconocerle todas las atribuciones que el Estado no deba reservarse 'consustanciales con su soberanía'.

A esos preceptos me ciño: Nación, sólo una: España; Estado, sólo uno: el español. Y dentro de él las regiones que se quiera, con autonomía plena, intensa y profunda, pero sin romper jamás el cordón umbilical que debe unirlas a la madre patria.
Publicado originalmente en La Región, 21-VI-1931 y recogido por Julián Soriano Flores de Lemus: Calvo Sotelo ante la II República. Madrid, Editora Nacional, 1975, pp. 156-158.

Calvo tiña grandes esperanzas de poder regresar a España en virtude da súa acta de parlamentario, xa que ata o de agora a elección no sufraxio indultaba de calquera posible delito político, como xa ocurrira tras as eleccións de 1918 con Besteiro (presidente das Cortes de 1931) e Largo Caballero (membros do comité revolucionario na folga xeral de 1917 e condenados a cadea perpetua). O asunto discutiuse no Consello de Ministros, onde Niceto Alcalá Zamora, Manuel Azaña, Diego Martínez Barrio e Francisco Largo Caballero quedaron en minoría ao sustentar a doutrina de que non se debía prender un diputado, acordando que foran finalmente as Cortes as que decidisen, para o cal foi creada a Comisión de Responsabilidades, un tribunal especial composto por diputados para xulgar a aqueles que colaboraran coa Ditadura, feito que non foi ben recibido por Calvo Sotelo, quen cría que as responsabilidades que puidera haber deberían ser xulgadas por un tribunal composto por maxistrados. A partir de aquí a postura de Calvo cara ao novo réxime endureceuse enormemente, e non tardou en comezar a falar da "Ditadura republicana", xa que na súa opinión as ditaduras "non se definen polo órgano, senón polo procedemento".

Aínda por riba, Calvo Sotelo foi obxecto dun segundo suplicatorio nas Cortes, pois foi denunciou por concederlle a Juan March o monopolio de tabacos nas prazas de soberanía española de África. Calvo Sotelo opúxose publicamente á existencia deste monopolio, que ao final se adxudicou por decisión de Primo de Rivera. Ademais, como puxo de manifesto Gil Robles na sesión secreta das Cortes de 8 de xuño de 1932 o canon imposto por Calvo Sotelo a March era maior có que o novo ministro de Facenda, Prieto, acababa de imporlle ao novo concesionario, co que mal podía exporse que con aquel contrato se prexudicara os intereses do Estado. No fondo o ataque nesta ocasión non ía dirixido contra Calvo Sotelo, senón contra March, que acabou dando cos seus ósos no cárcere, acusado de utilizar o monopolio para efectuar contrabando de tabaco a gran escala na península, aínda que outras fontes afirman que a causa foi a súa negativa a financiar os republicanos en 1930.[10]

Condenado por un delito de "auxilio á alta traizón" a doce anos de confinamento en Santa Cruz de Tenerife e vinte de inhabilitación, con perda de dereitos pasivos, Calvo Sotelo, que publicara anteriormente o seu defensa en Ao Tribunal Parlamentario de Responsabilidades, tomou de novo a pluma para mostrar a preocupación que sentía ante a deterioración que, ao seu xuízo, estaba sufrindo a convivencia política entre os españois:

De fraternidad es testimonio este folleto, como es inri el fallo que lo motiva. En una fraternidad cristiana y generosa estriba la futura felicidad española. Pero esa fraternidad no cuenta para los hombres fríos e implacables que ahora dominan. Sus plumas enconadas mojan en toda suerte de hieles: la hiel de la envidia, en aquellos soliloquios de antaño que incubaron el despecho; la hiel de la soberbia, en estos pseudodiálogos de hogaño, presididos por el látigo. Su musa es salobre y, por ende, estéril. Donde toca, brota el incendio que devasta en vez de purificar: llamas rojas de codicia, llamas vivas de angustia, llamas crepitantes de iracundia. El reguero es ceniza, desilusiones, estertores, miseria. Más encono en las pasiones, más pavor en los presentimientos, más dureza en el trato, más distancia entre las clases, más barbarie en la atmósfera... Adónde vamos, adónde se nos lleva? Venimos de la Fraternidad y se nos quiere conducir al canibalismo demagógico. Para ello, el desmoche implacable, calenturiento, que poco a poco va sofocando la cordialidad, la efusión , todo aquello, en fin, que gozado es el encanto de la vida, y perdido, su maldición.

[...] Frente a la escalofriante realidad contemporánea, no parece difícil presagiar el fallo severo de la Historia. Ante ella, el período 1923-1930 se simbolizará en estos nombres: Alhucemas, Exposiciones; el período 1931-32, en estos otros: Castilblanco, Villa Cisneros. Paz, paz y paz, entonces; guerra, guerra y guerra, ahora.

Y en esta guerra civil, pero incivil, nuestra condena será un eslabón más de la cadena represálica y maldiciente. Un simple eslabón...
José Calvo Sotelo en su prólogo a Las reponsabilidades políticas de la Dictadura. Madrid, San Martín, 1933, pp. 23-47.

Mentres ocorrían estes sucesos, Calvo Sotelo desprazara a súa residencia (e a da súa familia) de Lisboa a París, establecéndose no Hotel Mont-Thabor. Na capital de Francia tivo ocasión de entrar en contacto con Charles Maurras, ideólogo do partido monárquico lexitimista, católico e ultraconservador Action Française, que segundo Eugenio Vegas Latapie, o gran impulsor de Acción Española, exerceu unha gran influencia sobre el, unha tese recoñecida case unanimemente, aínda que esta tese foi modernamente cuestionada por González Cuevas, para quen "é sobradamente dubidoso que unha doutrina tan profundamente culturalista e allea ás realidades de carácter socioeconómico como era o tradicionalismo maurrasiano exercese unha influencia determinante sobre o pensamento dun home que obedecía, ante todo, a criterios de orde pragmática". [11]. Calvo Sotelo, en París, estivo aberto a todo o pensamento político francés (non só o de Maurras), e tamén ao influxo de cantas doutrinas chegaban de Europa, e moi especialmente ao fascismo. Entre os seus modelos políticos atopábase tamén Roosevelt, de cuxo New Deal se amosa fervente admirador en diferentes textos.

En Francia Calvo Sotelo xoga un relevante papel entre os políticos monárquicos exiliados, ao participar de xeito activo nos intentos de chegar a unha fusión dinástica entre carlistas e afonsinos, acordo de fusión que se vía favorecido pola falta de descendencia dos pretendentes carlistas. Non era con todo Calvo Sotelo un político cómodo para Afonso XIII, pois aínda que sempre defendera a súa figura, consideraba que se a monarquía caera en 1931 era debido a unha serie de defectos que había que corrixir: "se algún día muda España o seu réxime, nunca será para unha «restauración», senón para unha «instauración». Isto é, que a Monarquía, aínda que retorne, non podería volver ser «en nada, absolutamente en nada», o que era a que pereceu en 1931".[12] Ademais, Calvo Sotelo consideraba necesario que Afonso XIII abdicase no seu fillo Juan de Borbón y Battenberg, pois iso faría máis doada a volta da monarquía.

En agosto de 1932 Calvo seguiu con interese o pronunciamiento de Sanjurjo, aconsellando o xeneral Barrera que acudise no seu apoio e implicándose posteriormente en varias conspiracións monárquicas. En febreiro de 1933 Calvo Sotelo trasladouse a Roma, onde se entrevistou con Balbo e Mussolini para tratar de conseguir que apoiasen as iniciativas monárquicas, aínda que non parece que estas entrevistas desen, polo menos nese momento, excesivos froitos.

Durante a súa estadía no estranxeiro Calvo, a quen se lle retirou o seu soldo de asesor do Banco de España, gañou a vida como xornalista, e remitiu gran cantidade de artigos a numerosos xornais, grazas aos que puido conseguir ingresos equivalentes ao soldo que no seu día tivera como ministro. [13]

En setembro de 1933 Calvo Sotelo foi elixido polos colexios de avogados membro do Tribunal de Garantías Constitucionais, e a pesar do cal tampouco se lle permitiu volver a España.

Volta a España e creación do Bloque Nacional[editar | editar a fonte]

Elixido de novo deputado nas eleccións de 1933, e malia obter acta pola Ourense e pola Coruña, Calvo Sotelo non puido volver de contado á Península, xa que a CEDA non se atreveu a tratar de sacar adiante a súa incorporación ás Cortes sen o visto e prace do Partido Radical, que prefería agardar unha amnistía máis ampla, na que tamén foron incluídos os sublevados da sanjurjada e os anarquistas e comunistas que participaran en diversas revoltas armadas contra a República. Finalmente foille concedida a amnistía o 30 de abril, isto permitiu que na madrugada do 4 de maio fixese a súa entrada na capital de España.

O 8 de maio a súa acta discutiuse no Congreso, onde foi aprobada co voto en contra dos socialistas, e o 22 realizouse un sorteo para determinar cal era a provincia á que debía representar, que volveu ser a de Ourense. Xa con anterioridade, o día 11, asinara a súa primeira proposición parlamentaria, na que se solicitaba instar o Goberno a nivelación parlamentaria, e o día 18 tomara parte no seu primeiro debate nas Cortes, onde antes de pronunciar o ritual "señores deputados" non puido por menos de exclamar: "todo chega na vida". [14]

Aínda que Calvo Sotelo se integrou nas Cortes na minoría de Renovación Española (o partido dirixido por Antonio Goicoechea), o aviador monárquico Juan Antonio Ansaldo, que daquela dirixía as represalias de Falange, foino visitar na compaña de Ruíz de Alda para ver se era posible que se integrase en Falange. Mais, se ben Calvo Sotelo "estaba propicio a isto" Primo de Rivera "endexamais puido admitir a posibilidade de alternar, de igual a igual, co que foi relevante figura no Goberno do seu pai. De mala gana, quizais o podería ter aceptado como colaborador subordinado, pero pesáballe a compaña de quen con prestixio paralelo ao seu, arrastraba co seu nome compromisos tradicionais irrompibles!. Ademais dos celos de José Antonio, e sempre segundo Ansaldo, había "unha razón fonda e máis poderosa aínda", que aos poucos ía facendo inevitable a ruptura entre a Falange de José Antonio e a que desexaban Ansaldo e outros elementos afíns: "José Antonio non era monárquico".[15] Ramiro Ledesma, no seu libro ¿Fascismo en España? ofrece unha versión lixeiramente distinta destes feitos, formulando que Calvo Sotelo solicitou entrar no partido e que José Antonio se negou a iso, versión que ten sido copiada por diversos autores, mais cuxa fonte non foi protagonista directo das negociacións, como si o foi Ansaldo.

Ao ter permanecido máis de tres anos fóra de España, a inserción de Calvo Sotelo nun posto de primeira fila dentro da vida política española non resultaba doado. Tal e como lle dixo o conspirador monárquico Sáinz Rodríguez antes de que abandonase París: "A túa situación é a dun cantante eminente que chega a unha cidade onde todos os teatros están alugados. Ti non podes ser o xefe de Renovación, isto é, da minoría monárquica, porque xa o é Goicoechea. Non podes presidir o posibilismo de certas dereitas cara á República, porque xa o está a facer Gil Robles. O achegamento cara a fórmulas de tipo fascista con modalidade nacional tampouco, porque é o que trae entre mans Primo de Rivera. De xeito que, para que ti poidas actuar libre e eficazmente, cómpre procurarmos unha fórmula pola cal, sen bater con todos estes elementos, teñas unha liberdade de movementos e unha personalidade de teu".[16] O 14 de xuño, nunha entrevista concedida a ABC, Calvo Sotelo formulou a necesidade de articular un "bloque ou alianza" coas forzas da dereita antirrepublicana que non aceptaban a Constitución de 1931, pero malia que mantivo varias conversas ao respecto a iniciativa non se puxo publicamente en marcha ata despois dos sucesos revolucionarios de outubro de 1934. O manifesto fundacional, difundido no mes de decembro, contaba con sinaturas de deputados tradicionalistas e de Renovación Española, así como coa de José María Albiñana e algúns independentes que nos meses anteriores se afastaran da CEDA e os agrarios, grupos aos que non se logrou atraer á nova coalición, como tampouco aos falanxistas, co que o obxectivo de crear unha gran formación contrarrevolucionaria quedou case na nada. Iso si, entre os asinantes había un nutrido grupo de aristócratas e algúns intelectuais, como o premio Nobel Jacinto Benavente, Ramiro de Maeztu, José María Pemán e Julio Palacios. Doutra banda, a formación foi acollida case con igual desconfianza nos sectores maioritarios de Renovación Española e do carlismo, polo que nunca foi excesivamente operativa, aínda que si serviu para que Calvo Sotelo e os seus máis íntimos colaboradores puidesen manter unha ampla actividade política fóra das Cortes, onde tamén interviña con frecuencia.

En decembro de 1935, cando Alcalá Zamora, tras a dimisión de Chapaprieta, volveu a non pedir ao líder da CEDA, Gil Robles, de cuxa lealdade cara á República desconfiaba, malia ser a CEDA o partido con máis deputados das Cortes, Calvo Sotelo, que se atopaba na cama con ciática, enviou a Ansaldo para que falase con Franco, Fanjul e Goded co fin de que se opuxesen ao que el consideraba "un golpe de Estado presidencial". Ansaldo só puido falar co tenente coronel Valentín Galarza, que lles transmitiu a súa mensaxe aos devanditos militares, que estaban reunidos estudando o tema, pero que se mantiveron dentro da legalidade debido á opinión de Franco, que consideraba que tras o precedente da resistencia obreira durante a revolución asturiana, o exército non estaba aínda preparado para o golpe.[17]

Alcalá Zamora estaba convencido da necesidade de convocar novas eleccións para lle dar solución á inestabilidade gobernamental,[18] pero desexaba que xurdise unha maioría moderada no canto dunha de dereitas ou de esquerdas, e para iso quería que estivese no poder o goberno máis adecuado. Deste xeito, encargoulle a formación do goberno a Manuel Portela Valladares. O intento de Alcalá Zamora de retrasar as reunións de Cortes para que o novo executivo tivese tempo de se consolidar antes de convocar eleccións resultou imposible debido a que Calvo Sotelo denunciou perante a comisión permanente da Cámara a actuación do Goberno e do Presidente da República, e deste xeito obrigouno a disolver as Cortes e convocar de seguido os comicios.

A Fronte Popular[editar | editar a fonte]

Xa antes de que se convocasen as eleccións de 1936 Calvo Sotelo pensara que era moi posible que se perdesen, e que en tal caso se producise unha sublevación militar, polo que mantivo unha entrevista con Franco na que lle pediu que os militares se alzasen antes da consulta electoral. "Eu o que creo é que, en resumidas contas, o Exército debe soportar o que saia das urnas", foi a resposta do xeneral.[19]

O resultado da primeira volta das eleccións de 1936 foi adverso ás dereitas, e as masas da Fronte Popular lanzáronse de inmediato á rúa para celebrar o triunfo e pór en liberdade os encarcerados como consecuencia da revolución de outubro de 1934. A situación do goberno de Portela non era fácil, pois se se reprimían as desordes podía haber vítimas mortais das que se lle pedise contas cando logo da segunda volta das eleccións se reunisen as Cortes e se formase un novo executivo. Tanto Franco como Gil Robles, Calvo Sotelo e o propio Alcalá Zamora pedíronlle a Portela Valladares que se mantivese no seu posto ata pasada a segunda volta electoral, promulgando para iso, se era necesario, o estado de guerra, que é o que se fixera en 1933, pero Portela optou por presentar a súa dimisión, polo que o 19 de febreiro Alcalá Zamora lle encargou a Azaña formar Goberno.[20]

Unha vez celebrada a segunda volta das eleccións, a comisión de actas das novas Cortes procedeu a estudar a forma en que se desenvolveron os comicios en cada circunscrición, e anulou numerosas actas das dereitas, incrementando así a Fronte Popular a súa maioría parlamentaria, pero cun custo dificilmente asumible polo sistema, pois como sinalou Alcalá Zamora. "Na historia parlamentaria de España, non moi escrupulosa, non hai memoria de nada comparable á Comisión de Actas de 1936". [21]. Entre as actas que inicialmente propuxeran anular as esquerdas achábanse as dúas obtidas por Calvo Sotelo, pero a enérxica defensa que fixo este ante a cámara, e as presións exercidas sobre Azaña por varios políticos do centro e do seu propio partido (especialmente Mariano Ansó), fixeron que a comisión cambiase o seu primeiro ditame e que a pesar da oposición de socialistas e comunistas, e dos berros de "Xustiza para os asasinos do pobo¡" lanzados por a Pasionaria, a acta se aprobase por cento once votos contra setenta e nove. O exemplo serviu para que tamén se respectase a acta de Gil Robles por Salamanca, igualmente cuestionada, pero entre as anuladas quedou a de Antonio Goicoechea, xefe de Renovación Española, o que aumentou o protagonismo de Calvo Sotelo, que pasou a converterse no xefe parlamentario da minoría monárquica.

Cando o 15 de abril Azaña compareceu ante as Cortes para defender o seu programa de Goberno, o primeiro dos discursos de réplica correu a cargo de José Calvo Sotelo, que fixo unha minuciosa relación de incidentes acaecidos desde as eleccións de febreiro ao afirmar que causaran máis de cen mortos e cincocentos feridos. Acto seguido sinalou as diferenzas existentes no seo da Fronte Popular, onde coexistían elementos burgueses e marxistas, e pediulle a Azaña que se esforzase en conseguir o mantemento da orde, petición na que foi secundado por un durísimo discurso de Gil Robles. A resposta de Azaña deixou en evidencia que o Goberno estaba disposto a primar a cohesión da Fronte Popular sobre o mantemento da orde. [22]

Dada a censura a que se vía sometida a prensa[Cómpre referencia], a reprodución dos discursos de Calvo Sotelo sobre as perturbacións da orde pública (táctica deseguido copiada por Gil Robles) era a única forma de que os xornais de dereitas lles desen a coñecer aos seus lectores o que ocorría en España. Unido iso ás súas reiteradas incitacións para que o exército, "columna vertebral da patria", restablecese a orde que, ao seu xuízo, o Goberno non podía ou non quería impor, o ex ministro converteuse no centro dos ataques da esquerda, sendo ademais un dos políticos dereitistas cuxos teléfonos estaban ilegalmente intervidos por orde de Azaña.[23]

As sesións parlamentarias do 16 de xuño e o 1 de xullo de 1936[editar | editar a fonte]

Non era a do 16 de xuño unha sesión onde o protagonismo debese caer sobre Calvo Sotelo, senón sobre Gil Robles, que presentara unha proposición en que se pedía "a rápida adopción das medidas necesarias para pór fin ao estado de subversión en que vive España", e que pronunciou un excelente discurso onde recolleu datos estatísticos sobre os disturbios habidos en España desde o triunfo da Fronte Popular, onde contabilizaba un total de 269 mortos e 1.287 feridos.

Tras unha breve intervención do socialista De Francisco tomou a palabra José Calvo Sotelo, quen cunha provisión de datos nel característica expuxo as súas teses sobre a desorde económica e a desorde militar imperantes en España. O líder monárquico postulaba, fronte á inoperancia do Goberno á hora de conciliar os diversos intereses da economía nacional ante o espírito de loita de clases impulsado polo marxismo:

...el concepto de Estado integrador, que administre la justicia económica y que pueda decir con plena autoridad: ‘no más huelgas, no más lock-outs, no más intereses usurarios, no más fórmulas financieras de capitalismo abusivo, no más salarios de hambre, no más salarios políticos no ganados con un rendimiento afortunado, no más libertad anárquica, no más destrucción criminal contra la producción, que la producción nacional está por encima de todas las clases, de todos los partidos y de todos los intereses”. (Aplausos.) A este Estado le llaman muchos Estado fascista; pues si ése es el Estado fascista, yo, que participo de la idea de ese Estado, yo que creo en él, me declaro fascista.

Posto que Casares Quiroga (que ademais de Presidente do Goberno tras o nomeamento de Azaña para a presidencia da República, era Ministro da Guerra) dera medidas para controlar o Exército, Calvo Sotelo preveulle do perigo de entregar o mando a militares extremistas como forma de consolidar o réxime:

Cuando se habla por ahí del peligro de militares monarquizantes, yo sonrío un poco, porque no creo –y no me negaréis una cierta autoridad moral para formular este aserto- que exista actualmente en el Ejército español, cualesquiera que sean las ideas políticas individuales, que la Constitución respeta, un solo militar dispuesto a sublevarse a favor de la monarquía y en contra de la República. Si lo hubiera sería un loco, lo digo con toda claridad (Rumores), aunque considero que también sería loco el militar que al frente de su destino no estuviera dispuesto a sublevarse a favor de España y en contra de la anarquía, si ésta se produjera. (Grandes protestas y contraprotestas.)

"Non faga a súa señoría invitacións que fóra de aquí poden ser mal traducidas", advertiu o presidente das Cortes, Martínez Barrio. Acto seguido, Calvo Sotelo presentou diversos exemplos da, ao seu xuízo, vexación do exército e as forzas de seguridade ante as milicias da Fronte Popular, casos resoltos polas autoridades, segundo o orador, con notoria parcialidade a prol de comunistas e socialistas. E igual ocorría cunha censura que permitía aldraxar á Garda Civil, e con todo prohibía dar conta de sucesos como o dun pobo de Córdoba onde un garda fora degolado na Casa do Pobo, afirmación esta última que deu lugar a un intercambio de expresións grosas entre Calvo Sotelo e Wenceslao Carrillo, que Martínez Barrio ordenou borrar do Diario de Sesións.

O episodio que se desenvolveu a continuación, no que Casares Quiroga demostrou notable torpeza, e Calvo Sotelo a súa indubidable ironía, é boa proba de ata que punto as sensibilidades se atopaban a flor de pel: "Yo digo, Sr. Presidente del Consejo de Ministros, compadeciendo a S.S. por la carga ímproba que el azar ha echado sobres sus espaldas... (El Sr. Presidente del Consejo de Ministros: Todo menos que me compadezca S.S. Pido la palabra.- Aplausos.) El estilo de improperio característico del antiguo señorito de la ciudad de La Coruña... (Grandes protestas.- El Sr. Presidente del Consejo de Ministros: Nunca fui señorito- Varios señores Diputados increpan al Sr. Calvo Sotelo airadamente.)". A rectificación de Calvo Sotelo non tivo desperdicio:

Señor Presidente del Consejo de Ministros, cuando yo comenté, con honda sinceridad, que me producía una evidente pesadumbre comprender la carga que pesa sobre sus hombros [...] S.S. me contestó en términos que parlamentariamente yo no he de rechazar, claro está, pero que eran francamente despectivos, diciendo que la compasión mía la rechazaba de modo airado, y entonces yo quise decir al Sr. Casares Quiroga, al cual, sin haberle tratado he conocido de lejos en la capital de La Coruña como un... —ya no encuentro palabra que no molesta a S.S., pero conste que no quiero empelar ninguna con mala intención- sportman, como un hombre de burguesa posición, un hombre de plácido vivir, pero acostumbrado, sin embargo, que es lo que yo quería decir, al estilo de improperio, porque S.S., siendo hombre representativo de la burguesía coruñesa, sin embargo, era el líder de los obreros sindicalistas, de los más avanzados, y con frecuencia les dirigía soflamas revolucionarias; quise decir, repito, que no me extrañaba que, en el estilo de improperio de S.S., tuviera para mí palabras tan despectivas ¿Intención maligna? Ninguna. (Rumores.)

Casares Quiroga considerou tan graves as afirmacións de Calvo Sotelo sobre o Exército que pediu a palabra, na súa condición de Ministro da Guerra, antes de que terminasen de intervir os representantes das diversas minorías:

Yo no quiero incidir en la falta que cometía su señoría, peor si me es lícito decir que después de lo que ha hecho S.S. hoy ante el Parlamento, de cualquier caso que pudiera ocurrir, que no ocurrirá, haré responsable ante el país a S.S. (Fuertes aplausos.) No basta por lo visto que determinadas personas, que yo no sé si son amigas de S.S., pero tengo ya derecho a empezar a suponerlo, vayan a procurar levantar el espíritu de aquellos que puede creerse que serían fáciles a la subversión, recibiendo a veces por contestación el empellón que los arroja por la escalera; no basta que algunas personas amigas de S.S. vayan haciendo folletos, formulando indicaciones, realizando una propaganda para conseguir que el Ejército, que está al servicio de España y de la república, pese a todos vosotros y a todos vuestros manejos, se subleve. (Aplausos.) [...] Gravísimo, Sr. Calvo Sotelo. Insisto: si algo pudiera ocurrir, S.S. sería el responsable con toda responsabilidad. (Muy bien.-Aplausos.)

O resto do discurso de Casares non desmentiu a acusación de falta de equidade á hora de reprender a dereitas e esquerdas formulada por Gil Robles, senón que se centrou na represión aos extremistas de dereita:

¡Qué el gobierno ha fracaso en cuanto a las medidas de orden público que haya tomado [...] que ha fracasado en todas las manifestaciones de orden público! Vosotros sabéis bien que no. ¿Verdad, Señor Calvo Sotelo? ¿Cuándo se ven ahora por las calles aquellas magníficas manifestaciones fascistas alargando las manos, injuriando a los ministros, rodeando los centros públicos, gritando, disparando tiros, etcétera. Pero ¿dónde está todo eso? En algún sector parece que hemos impuesto un poco la serenidad. No es ahí, ciertamente, donde ha fracasado el orden público.

A visión de Casares Quiroga foi duramente criticada por Ventosa, que adoitaba ter as intervencións máis equilibradas e razonables da Cámara[Cómpre referencia]:

si el Gobierno actual no está dispuesto a dejar de ser beligerante para ser un Gobierno que imponga a todos por igual, con justicia y con equidad, el respeto a la ley y al principio de autoridad, vale más que se marche; porque por encima de todas las combinaciones y de todos los partidos y de todos los intereses, está el interés supremo de España, que se halla amenazada de una catástrofe.

A contestación de Calvo Sotelo a Casares Quiroga, que comezou cunha nova defensa do Exército, acabou da seguinte forma:

Yo tengo, Sr. Casares Quiroga, anchas espaldas. Su señoría es hombre fácil y pronto para el gesto de reto y para las palabras de amenaza. Le he oído tres o cuatro discursos en mi vida, los tres o cuatro desde ese banco azul, y en todos ha habido siempre la nota amenazadora. Bien, señor Casares Quiroga. Me doy por notificado de la amenaza de S.S. Me ha convertido S. S. en sujeto, y por tanto no sólo activo, sino pasivo, de las responsabilidades que puedan nacer de no sé qué hechos. Bien, Sr. Casares Quiroga. Lo repito, mis espaldas son anchas; yo acepto con gusto y no desdeño ninguna de las responsabilidades que se puedan derivar de actos que yo realice, y las responsabilidades ajenas, si son para bien de mi patria (Exclamaciones.) y para gloria de España, las acepto también. ¡Pues no faltaba más! Yo digo lo que Santo Domingo de Silos contestó a un rey castellano: ‘Señor, la vida podéis quitarme, pero más no podéis’. Y esa preferible morir con gloria a vivir con vilipendio. (Rumores.) Pero a mi vez invito al Sr. Casares Quiroga a que mida sus responsabilidades estrechamente, si no ante dios, puesto que es laico, ante su conciencia, puesto que es hombre de honor; estrechamente, día a día, hora a hora, por lo que hace, por lo que dice, por lo que calla. Piense que en sus manos están los destinos de España, y yo pido a Dios que no sean trágicos. Mida S. S. sus responsabilidades, repase la historia de los veinticinco últimos años y verá el resplandor doloroso y sangriento que acompaña a dos figuras que han tenido participación primerísima en la tragedia de dos pueblos: Rusia y Hungría, que fueron Kerensky y Karoly. Kerensky fue la inconsciencia; Karoly, la traición a toda una civilización milenaria. Su señoría no será Kerensky, porque no es inconsciente, tiene plena conciencia de lo que dice, de lo que calla y de lo que piensa. Quiera Dios que S. S. no pueda equipararse jamás a Karoly. (Aplausos.)

Unha cuestión controvertida, pero que parece que ten maior relevancia, é se nesta sesión Dolores Ibárruri exclamou, dirixíndose ao deputado monárquico: "Este home falou por última vez". A frase non aparece no Diario de Sesións (o que non significa gran cousa, pois as expresións deste tipo adoitaban ser omitidas), e a Pasionaria sempre negou que a dixese. Con todo, Tarradellas, nunha entrevista concedida a Pilar Urbano en 1985, contradí esta versión: "Acórdome do día que Dolores Ibarruri lle dixo a Calvo Sotelo aquilo de «falaches por última vez», porque eu me sentaba nun escano moi próximo ao de Calvo Sotelo".[24] Trátase, en calquera caso, dun detalle accesorio, pois que a Pasionaria ameazase os deputados das dereitas non era ningunha novidade. Na mesma sesión do 16 de xuño afirmou referíndose a Calvo Sotelo e Martínez Anido, organizador da guerra suxa contra o sindicalismo anarquista en Barcelona durante o comezo da década de 1920: "para vergoña da República española non se fixo xustiza nin con el nin coa súa señoría"; na do 15 abril afirmara que se a Gil Robles lle molestaba morrer cos zapatos postos llos quitarían e lle porían unhas botas, e noutras varias exclamara referíndose aos seus opoñentes: "hai que arrastralos". O ambiente nas Cortes era tal que ao terminar a intervención de Calvo Sotelo, Besteiro comentou: "Se o goberno non pecha o Parlamento ata que se aquieten as paixóns, seremos nós mesmos os que desencadearemos, aquí dentro, a guerra civil"[25]

Non foi a sesión do 16 de xuño a última en que falou José Calvo Sotelo, que tamén tomo a palabra nas do día 18 de xuño, en que se queixou dun telegrama insultante que lle enviou o Gobernador Civil de Oviedo, e do 1 de xullo, na que os deputados de dereitas denunciaron a situación caótica que se vivía nas zonas rurais. A intervención de Calvo Sotelo foi no seu inicio de carácter técnico, denunciando que a base do problema era que as cidades vivían a costa do campo, e atacando tamén as medidas de repartición de terras do Goberno, que tiñan por resultado crear explotacións antieconómicas. O seu discurso, desenvolvido inicialmente con relativa paz, comezou a provocar duras reaccións dos deputados da esquerda cando se lle ocorreu sinalar que Marx se equivocara nas súas predicións e criticou a Rusia soviética:

Marx anunció el crecimiento progresivo del proletariado en su volumen numérico hasta que llegase un instante en que todos los instrumentos de la producción estuvieran acaparados por una sola persona. Entonces, si antes no se hubiera producido la revolución socialista, sería facilísima por la expropiación de los expropiadores. Pero la realidad acredita en todo el mundo que ah llegado un instante, con el desarrollo del maquinismo, hace unos cuantos años (¿Cuántos? Quince, veinte, no lo sé) en que se ha detenido el crecimiento del volumen numérico del proletariado y en cambio aumentan considerablemente las nuevas clases medias de que habla Henri de Man, comparándolas con las antiguas, para decir que así como aquéllas eran liberales en lo político y autoritarias en lo económico, éstas son liberales en lo económico y autoritarias en lo político. Es, pues, un hecho universal el crecimiento de la clase media, y el que no lo entienda así, es porque quiere cerrar los ojos a la evidencia llevado por su sectarismo... (Grandes rumores y protestas.) ¿Es que acaso en España no hay menos propiedad que hace treinta años? Hay menos concentración de fortuna en pocas manos, porque incluso las acciones de las Sociedades anónimas han servido de poderoso instrumento de difusión y de división de la riqueza en mayor número de partícipes. El volumen de las clases medias crece en todas partes, y por eso se han producido las revoluciones fascistas, reacción instintiva de esas clases medias contra el intento de... (El Sr. Muñoz de Zafra y otros Sres. Diputados pronuncian palabras que no se perciben.- Grandes rumores y protestas.- El Sr. Presidente agita la campanilla reclamando orden.) Esta es la raíz de la revolución fascista: la reacción de las clases medias, que no se resignan a ser proletarizadas como lo están todos los habitantes de Rusia; de Rusia, que es un régimen de socialismo contra el salariado y, sin embargo, ha concluido imponiendo un salariado uniforme y raquítico, del que reniegan todos los obreros conscientes... (Rumores.- La Sra. Álvarez Resano pronuncia palabras que no se perciben.) Bueno fuera que aquí, donde hay que suponer un mínimo de libre discernimiento, tuvierais derecho a imponernos con griterío y voces el acatamiento a esas irreales fantasmagorías económico-sociales soviéticas que vosotros presentáis ante vuestro público pazguato. (Grandes rumores e interrupciones.) [...] más de la cuarta parte del presupuesto ruso de ingresos, los da el trigo. ¿Cómo? Comprando el Gobierno ruso el trigo a precios irrisorios a los cultivadores y vendiendo luego el pan a precios elevadísimos al resto de la nación. (Grandes y prolongados rumores.) ¡Explotación, farsa, crimen! (Nuevas interrupciones.)

Nun ambiente xa moi exaltado Calvo Sotelo leu un informe segundo o cal a forza do fascismo italiano debeuse en gran medida á anarquía que existía no campo en 1920-1922, e que deu lugar a que as clases medias agrarias engrosasen as súas filas.

Pues bien: yo digo a los agricultores españoles, especialmente a la pequeña y media burguesía rural, y los arrendatarios, y a los cultivadores de la tierra, que hoy ven ensombrecido su horizonte por falta absoluta de fijeza en la situación presente y de seguridad en la situación del porvenir; yo les digo que su remedio no está en este Parlamento, ni en otro que como éste se elija, ni en el Gobierno actual, ni en otro Gobierno que el Frente Popular forjase, ni en el Frente Popular mismo, ni en los partidos políticos, que son cofradías cloróticas de contertulios; esta... (Interrupciones que impiden oír al orador.) Me habéis de oír. (El Sr. Bilbao pronuncia palabras que no se perciben.) [...] Tengo derecho ... (Protestas e increpaciones.) Yo les digo a los agricultores españoles que la solución de sus problemas se logrará en un Estado corporativo que... (Nuevas y tumultuosas interrupciones impiden oír al orador.)

Ante a inutilidade das chamadas á orde do presidente das Cortes, que nesta ocasión parecen especialmente dirixidas a Calvo Sotelo, o deputado monárquico optou por un "terminei, señor Presidente" e sentou no seu escano no medio dos aplausos das dereitas, o que deu lugar a que Martínez Barrio se considerase desairado: "Se eses aplausos ao señor Calvo Sotelo queren significar que o momento en que han de rematar os discursos na Cámara lles corresponde sinalalo ás súas señorías, deses aplausos teranse as súas señorías que arrepentir inmediatamente que recapaciten sobre a forma en que se producen". A resposta do cedista Bernardo Aza: "Significan unha homenaxe ao valer do Sr. Calvo Sotelo", deu lugar a un formidable escándalo do que as páxinas de ABC ofreceron a seguinte versión: "los diputados de la mayoría, puestos en pie, saltan al hemiciclo y pretender agredir al Sr. Aza. Los secretarios se interponen y lo evitan. El presidente da fuertes campanillazos, y en medio del griterío ensordecedor ordena la expulsión del salón del señor Aza. Este se resiste al principio, pero sus propios compañeros le invitan a que salga. Así lo hace. Ello encalma la actitud de socialistas y comunistas, que pasan a sus escaños".

Unha dura intervención de Gil Robles, que ameazou con que as dereitas abandonarían a Cámara se non se permitía a volta de Aza, fixo que Martínez Barrio reconsiderase a súa actitude e permitise o seu regreso, continuando o debate coa mesma virulencia que ata entón. Para o socialista Ángel Galarza o uso da violencia era lexítimo contra quen utilizaba o escano "para erixirse en xefe do fascismo e quere terminar co Parlamento e cos partidos". "Pensando na súa señoría encontro xustificado todo, ata o atentado que lle prive da vida". "No medio do escándalo inenarrable que se produciu, podía oírse a voz de Dolores Ibarruri, que gritaba cara aos nosos escanos: «Hai que arrastralos»", recorda Gil Robles. [26] "A violencia, Sr. Galarza, -interveu Martínez Barrio- non é lexítima en ningún momento nin en ningún sitio; pero se nalgures esa ilexitimidade sobe de punto é aquí. Desde aquí, desde o Parlamento, non se pode aconsellar a violencia. As palabras da súa señoría, no que a iso respecta, non constarán no Diario de Sesións". A resposta do deputado socialista foi case peor que o seu anterior exabrupto: "Eu sométome, desde logo, á decisión da Presidencia, porque é o meu deber, polo respecto que lle debo. Agora, esas palabras, que no Diario de Sesións non figurarán, o país coñeceraas, e diranos a todos se é lexítima ou non a violencia".

Non por verse obrigado a calar no medio dun discurso Calvo Sotelo deixou de asistir ás Cortes, onde participou en diversas votacións os días 2, 9 e 10 de xullo. Durante este tempo preparou febrilmente o discurso que pensaba pronunciar o día 14 no debate que debía celebrarse sobre a situación da orde pública. Pero como é ben sabido foi asasinado na madrugada do 13.

Asasinato e repercusións[editar | editar a fonte]

O 29 de xuño de 1936, o Director Xeral de Seguridade, José Alonso Mallol, chamou a Lorenzo Aguirre, o seu xefe de persoal, e indicoulle que se debía cambiar a escolta do deputado monárquico para poñer dous axentes que vixiasen as idas e vidas do Sr. Calvo Sotelo, visitas que recibía e canto puidese ser de interese. En virtude de tales instrucións Aguirre encomendoulle o labor ao axente José Garriga Pato, partidario do Frente Popular e membro da masonería, ao que lle deixou a liberdade de elixir o seu compañeiro. [27] Garriga, que durante a guerra chegou a comandante do exército republicano, designou o policía Rodolfo Serrano de la Parte, que lle merecía garantías por ser amigo de dous secretarios de Casares Quiroga, masón e plenamente afecto ao Frente Popular.

Aguirre comunicoulle a ambos os dous axentes que debían substituír a anterior escolta, cuxos membros, Antonio Álvarez Ramos e Basilio Gamo, eran “demasiado afectos” ao deputado monárquico. De feito, Gamo sería asasinado posteriormente polo único motivo de ter sido escolta de Calvo. A substitución efectuouse decontado sen que disto tivese coñecemento o xefe da brigrada de vixilancias políticas, que era quen debería tela tramitado.

Segundo a declaración de Serrano ante a Causa Xeral, instruída polos órganos xudiciais excepcionais creados por Franco, dous ou tres días máis tarde Aguirre convocou os novos escoltas e tras tratar inutilmente de facer que se visen con Alonso Mallol “fíxolles saber no seu nome que, caso de ocorrer un atentado contra o Sr. Calvo Sotelo, se sucedía en sitio céntrico, [debían] simular unha protección, pero, en realidade, absterse de axudar en nada, e se era nun descampado no só non defendelo senón rematalo, ou asasinalo se a agresión fracasara.”[28] Aínda que non consta que tivese a menor afinidade ideolóxica con Calvo Sotelo, as novas instrucións escandalizaron a Serrano de la Parte, que o 7 de xullo se entrevistou con Joaquín Bau Nolla, íntimo amigo de Calvo Sotelo.[29]

Bau informou decontado a Calvo Sotelo, que na tarde dese mesmo día falou con Gil Robles nas Cortes e lle contou o sucedido, isto non sorprendeu en exceso ao xefe da CEDA, xa que tiña noticias similares sobre a súa propia escolta: “Vostede e mais eu –agregou- estamos en perigo. Moles prometeume quitarme os gardas de Asalto. Apresúrese vostede a facer unha xestión parecida, fundándose no meu precedente”. Naquel momento achegouse Ventosa, e Gil Robles púxoo como testemuña polo que puidese ocorrer: “Prepárase un atentado contra Calvo Sotelo. Por parte de organismos dependentes do Ministerio da Gobernación, aínda que nunca do propio ministro, houbo ordes para que se deixe impune o atentado que se prepara. Vostede sábeo; vostede e mais eu somos testemuñas de que esa advertencia se lle fixo ao Goberno, de que esa ameaza se está cernindo sobre a cabeza do señor Calvo Sotelo.”[30] O día 8 Calvo Sotelo entrevistouse con Juan Moles e aínda que conseguiu que se lle cambiase de novo a escolta non puido obter, como semella que si aconteceu con Gil Robles, que estivese formada por axentes da súa confianza.

O 10 de xullo Calvo Sotelo recibiu a visita de Julian Cortés-Cavanillas, vicesecretario xeral de Renovación Española, que lle deu a noticia da "confidencia recibida dun axente infiltrado nas filas do PSOE sobre un proxecto para asasinalo do que se falaba con insistencia na Casa do Pobo”, pedíndolle que para previlo aceptase unha garda persoal de mozos de Renovación Española, ofrecemento rexeitado por Calvo Sotelo “porque cría que o golpe criminal contra el podía partir máis do propio Goberno que dunha organización política, por moi de esquerda que fose. E en relación á creación dun retén de custodia no portal da súa casa ou vixilancia proteccionista por parte de elementos mozos de Renovación para seguilo cada vez que saíse á rúa, considerábao inútil ao non poder ir armados e de armalos clandestinamente serían detidos polos propios axentes da Policía oficial, que lle daban escolta.”[31]

O domingo 12 pola mañá Calvo Sotelo asistiu á misa na igrexa da Concepción, e á saída mantivo unha conversa de vinte minutos co coronel Ortiz de Zarate, que é moi posible versase sobre a inminente sublevación do exército.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase a cita do discurso de Francisco Franco en Madrid en 1960 con motivo da inauguración do monumento a Calvo Sotelo, recollido na Fundación Francisco Franco. El pensamiento de un general: Franco. La Cruzada (sección 29)
  2. Véxase como mostra a convocatoria para erixir o monumento a Calvo Sotelo en Madrid, conservada no [Arquivo Municipal de Mieres (Asturias).
  3. Soñemos todos en una Galicia libre y en un Noya redimido, y laboremos sin cesar por estos santos ideales. Vamos en pos de la libertad, de la justicia y del engrandecimiento de nuestra tierra: de grado o por fuerza, los arribistas, los traidores, los cacicuelos (sic) de toda laya habrán de dejarnos vía libre. Y si intentan resistir, peor para ellos: sabremos arrastrarlos. ¡Viva Galicia! ¡Viva Noya!
    Alfonso Bullón de Mendoza, José Calvo Sotelo, Barcelona, Ariel, 2004, p. 123
  4. José Calvo Sotelo: "Orientaciones económicas y tributarias", en Curso de Ciudadanía. Conferencias pronunciadas en el Alcázar de Toledo. Madrid, Junta de Propaganda Patriótica y Ciudadana, 1929, pp. 313-314.
  5. Juan Velarde: Política económica de la Dictadura, Madrid, Guadiana, 1973, p. 201.
  6. Diario de Sesiones de la Asamblea Nacional, 20 de enero de 1928, p. 442
  7. Los historiadores sólo han atendido los lamentos de los ministros republicanos, cuando, sin duda, el estado de la hacienda recibido por la Dictadura, era ostensiblemente peor que el que ésta legó a la República.
    Comín, Hacienda y Economía, tomo II, pp. 872-873.
  8. Velarde: Política económica, p. 173.
  9. Capítulo del mismo nombre del libro de Alfonso Bullón de Mendoza: José Calvo Sotelo, pp. 233-283.
  10. El maestro del contrabando, artículo de El Mundo, 22 de abril de 2001.
  11. Pedro González Cuevas: Acción Española. Teología política y nacionalismo autoritario en España (1913-1936). Madrid, Tecnos, 1998, p. 187. Tal opinión, aínda que facendo fincapé noutros argumentos, é tamén compartida por Bullón de Mendoza: Calvo Sotelo, pp. 330-331 que documenta que Calvo Sotelo coñecía as doutrinas dos ideólogos de Acción Francesa desde data tan temperá como 1910
  12. ABC, 14 de xuño de 1934. A idea de "instauración" fronte a "restauración" foi recollida por Franco en reiteradas ocasións, e, moi sinaladamente, no seu discurso de 22 de xullo de 1969 con motivo da proclamación de Xoán Carlos Borbón como príncipe herdeiro: "o Reino que nós, co asentimiento da Nación, establecemos, nada debe ao pasado; nace daquel acto decisivo do 18 de xullo [...] Trátase, pois, dunha instauración e non dunha restauración."
  13. O labor de Calvo Sotelo como xornalista ao longo destes anos, fundamental para o estudo da súa ideoloxía política, pode seguirse en Bullón de Mendoza: Calvo Sotelo, pp. 353-384..
  14. A anécdota é recollida por José María Pemán no artigo que preparara para ser publicado en Acción Española tras o asasinato de Calvo Sotelo, e que se atopa reproducido en José Calvo Sotelo. Fecundidad de su vida y ejemplaridad de su muerte, Tarrasa, Junta local del homenaje nacional a José Calvo Sotelo, 1957, pp. 109-11.
  15. Juan Antonio Ansaldo: ¿Para que? (De Alfonso XIII a Juan III). Buenos Aires, Editorial Vasca Ekin, 1951, pp. 76-79.
  16. Pedro Sáiz Rodríguez: Testimonio y Recuerdos. Barcelona, Planeta, 1978, p. 202.
  17. (Preston: 146)
  18. (Preston: 145)
  19. Sáinz Rodríguez, Testimonio, pp. 339-340
  20. Bullón de Mendoza: Calvo Sotelo, pp. 569-572.
  21. Niceto Alcalá Zamora: Memorias, Barcelona, Planeta, 1977, p. 351.
  22. ... si bajo los efectos del terror ha podido parecer un momento que una determinada persona al frente del Gobierno podía ser un escudo protector de los atemorizados, yo no me quiero lucir sirviendo de ángel custodio de nadie. Pierdan SS. SS. el miedo y no me pidan que les tienda la mano... ¿No queríais violencia, no os molestaban las instituciones sociales de la República? Pues tomad violencia. Ateneos a las consecuencias. [...] Lo que importa no es decir que la acción del Gobierno fue de esa o de la otra manera, sino no romper la cohesión [...] Si la perdemos, por la brecha se colará el que quiera; pero no seré yo quien abra la brecha, ni nadie debe esperar en ninguna parte que por argumentos más o menos hábiles de polémica yo consienta en abrir la brecha.
    Diario de Sesiones, 16 de abril de 1936. Esta dura respuesta de Azaña no figura en la edición de sus obras completas hecha por Marichal.
  23. Juan Simeón Vidarte, Todos fuimos culpables, Barcelona, Grijalbo, pp. 155-156.
  24. Dolores Ibarruri: El único camino. Barcelona, Bruguera, 1979, p. 248. Época, núm. 33 (1985), p. 26. Segundo Salvador de Madariaga: España: ensayo de historia contemporánea, undécima edición, revisada polo autor, 1979, pg. 384, "Dolores Ibarruri, a Pasionaria, do partido comunista das Cortes, berroulle: 'Este é o teu último discurso.' E así foi."
  25. Juan-Simeón Vidarte: Todos fuimos culpables, tomo I, pp.188-189.
  26. José María Gil Robles: No fue posible la paz, Barcelona, Ariel, 1968, pp. 697-698.
  27. Arquivo Histórico Nacional, Fondos Contemporáneos, Causa Xeral, Madrid, caixa 1500, Peza especial. Antecedentes e asasinato de don José Calvo Sotelo e don José Antonio Primo de Rivera, tomo I, declaración de Lorenzo Aguirre Sánchez de 11-3-1941.
  28. AHN, FC, CG, caixa 1500, tomo I, declaración de Rodolfo Serrano de la Parte de 12-9-1939.
  29. AHN, FC, CG, caixa 1500, tomo I, declaración de Joaquín Bau de 2-2-1942.
  30. Gil Robles: Non foi posible a paz, p. 747.
  31. Julián Cortés Cavanillas: “Calvo Sotelo. O asasinato que derrubou a República”, cit. por Bullón de Mendoza, Calvo Sotelo, pp. 666-667.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]