Luis Carrero Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento a Carrero Blanco en Santoña (Cantabria).

Luís Carrero Blanco, nado en Santoña, Cantabria, o 4 de marzo de 1904 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1973, foi un militar e político español. Ocupou diversos cargos no goberno franquista, e foi asasinado por ETA cando era Presidente do goberno de España durante a etapa final desa ditadura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Ingresou na Escola Naval en 1918 contando con 14 anos e tomou parte na campaña de Marrocos de 1924-1926.

A Guerra Civil[editar | editar a fonte]

Ao iniciarse a Guerra Civil fuxiu ante o temor de ser executado por milicias republicanas e refuxiouse nas embaixadas de México e Francia, ata que en xuño de 1937 conseguiu evadirse á zona nacional.

Situado ao mando do destrutor Huesca e, posteriormente, dun submarino, chegou a ser xefe de Operacións do Estado Maior da Mariña.

Cargos de Goberno[editar | editar a fonte]

No ano 1940 redactou un informe recomendando a neutralidade española na II Guerra Mundial. Desde entón converteuse no home de confianza de Franco, sendo nomeado subsecretario (1941) e ministro da Presidencia (1951), logo vicepresidente (1967), o que supuxo un incremento crecente do seu peso específico no goberno do Estado. No seu labor procurou limitar a influencia dos falanxistas, promoveu a modernización económica e administrativa do Estado, aínda que sempre dentro do franquismo, e apoiou a planificación da sucesión monárquica do réxime, na figura de Xoán Carlos I.

En xuño de 1973 foi nomeado presidente do goberno, o que facía pensar que se convertería no home forte do Estado á morte do ditador e no alicerce sobre o cal se sustentaría o franquismo sen Franco. Pero o seu falecemento o 20 de decembro de 1973 nun atentado perpetrado por ETA en Madrid ("Operación Ogro") abortou esas expectativas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Luis Carrero Blanco


Predecesor:
Francisco Franco Bahamonde
COA Spain 1945 1977.svg
Presidente do Goberno de España

1973 (9 de xuño - 20 de decembro)
Sucesor:
Torcuato Fernández Miranda