Fernando de Magalhães

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fernão de Magalhães»)

Fernando de Magalhães
Nacementoc. 1480
Lugar de nacementoPonte da Barca e Sabrosa
Falecemento27 de abril de 1521
Lugar de falecementoMactan
Causamorto en combate
Soterradovalor descoñecido
NacionalidadeReino de Portugal e Coroa de Castela
Ocupaciónexplorador, mariño e navegante
PaiRui de Rui de Magalhães
NaiAlda de Mesquita
CónxuxeBeatriz Barbosa
PremiosComendador da Ordem de Santiago, Orde Militar de Sant'Iago da Espada e Orde de Cristo
Na rede
WikiTree: Magellan-2 Find a Grave: 6621786 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Fernando de Magalhães, século XVI ou XVII (Mariner's Museum Collection, Newport News, VA).

Fernando de Magalhães[1] (Fernão de Magalhães en portugués, Fernando de Magallanes en castelán)[nota 1] nado a finais do século XV (1480?[2]) como Fernão de Magalhães probabelmente na vila do norte de Portugal da Ponte da Barca[2][3], e finado na illa filipina de Mactan[3] o 27 de abril de 1521[4], foi un navegante e explorador portugués da época dos grandes descubrimentos coñecido porque, ao servizo de Carlos I de España e baixo o nome de Fernando de Magallanes, foi autor da primeira circunnavegación da historia ao redor da Terra, iniciada en 1519 baixo as súas ordes, ata a súa morte, e finalizada, despois de tres anos de viaxe, en setembro de 1522 baixo as ordes de Juan Sebastián Elcano. Así mesmo foi o primeiro en cruzar o Estreito de Magalhães así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do océano Pacífico, coñecido en aqueles tempos como mar do Sur.

No século XV, ao contrario da crenza popular, a redondez da Terra xa era coñecida desde tempos remotos.[5][6] No século III a. C., Eratóstenes medira a circunferencia cunha notable exactitude. Aínda que os escritos dos gregos, especialmente de Aristóteles, perderon a súa influencia, esta idea estendeuse durante a Idade media. O Tratado da esfera de Joannes Sacrobosco, escrito en París en 1224, foi amplamente publicado en todos os círculos académicos, sen que a igrexa puxera inconvenientes. O primeiro globo terrestre coñecido, é dicir, o máis antigo que se conserva, fíxoo Martin Behaim en Nuremberg en 1492.

Naquela época, Europa desenvolvera un gusto polas especies exóticas que impulsou aínda máis os intereses dos xeógrafos, exploradores e comerciantes. [nota 2][nota 3] Magalhães estaba convencido de que as Molucas (illas das Especias) estaban na metade da Terra que correspondia á Coroa de Castela tras o Tratado de Tordesillas, tratado que dividía o mundo entre casteláns e portugueses desde 1494. Pensou que podería chegar polo oeste as illas das Especias, que abordara durante a súa visita a Malacca, en 1511-1512. Mesmo antes de iniciar a súa viaxe ás Molucas, de onde era orixinario o cravo, Magalhães recibira cartas exclusivas dun dos seus amigos persoais, o portugués Francisco Serrão, que estivera alí en 1512. Sería este proxecto de chegar as illas occidentais das especies, finalmente co apoio da Coroa de Castela, o que levou a súa frota a dar a volta ao mundo, aínda que non era este o proxecto orixinal. O evento tivo un impacto considerable en Europa. Tras pouco máis dun cuarto de século, levouse a cabo o proxecto orixinal de Colón e, como sinalou Pierre Chaunu, «o mundo nunca foi tan grande como despois da viaxe de Magalhães».[7]

As aptitudes de navegación de Fernando de Magalhães foron recoñecidas no nomeamento de obxectos asociados á astronomía, incluíndo un par de galaxias ananas descritas polo erudito veneciano Antonio Pigafetta, quen acompañaba a Magalhães na circunnavegación da Terra, e que foron nomeadas séculos despois na súa honra, como nebulosas de Magalhães[8]; dous cráteres lunares situados no bordo SO do Mare Fecunditatis; ou a sonda espacial Magalhães, lanzada pola NASA o 4 de maio de 1989 para explorar a superficie de Venus. En bioloxía, o pingüín de Magalhães leva o seu nome por seren os compoñentes da súa expedición os primeiros europeos en teren visto un. A súa vida e a viaxe de circunnavegación é descrita ao pormenor no romance biográfico "Fernão de Magalhães e a Ave-do-Paraíso"[9] do escritor portugués João Morgado.

Lugar de nacemento: estado da cuestión[editar | editar a fonte]

Casa de Sabrosa, que ostenta o escudo dos Magalhães.

Varias localidades portuguesas, como Sabrosa, Ponte da Barca, Vila Nova de Gaia ou Porto, afirman ser berce de nacemento de Magalhães[10]. Aínda hai un quinto posíbel local de nacemento, Figueiró dos Vinhos, unha tese que nunca coñeceu grande fortuna, revitalizada coa descuberta dun documento que parece confirmar que o pai do navegante chegou mesmo a desempeñar funcións na casa de João Rodrigues de Vasconcelos, señor de Figueiró. O achado non demostra, de modo algún, que Fernando de Magalhães nacera naquela vila do distrito de Leiria, mais suxire que a súa familia tivo ligazóns coa rexión[2].

A vila de Sabrosa outrora reclamou ser o berce do navegante[11] e así consta en moitas obras. No entanto, hoxe sábese, máis alá de calquera dúbida razoábel, que esa presunción se baseou en documentación falsificada por António Luís Alvares Pereira, señor da Casa da Pereira, en Sabrosa, residente en Madrid e casado cunha sobriña do poderoso político español Manuel Godoy, primeiro ministro de Carlos IV. En 1795 decidiu que valía a pena mover algunhas influencias e presentarse como descendente de Magalhães. O móbil da fraude era máis obvio: apropiarse da fortuna á que o navegante tería dereito, na base do contrato celebrado co emperador Carlos V, se non tivese morto antes de poder recibila[2][nota 4].

A idea de que Magalhães podería ter nacido no Porto parte dun documento xenuíno: o contrato asinado entre o rei de Castela e o navegante en marzo de 1518, onde este último se intitula "vizinho do Porto". Ademais, no seu verdadeiro testamento, o que redactou en 1519 en Sevilla, antes de iniciar a viaxe que lle custaría a vida, Magalhães fai unha doazón ao mosteiro de S. Domingos do Porto, ou parece que a fai. O historiador Amândio Barros acha que a pasaxe foi mal interpretada. O mosteiro de "santo domyngo de las dueñas de la ciudad del puerto", que o texto refire, é, afirma, o de S. Domingo das Donas do Porto, ou sexa, o convento do século XIV que hoxe se chama do Corpus Christi e que fica, non no Porto, mais en Vila Nova de Gaia. O feito de se saber que dúas parentes do navegante vivían entón no convento de Gaia, como freiras, xa abondaba en favor desta identificación. A descuberta no acervo do mosteiro dun documento de 1513 no que se refire un "caminho que vai ter ao lugar de Rui de Magalhães", parece confirmar a presenza da familia nas inmediacións do Porto. Sería nesta cidade, onde varios parentes seus representaban ao rei en cargos importantes, onde Magalhães foi desenvolvendo o seu proxecto, mobilizando ao cartógrafo Rui Faleiro e ao piloto Estêvão Gomes, e negociando con intermediarios casteláns o futuro contrato con Carlos V. Mais o estatuto de "vizinho" non presupón naturalidade, e incluso é dubidoso que fose "vizinho" no sentido legal do termo, pois para telo sido, tería que ter requirido oficialmente esa condición, moi ambicionada mais difícil de alcanzar, e non hai documentación que demostre que algunha vez a solicitou. Aínda máis improbábel é que o navegante teña nacido no Porto arredor de 1480, cando a cidade loitaba ferozmente para conservar o seu privilexio de non permitir a permanencia dos nobres dentro dos seus muros[2].

Estatua Fernando de Magalhães en Ponte da Barca.

Os principais argumentos para situar en Ponte da Barca, ou alí preto, o nacemento de Fernando de Magalhães parten dunha premisa: a de que o navegante era parente dos señores da Nóbrega, unha unidade territorial na que se encontraba Ponte da Barca, fundada polo quinto titular da Nóbrega, João de Magalhães[nota 5]. Ademais, a pesar de ter partido cando era un mozo das propiedades da familia, o navegante nunca quebrou os lazos que o prendían ás terras limianas[nota 6]. O documento máis relevante para atestar o parentesco de Fernando de Magalhães cos señores da Nóbrega e, por esa vía, consolidar a tese de que tería nacido na rexión, foi redactado coa mesma intención que deu orixe ás referidas falsificacións do final do século XVIII. Trátase dun requirimento presentado en 1567 por un Lourenço de Magalhães, que pretendía reclamar a herdanza do navegante. O candidato incluía no proceso, entre outras, as testemuñas de diversos familiares entón residentes en Ponte da Barca e en Ponte de Lima, que atestaban o seu parentesco con Fernando de Magalhães. Un dos inquiridos foi Manuel de Magalhães e Meneses, cuarto señor da Barca, que entón contaba máis de 70 anos de idade, e que, ademais de ter recoñecido a Lourenço como seu parente, explicaba que este era neto dun irmán do pai do navegante; e dado que os descendentes máis próximos de Fernando de Magalhães estaban mortos, Lourenço dispuña de bos argumentos para reclamar a herdanza.[nota 7]. O que Lourenço non tiña, como tivera o fidalgo de Sabrosa, era un Godoy a quen puidese meter unha cuña, de modo que, farto dos obstáculos que lle ían sendo colocados pola burocracia xudicial española, e despois de ter esgotado a fortuna en tentar facer valer os seus dereitos, acabou por desistir da causa[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fernando de Magalhães pertence a unha das ramas da antiga liñaxe dos Magalhães, unha familia nobre do norte de Portugal cuxa orixe remóntase a finais do século XIII[12]. Aos historiadores cústalles situalo na árbore xenealóxica e ignoran todo sobre a súa mocidade: algúns rastros sospeitosos parecen indicar que os seus pais, Rui de Magalhães, nado cara a 1442, e Alda de Mesquita, nada arredor de 1445, pertencen á nobreza. Rui de Magalhães, quen casou posteriormente con Inês Vaz Moutinho, foi cabaleiro fidalgo da Casa de D. Afonso de Braganza, tamén foi alcaide maior (gobernador) do castelo de Aveiro onde está documentado en 1486. Entre xuño de 1472 e xuño de 1488 está documentado no Porto onde exerce os cargos de xuíz ordinario, procurador da Cámara e vereador[13][14].

Fernando era irmán de Duarte de Sousa, Diogo de Sousa, Isabel de Magalhães, Leonor ou Xenebra de Magalhães, casada con João Fernandes Barbosa, e Aires de Magalhães, que seguiu a carreira eclesiástica, recibiu ordes de epístola en 1509 en Braga e, no momento da ordenación, dise que os seus pais moraban na Sé do Porto.

Desde unha idade temperá, o seu pai podería levalo de paxe á corte da raíña Leonor de Viseu onde probablemente aprendeu navegación e astronomía, ensinado en particular por Martin Behaim[10].

A primeira mención historicamente certa é un documento de arquivo, que o designa como auxiliar e pensionista da casa do rei na frota de Francisco de Almeida, nomeado vicerrei das Indias Orientais portuguesas. Foi a bordo desta armada de vinte barcos que partiu de Lisboa o 25 de marzo 1505.[15],[16]. Aínda que o seu nome non apareza nas crónicas, sábese que permaneceu alí oito anos e que estivo en Goa, Cochín e Kilwa Kisiwani. Participou en varias accións militares, incluíndo a batalla naval de Cananor (Kerala) onde foi ferido, e na decisiva batalla de Diu. En 1509 partiu na primeira expedición a Malaca mandada por Diogo Lopes de Sequeira, xunto con Francisco Serrão, o seu amigo e posiblemente primo.[17] Chegados a Malaca en setembro, foron vítimas dunha conspiración e a expedición terminou dándose á fuga deixando atrás dezanove prisioneiros. Magalhães tivo un papel crucial avisando a Sequeira e salvando a Serrão que desembarcara, actos que lle valeron honras e unha promoción.[18] Durante uns meses dedicase o comercio da pementa, antes de participar na captura de Malaca no verán 1511 baixo o mando do novo gobernador Afonso de Albuquerque e xunto o seu amigo Serrão[19]. Despois da conquista da cidade, os camiños dos amigos separáronse: Magallanes, promovido, cun rico botín e en compañía dun escravo adquirido en Sumatra, Henrique de Malaca, regresou a Europa. Serrão partiu na primeira expedición enviada ás «illas da especiaría», as Molucas onde se estableceu despois de gañar os favores do rei local.[20]. Alí permaneceu e casou cunha muller da illa de Ambón, volvéndose conselleiro militar do sultán de Ternate. Antes de saír de Malaca o 11 de xaneiro 1513 para volver á Portugal, Magalhães recibirá por correo as novas do seu amigo Francisco Serrão. As súas cartas a Magalhães serían decisivas, pois delas obtivo informacións sobre a situación dos lugares produtores de especias.

No verán de 1513, Magalhães foi enviado a Marrocos como parte dun poderoso exército que debía capturar Azamor[21]. Durante os enfrontamentos, segundo os informes, resultou ferido nun xeonllo, feito que o deixou un pouco coxo durante o resto da súa vida.[22] Despois de marchar sen permiso, é acusado de comercio ilegal cos mouros.[23] Estes cargos son rapidamente retirados, pero Magalhães é entón un soldado que non goza dos mellores vínculos co seu soberano, o rei Manuel, que se nega a aumentar a súa pensión só en 1/2 cruzado ao mes. Magalhães ten un proxecto secreto para chegar ás illas das especias desde o oeste do que se coida de non falar co seu soberano (xa que realizaba a través dos comerciantes malaios o tráfico de cravo desde as Molucas e de noz moscada desde Banda). Finalmente, simplemente pídelle ao seu rei que o libere das súas obrigacións. Infeliz de non ver recoñecidos os seus méritos en Portugal, Magalhães permanece un ano máis en Lisboa, coñecendo un dos mais ilustres sábios do seu tempo, o matemático e cartógrafo, Rui Faleiro con quen acaba de madurar o seu proxecto e co que se desprazara a Sevilla encontrando no reitor da Casa de la Contratación daquela cidade un adepto do seu proxecto,[24] entón decide ir ofrecer os seus servizos ao rei de Castela e Aragón[25],[nota 8], o futuro Carlos V, que neste momento tan só ten 18 anos. O que estaba en xogo non era o descubrimento das illas Molucas, xa coñecidas e colonizadas polos portugueses,[nota 9], se non que a súa posesión por razón da súa suposta posición no medio do hemisferio definido polo Tratado de Tordesillas, e reservado aos casteláns. Pedro Reinel e Jorge Reinel, cartógrafos portugueses que se uniran a Magalhães, en 1519 debuxarían un espléndido mapa do mundo colocando as Molucas, por instrucións do navegante, ao oeste do Pacífico, pero claramente no dominio da coroa castelá (este mapa, cuxo facsímile está gardado na Biblioteca nacional de Francia.[26] reprodúcese abaixo no parágrafo Cruzando o Pacífico e morte de Magalhães 1520-1521.)

A gran viaxe ao redor do mundo[editar | editar a fonte]

A gran viaxe ao redor do mundo
Cartografía de circunnavegación de Fernando de Magalhães e de Juan Sebastián Elcano.
Cartografía de circunnavegación de Fernando de Magalhães e de Juan Sebastián Elcano.
Réplica da nao Victoria, o único dos cinco barcos de Magalhães que regresou a España en 1522, converténdose así no primeiro barco que circunnavegou o globo terráqueo.
Réplica da nao Victoria, o único dos cinco barcos de Magalhães que regresou a España en 1522, converténdose así no primeiro barco que circunnavegou o globo terráqueo.

Preparativos para a saída da frota (1517-1519)[editar | editar a fonte]

En outubro de 1517 en Sevilla, Magalhães púxose baixo a protección dun portugués que pasara ao servizo da Coroa de Castela, Diogo Barbosa, ocupando a importante función de alcalde do arsenal sevillano. En decembro de 1517 contrae matrimonio con Beatriz Barbosa, filla de Diogo Barbosa, e con quen tivo dous fillos, Rodrigo que morreu na infancia e Carlos, que morreu ao nacer.[27]

O 22 de marzo de 1518 Carlos I nomea almirantes a Magalhães e Faleiro para que partan á procura das «illas da especiaría», e en xullo elévaos ao grao de comendadores da Orde de Santiago e outórgalles un conxunto de privilexios:[28]

  • O monopolio do itinerario descuberto polo termo de dez anos.
  • O nomeamento como gobernadores das terras e illas que atopasen, co cinco por cento das ganancias netas que resultasen.
  • Unha vixésima parte das ganancias da viaxe.
  • O dereito para reter mil ducados sobre as próximas viaxes, pagando só cinco por cento sobre o excedente.
  • A concesión dunha illa a cada un, excepto das seis máis ricas das cales non recibirían máis que unha décima quinta parte.

A expedición estaba esencialmente financiada pola Coroa e estaba provista de cinco carracas (buques caracterizados polo seu casco redondeado e os seus dous altos castelos dianteiros e traseiros) e perfectamente rearmados [nota 10] e foron equipados con subministracións para dous anos de viaxe.

Comezaron os lentos preparativos para a viaxe, que estiveron infestados de incidentes: insuficiencia de fondos, manobras do rei de Portugal, Manuel I, que procuraba facelos encarcerar, desconfianza dos casteláns cara a Magallanes e os outros portugueses involucrados, sen esquecer o difícil carácter de Faleiro.[29] Por intermedio do bispo de Burgos, Juan Rodríguez de Fonseca, obteñen a participación do mercador Cristóbal de Haro que fornece unha parte dos fondos e as mercadorías para trocar por especias. O cartógrafo portugués Diego Ribero, ao servizo da Casa de Contratación desde 1518, participou no desenvolvemento dos mapas utilizados na viaxe.

Non sen incidentes e despois da ruptura con Rui Faleiro, Magalhães continuou o aparellamento dos cinco navíos.

Inicio da viaxe[editar | editar a fonte]

Naves da expedición de Magalláns[30]
Nave Tonelaxe [31]   Tripulación [32]   Notas [32]
Trinidad 110   62   Buque comandado por Magalláns, un auxiliar desembarcará en Canarias. acabou abordado polos portugueses nas Molucas, con vinte mariñeiros que sobreviviron a un dramático intento de cruzar o Pacífico.
San Antonio 120   55   Abandonou a expedición no estreito de Magalláns e regresou a Sevilla o 6 de maio de 1521.
Concepción 90   44   Un auxiliar subirá a bordo en Canarias. Barco abandonado e queimado fronte á illa Bohol, preto de Cebú, por falta de tripulación.
Santiago 75   31   Dous auxiliares subirán a bordo en Canarias. Náufragou o 3 de maio de 1520 nas inmediacións do río Santa Cruz.
Victoria 85   45   Único barco en dar a volta ao mundo. Á chegada só quedan 18 europeos e 3 habitantes das Molucas. Non obstante, 12 europeos e un molucano quedáronse en Cabo Verde feitos prisioneiros polos portuguesés e levados a Lisboa para ir a Sevilla pouco despois.
  Total: 237  Con Juanillo, o fillo de raza mestiza do piloto João de Carvalho, que se uniu a seu pai na baía de Río e os 4 homes embarcados nas Canarias, 242 homes participaron na expedición de Magalhães. Entre eles, haberá 91 sobreviventes.[nota 11].

O 10 de agosto de 1519 sairan desde Sevilla descendendo polo río Guadalquivir para atracar no porto de Sanlúcar de Barrameda onde durante as seguintes semanas, terminaran de avituallar a escuadra e resolveran outros asuntos. Mentres o propio Magalhães outorgou testamento en Sevilla o 24 de agosto, nomeando herdeiros ao seu fillo Rodrigo e ás criaturas a que dese a luz a súa esposa, á que deixaba embarazada.[33]

O 20 de setembro a expedición partiu finalmente de Sanlúcar, coa intención de atopar o paso marítimo cara aos territorios das Indias Orientais e buscar o camiño que, percorrendo sempre mares casteláns (segundo o Tratado de Tordesillas), chegase ás illas das especias, o que era a chamada ruta cara ao oeste que xa buscara Cristovo Colón. A tripulación, composta por 239 homes, compoñíase de mariños de moi distintas orixes, cun importante número de portugueses e vascos. Entre os primeiros, ao redor de corenta, contábanse Álvaro de Mezquita, primo irmán de Magalhães, Duarte Barbosa, primo da esposa de Magalhães, Juan Serrano, primo ou irmán de Francisco Serrão e Esteban Gómez. Acompañaba tamén a Magalhães o seu escravo Henrique de Malaca,[nota 12] quen segundo algunhas fontes sería a primeira persoa en circunnavegar o planeta.[34]

Antonio Pigafetta, cronista e xeógrafo veneciano, que participou da expedición ás súas propias expensas, escribiu un diario completo da viaxe, posibilitado polo feito de ser un dos poucos viaxeiros en retornar vivo a Europa. Desa forma, legou á posteridade un raro e importante rexistro de onde se pode extraer moito do que se sabe deste episodio da historia. É grazas a el que non só recibimos o relato completo da viaxe, xa que foi un dos 18 sobreviventes que regresaron o 6 de setembro de 1522, senón tamén información sobre os amotinados. De feito, dos cinco capitáns da expedición, parecería que polo menos tres non comparten a opinión de Magallanes, ata o punto de que algúns queren desfacerse del.

Ao longo da América do Sur, o motín de San Julián (1519-1520)[editar | editar a fonte]

Tras unha breve estancia nas Canarias, pasaron catro meses e a flotilla, que enarboraba bandeira de Castela e León, chegou, en decembro de 1519, preto da costa de Brasil, que era colonia portuguesa. Despois dunha breve escala para encher en Ponta de Baleia, preto do arquipélago de Abrolhos, Magalhães decidiu fondear o 13 de decembro de 1519 na baía de Santa Lucía,[35] agora coñecida como Río de Xaneiro, que un dos seus pilotos, João Lopes Carvalho, coñece ben, estando alí sete anos antes, este atopa a Juanillo, de 7 anos, o fillo que tivo cunha india, e ao que embarcará no Concepción.[36]

A finais de decembro de 1519, despois dunha escala de catorce días, a frota dirixiuse ao sur para tentar sortear Suramérica, pasando en marzo de 1520 polo río da Prata (xa descuberto por Juan Díaz de Solís en 1516), O 31 de marzo de 1520, a frota atopou refuxio nunha ría abrigada á entrada do estreito, na extremidade da actual costa da Arxentina a que chamaron baía San Julián e que exploraron en busca dun posible paso. Magalhães, en vista da chegada do inverno, decidiu hibernar alí ata a primavera.

O desexo de regresar no que se consideraba un fracaso por non achar o paso cara ás Molucas, unido ao inhóspito da paraxe e as condicións de navegación provocaron descontento entre a tripulación. Apenas fondearon no porto de San Julián, cando os capitáns das outras catro naves tramaron un motín para matar o comandante en xefe. É aquí onde estala o "motín de Pascua", Magalhães sairá del pero con graves consecuencias. As tripulacións quedarán o 1 de abril baixo o liderado de Juan de Cartagena, veedor; Luis de Mendoza, tesoureiro; Antonio de Coca, contador; Gaspar de Quesada, capitán da Concepción que están preocupados polo xiro que toma a viaxe, dubidan da existencia da pasaxe cara ao oeste e especialmente das súas posibilidades de supervivencia nestas frías rexións e desertas.

Magalhães e os mariñeiros que lle seguiron fieis derrotan habilmente aos amotinados.[37] Fracasado o complot, Magalhães condenou á morte a Gaspar de Quesada, e mandou descortizar o seu cadáver xunto ao de Luis de Mendoza, asasinado por sorpresa polo preboste (alguacil) Gonzalo Gómez de Espinosa. Juan de Cartagena xunto co clérigo Sánchez de Reina son abandonados na beira patagónica cunha espada e un pouco de pan,[38] ao partir a expedición o 21 de agosto de 1520 do porto de San Julián, sen que nada se soubese despois deles.[39] A sentenza á que foron condenados outros corenta amotinados, incluído Juan Sebastián Elcano, foi finalmente amnistiada. Algúns, incluído o cosmógrafo Andrés de San Martín, aínda soportan o doloroso tormento da garrucha. A clemencia de Magalhães non debería sorprender pois necesitaba que todos continuasen a súa viaxe como narra Stefan Zweig :"Como continuar a viaxe, se, en virtude da lei, mandaba executar a unha quinta parte das súas tripulacións? Nestas rexións inhóspitas, a miles de leguas de España, non pode privarse de cen armas."[40]

Naufraxio do "Santiago", deserción do "San Antonio" e descubrimento do estreito de Magalláns (1520)[editar | editar a fonte]

Mapa que mostra o rumbo dos barcos no estreito

Durante o verán (inverno no hemisferio norte), Magalhães decidiu enviar un dos seus barcos en recoñecemento para atopar a pasaxe que conduza cara á costa oeste americana, cara ao océano Pacífico. Lamentablemente o Santiago naufragou o 3 de maio de 1520 aínda que todos os membros do barco forón rescatados.[41] Tres meses máis tarde, Magalhães decidiu ir cara ao sur cos catro barcos restantes. O 21 de outubro de 1520 Magalhães viu un cabo ao que chamou cabo Vírgenes que é o punto que marca a entrada do estreito. Comezou a súa exploración descubrindo unha pasaxe cara a occidente. No labirinto de fiordes, rodeado de cantils "ameazando" as augas "sinistras", unha zona que lles levaría máis dun mes cruzar, os relatos indican que ao cruzar o estreito, os mariñeiros observaron moitas fumaredas cara ao interior. A Terra do Fume que reflectiron nos mapas despois da viaxe como Terra de Fogo. O estreito, nomeado en primeiro lugar "Canle de Todos os Santos", rapidamente cambiou o seu nome a Estreito de Magalláns en honra ao explorador.

No medio do estreito, Esteban Gómez piloto do San Antonio, rebelouse xunto cos seus homes e encarcerou ao capitán Álvaro de Mesquita,[42] un curmán de Magalhães. Deuse a volta e desertou, sen que soubese nada o seu capitán maior, e iniciou a viaxe de volta camiño de Sevilla coa súa carga de comida e mercadoría para intercambiar. Despois de cruzar o Atlántico, o barco chegou a Sevilla o 6 de maio de 1521 con 55 homes a bordo (espallando ofensas contra Magalhães nos dominios casteláns).[43]

Cruzando o Pacífico e morte de Magalhães 1520-1521[editar | editar a fonte]

Coñecido durante moito tempo como: Kunstmann IV, este mapa de 1519, atribuído a Jorge Reinel e moi probablemente o que Magalhães deulle a Carlos V, difire das representacións habituais da era pola dimensión bastante realista do seu "Mar do Sur" (o océano Pacífico). O mapa que se mostra aquí é un facsímile reproducido por Otto Progel en 1836 e gardado na Biblioteca nacional de Francia[26], o orixinal desapareceu en Múnic durante a segunda guerra mundial. Tamén se atribue a un dos irmáns Reinel, outro mapa similar de 1519, esta vez cunha proxección polar antártica[44] [45], gárdase na Biblioteca do Palacio Topkapi en Istambul co nome de Hazine n° 1825[46] [47].

Na época de Magalhães, a circunferencia da Terra aínda non se coñecía con precisión, a pesar do traballo de Eratóstenes que a calculara case 18 séculos antes. Pero Magalhães non subestimou o tamaño do océano Pacífico, como suxire a opinión actual. A súa memoria xeográfica, que deixou ao rei antes de marchar así o demostra[48]

En efecto, a interpretación gráfica, feita polo historiador portugués José Manuel García, das medidas sinaladas por Magalhães na memoria xeográfica ("Lembrança geográfica") que o navegante portugués déralle a Carlos V en setembro de 1519,[49] documento citado in extenso por este historiador,[50] desafía a sabedoría convencional de que Magalhães ignoraba a inmensidade do océano Pacífico,[51] levando así ás mesmas conclusións que a obra de Xavier de Castro (pseudónimo de Michel Chandeigne.[52]), Jocelyn Hamon e Luís Filipe Thomaz sobre a cuestión[53] [54] [55].

En novembro a escuadra atravesou o estreito, a fortuna fixo que a travesía se fixera en calma e non se atoparan con ningunha tempestade, feito polo que bautizarón o mar do Sur como océano Pacífico (nome que permanecería e quedaria para a historia). Por contra, tiverón a desventura de non achar terra firme ata pasado máis de tres meses. No Pacífico avistarón as nebulosas que hoxe ostentan o seu nome: as nebulosas de Magalhães.

Despois de cerca de catro meses, a fame, a sede e as doenzas, principalmente o escorbuto e o beriberi que atacaban á tripulación, comezaron a decimar a tripulación, pero sen mermarla. Un estudo recente mostra que só houbo nove mortos durante a viaxe de tres meses e medio e isto é probablemente debido ao apio silvestre cultivado amplamente no Estreito.[56] A auga non era potable, as racións minguaban, incluso as galletas esgotáronse, a tripulación debe sobrevivir comendo ratas. Antonio Pigafetta escribiu: "Só comiamos galletas vellas que se convertian en po, cheas de vermes e fedor, lixo dos ouriños das ratas e bebiamos unha auga amarela infectada."[57]

En Guam[editar | editar a fonte]

O 6 de marzo de 1521 a frota chegou ás illas Marianas. A primeira terra que avistaron foi probablemente a illa Rota, pero os barcos non puideron atracar alí e, en cambio, botaron áncoras trinta horas despois en Guam, onde poden repostar parcialmente despois de ser saqueados polos nativos que os recibirón a bordo de canoas.

Foron recibidos polos nativos nun tipo de canoa entón descoñecida para os europeos. Decenas de nativos subiron a bordo e comezaron a sacar artigos do barco, incluídos aparellos, coitelos e calquera artigo feito de ferro. Nalgún momento, houbo un enfrontamento físico entre a tripulación e os nativos, e polo menos un nativo resultou morto. Os nativos restantes fuxiron cos bens que obtiveran, tomando tamén, mentres se retiraban, a barca auxiliar do Trinidad.[58][59] Por este acto, puxerón de nome o arquipélago, segundo Antonio Pigafetta, "Islas de los Ladrones ", (Illas dos ladróns).[60][61]

Ao día seguinte, Magalhães tomou represalias e enviou a terra un grupo de asalto que saqueou e queimou corenta ou cincuenta casas e mataron a sete homes.[62] Recuperaron a barca auxiliar e deixaron Guam ao día seguinte, 9 de marzo, continuando cara ao oeste.[63]

Nas Filipinas[editar | editar a fonte]

Inscrición na cruz de Magalhães

A frota chegou a Filipinas o 16 de marzo e permanecería alí ata o 1 de maio. A expedición representou o primeiro contacto europeo documentado con Filipinas.[64] ás que Magalhães chamou «illas de San Lázaro». Atopan paisaxes idílicas, especias, aves multicolores, nativos que parecen pacíficos. Para Magalhães era moi importante manter unha paz estratéxica cos indíxenas e convertelos ao cristianismo, e para iso utilizaba entre outras cousas o argumento de que serían máis fortes e mostráballes as súas armas de fogo. Como testemuño da súa intención de converter aos nativos en cristiáns está a Cruz de Magalhães, unha cruz de madeira colocada en Cebú polo explorador.

Aínda que o 16 de marzo avistaron a illa Samar que foi a primeira illa das Filipinas avistada por Magalhães, non desembarcaron nela e seguiron navegando cara ao sur ata que finalmente, o 17 de marzo de 1521, desembarcaron na illa de Homonhon, que entón estaba deshabitada.[65] Pasaron case dúas semanas en Homonhon, descansando e recollendo comida fresca e auga, antes de partir o 27 de marzo.[66] Na mañá do 28 de marzo, achegáronse e fixeron a primeira escala na illa de Limasawa onde atopáronse con algúns nativos en canoas. Por primeira vez na viaxe, Henrique de Malaca, o escravo de Magalhães, descubriu que podía comunicarse cos nativos en malaio (desta forma Magalhães e os seus homes descubriron que chegaran ao Extremo Oriente, cumprindo o proxecto de Cristovo Colón.).[66] Intercambiaron agasallos cos nativos (recibindo xerras de porcelana pintadas con deseños chineses), e máis tarde ese mesmo día foron presentados ao seu líder, Rajah Kolambu.[nota 13]. Magalhães convertirase en "irmán de sangue" de Kolambu, someténdose ao ritual local de pacto de sangue con el.[67] Magalhães e os seus homes observaron que a illa era rica en ouro e descubriron que os habitantes da zona estaban ansiosos por trocalo por ferro á par. Mentres estaba en Limasawa, Magallanes deu a algúns dos nativos unha demostración de armaduras, armas e artillería castelás, polo que aparentemente quedaron impresionados.[68]

Primeira misa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Primeira misa nas Filipinas.

O domingo 31 de marzo, día de Pascua, Magalhães e cincuenta dos seus homes chegaron a terra en Limasawa para participar na primeira misa católica nas Filipinas, dada polo capelán da armada. Kolambu, o seu irmán (que tamén era un líder local) e outros habitantes da illa uníronse á cerimonia e expresaron o seu interese pola súa relixión. Despois da misa, os homes de Magalhãe levantaron unha cruz cruzada no outeiro máis alto da illa e declararon formalmente a illa e todo o arquipélago das Filipinas (ás que chamou Illas de San Lázaro) como posesión de Castela.[69]

Cebu[editar | editar a fonte]

Imaxe orixinal do Neno Xesús de Cebú

O 2 de abril, Magalhães celebrou unha reunion para decidir a seguinte singladura de acción da frota. Os seus oficiais instárono a dirixirse cara ao suroeste rumbo as Mollucas, pero en vez diso decidiu introducirse aínda máis nas Filipinas. O 3 de abril, a frota navegou cara ao noroeste desde Limasawa cara á illa de Cebú, da que Magallanes soubo por Kolambu. Algúns dos homes de Kolambu guiaron a frota a Cebú.[70] Avistaron Cebú o 6 de abril e tocaron terra ao día seguinte. Cebú tiña un contacto regular con comerciantes chinos e árabes e normalmente requiría que os visitantes pagasen tributo para comerciar. Magalhães convenceu ao líder da illa, Rajah Humabon, para que renunciase a este requisito.

Do mesmo xeito que en Limasawa, Magalhães fixo unha demostración das armas da frota para impresionar aos aldeáns. Novamente, tamén predicou o cristianismo aos nativos, e o 14 de abril, Humabon e a súa familia foron bautizados e déuselles unha imaxe do Neno Xesús (máis tarde coñecido como Neno Xesús de Cebu). Nos días seguintes, bautizáronse outros xefes locais e, en total, convertéronse 2.200 habitantes de Cebú e outras illas próximas.[71]

Cando Magalhães soubo que un grupo na illa de Mactan, liderado por Lapu-Lapu, resistíase á conversión cristiá, ordenou aos seus homes que queimaran as súas casas. Como continuaron resistindose, Magalhães informou ao seu consello o 26 de abril de que levaría un continxente armado a Mactan e faría que se sometesen baixo ameaza de forza.[72]

Batalla de Mactan[editar | editar a fonte]

Monumento a Magalhães en Mactan
Morte de Magalhães. Xilografía do século XVI

Lapu-Lapu, o rei da pequena illa de Mactan, fronte a de Cebú, négase a someterse aos invasores. Magalhães lidera unha expedición contra el, estimando que sesenta homes armados con arcabuces poden derrotar aos nativos espidos aínda que trinta veces máis numerosos. Algúns homes cebuanos seguiron a Magalhães ata Mactan, pero Magalhães indicoulles que non se unisen á loita, senón que simplemente observasen. [87] Primeiro enviou un enviado a Lapu-Lapu, ofrecéndolle unha última oportunidade de aceptar ao rei de España como o seu gobernante e evitar o derramamento de sangue. Lapu-Lapu negouse. Magalhães levou a 49 homes á beira mentres quedaban 11 para protexer os botes. Pero o ataque a Mactan o 27 de abril de 1521 fracasou: aínda que tiñan o beneficio de armaduras e armas relativamente avanzadas, as forzas de Magalhães estaban moi superadas en número polo que os españois foron rexeitados polos aldeáns e tiveron varias baixas nas súas filas unha delas a do propio Magalhães que tamén morreu. Segundo os informes do seu cronista Pigafetta (que estivo presente no campo de batalla), foi xunto a outros seis compañeiros un dos últimos en caer mentres permanecía de pé na auga para cubrir a retirada dos seus. Unha frecha envelenada feriuno atravesandole a coxa; pouco despois foi abatido por dúas lanzas, unha feríndolle na cara e a outra debaixo do brazo dereito.[73],[nota 14]. A crónica de Antonio Pigafetta ofrece detalles esenciais sobre este episodio: os guerreiros de Lapu-Lapu fixeran escudos de madeira extremadamente dura, resistentes aos arquebuces, ao tempo que se armaban de frechas envelenadas cuxo veleno tiña un efecto case inmediato.

Masacre do 1 de maio[editar | editar a fonte]

Tras a morte de Magalhães, os homes restantes levaron a cabo unha elección para seleccionar un novo líder para a expedición. Seleccionaron a dous co-comandantes: Duarte Barbosa, cuñado de Magalhães e Juan Serrano. Catro días despois da derrota en Mactan o 1 de maio, o rei de Cebú emboscou aos recentemente chegados nunha cea, á que asistiron unha trintena de homes, na súa maioría oficiais, entre eles Serrano e Barbosa, durante a que di querer dar aos oficiais da frota "xoias e agasallos que prometera enviar ao rei de España". Cara ao final da comida, cebuanos armados entraron ao salón e asasinaron os europeos. Morreron vinte e sete homes. Juan Serrano, un dos co-comandantes recentemente elixidos, foi deixado con vida e levado á beira fronte aos barcos españois. Serrano rogou aos homes a bordo que pagasen un rescate aos cebuanos. Os barcos casteláns saíron do porto e Serrano (presuntamente) foi asasinado. No seu relato, Pigafetta especula que João Carvalho, quen se converteu no primeiro ao mando en ausencia de Barbosa e Serrano, abandonou a Serrano (o seu antigo amigo) para poder permanecer ao mando da frota. En palabras de Pigafetta[74] era simplemente que o rei de Cebú queria devolver o favor aos señores veciños que querían desfacerse dos europeos. Segundo Pietro Martire d'Anghiera a orixe desta vinganza está relacionada coa violación de mulleres.[75] Os que quedaron a bordo dos barcos fondeados fuxiron. Segundo a testemuña presencial de Antonio Pigafetta, cronista da viaxe de Magalhães, foi Henrique, o servo de Magalhães, natural das illas de fala portuguesa, o que se uniu ao rei de Cebú, Humabon. De feito, no seu testamento, Magalhães estipulara que á súa morte, o seu fiel servo debería ser posto en liberdade. Pero o xenro de Magalhães, Duarte Barbosa, rexeitou a disposición testamentaria cara a Henrique e pediulle que seguise a bordo. Henrique sublevouse contra este sistema de detención inxusto e ilegal e uniuse a Humabon. O rei de Cebú, informado por Henrique da debilidade dos europeos que quedaran sen líder tras a morte de Magalhães, considera o momento oportuno para desfacerse deles polo que atraeu aos europeos a unha trampa na que 35 deles morreron. O resto deles escaparon por pouco e decidiron abandonar Cebú e na illa Bohol acordaron, ao só quedar 108 homes para gobernar as tres naves, queimar a que en peor estado atopábase, que era a Concepción, distribuíndose entre as outras dúas. Tamén se decidiu nomear como xefe da expedición a Juan López de Carvalho, ata entón piloto maior da frota[76] que asumiu inicialmente o mando do Victoria e capitán do Trinidad e Gonzalo Gómez de Espinosa.

Molucas[editar | editar a fonte]

Con Carvalho como novo capitán xeral, os dous buques restantes, o Trinidad e o Victoria, pasaron os seguintes seis meses serpenteando polo sueste asiático en busca das Molucas. No camiño, detivéronse en varias illas incluíndo Mindanao e Brunei. Durante este tempo, participaron en actos de piratería, incluíndo roubar un xunco (tipo de embarcación a vela propia de Asia) con destino a China desde as Molucas.[77]

O Victoria nun mapa de Ortelius de finais do século XVI

A finais de setembro de 1521, os membros da expedición acordaron destituír a Carvalho como capitán xeral da frota por mala conduta, nomeando a Gonzalo Gómez de Espinosa o seu novo xefe. Tamén se acordou nomear a a Juan Sebastián Elcano capitán da Victoria.[78]

Espinosa dispuxo continuar a navegación cara ás illas das especias. Segundo o cronista Antonio Pigafetta, Espinosa chegou ás illas Molucas o 7 de novembro de 1521, atracando na illa de Tidore ao día seguinte. Alí pediron permiso ao seu rei al-Mansur (coñecido polos oficiais co nome castelán de Almanzor), para comerciar.[79] O 18 de decembro de 1521, coas dúas naves cargadas de cravo, dispuxéronse para partir de regreso á Península Ibérica. Con todo, ese mesmo día descubriron unha vía de auga no Trinidad, facendose necesaria unha longa reparación. Acordouse que a Victoria volvese a Castela pola ruta da India e que a Trinidad quedase no porto de Tidore para ser reparada e regresar polo Pacífico ata Panamá. O día 21 o Victoria partiu en solitario cara ao oeste.[80][81] O 5 de febreiro de 1522 desertaron o mozo grumete da Victoria, Martín de Ayamonte, e o soldado Bartolomeu Saldaña, que abandonaron “sen ser sentidos” a Victoria na illa de Timor, onde a nave estaba fondeada. Ao ser apresado polos portugueses, o grumete fixo unha relación da viaxe que foi recentemente descuberta e contén detalles ata o de agora ignorados.[82]

Espinosa completou a reparación do Trinidad o 6 de abril de 1522 e fíxose á mar, pero os continuos temporais impediron o seu avance, e unha forte tormenta dano gravemente a nave. Pediu auxilio ao capitán portugués António de Brito que se atopaba preto, o que ocasionou que os dezasete homes que quedaban na embarcación fosen feitos prisioneiros polos portugueses. Cinco deles, entre os que se atopaba Espinosa, regresaron a Europa e foron liberados en 1527.[83]

Chegada a Castela da nave Victoria capitaneada por Elcano[editar | editar a fonte]

Tras atravesar o océano Índico e dar a volta a África, Juan Sebastián Elcano completou a primeira circunnavegación do globo, conseguindo levar a termo a expedición e chegar ao porto de partida, Sevilla, o 8 de setembro de 1522 na nave Victoria, xunto con outros 17 sobreviventes, o que supoñía o logro dunha impoñente fazaña para a época.

A expedición chegou só coa Victoria de regreso a Sevilla en setembro de 1522, ao cabo de case tres anos de travesía. En total, 216 homes pereceron durante a viaxe, e só 18, entre eles Juan Sebastián Elcano, puideron sobrevivir. Unhas semanas máis tarde, outros 13 homes (12 europeos e unha das Molucas), que estaban cativos en Cabo Verde, regresaron a Sevilla, completando así tamén a circunnavegación.[84][85] Outros catro homes dos 55 da tripulación orixinal da Trinidad, que emprendera unha ruta de regreso distinta desde as Filipinas e que foi capturada polos portugueses, regresaron finalmente á Península Ibérica en 1525.[86]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O seu nome aparece en diferentes formas antes de que os cartógrafos o latinizasen en Magellanus, de aí Magalhães.
  2. «É difícil agora imaxinar a importancia económica das especies no principio dos tempos modernos. [...] Con todo, debemos dar ao luxo un papel preponderante na expansión occidental.»Xavier de Castro (eds.) 2007, p. 15
  3. Stefan Zweig escribiu ao principio da súa biografía sobre Magalhães: «ao principio eran as especies. Desde o día en que os romanos durante as súas expedicións e as súas guerras probaron os ingredientes picantes ou os estupefaciente, picantes ou excitantes de Oriente, Occidente xa non quixo nin puido ignorar as "especias" ou os condimentos indios na cociña.»Stefan Zweig 1938, p. 17
  4. Alexandre Parafita escribiu que "desde tempos imemoriais, a naturalidade de Magalhães foi dada, como inequívoca, na vila de Sabrosa. Contribuiu para isso a existência de dois testamentos, um de 1504 (quando o navegador partiu para os oceanos) e outro de 1580 (dum seu sobrinho-neto exilado no Brasil), reforçados por um auto oficial de 1798 em que seis escrivães e quatro testemunhas confirmavam a genealogia do navegador ligada a esta vila. Nestes documentos são identificados bens efectivamente localizados em Sabrosa, tais como uma casa (a Casa da Pereira), a quinta da Souta (ainda hoje existente em frente ao Vale da Porca) e o legado de missas anuais no altar do Senhor Jesus da Igreja de São Salvador do qual ainda existem vestígios na actual Igreja Matriz da vila. A existência, na referida casa, do brasão da família Magalhães com as armas picadas e arrasadas, traduzindo um castigo que, no tempo de D. Manuel I, era corrente aplicar sobre quem praticasse actos considerados de traição à Pátria, assim tendo sido entendida a missão de Magalhães ao serviço da coroa de Espanha, corroboravam a mesma tese. Entretanto, há muitas décadas atrás, a veracidade destes documentos começou a ser posta em causa. Desde logo por o primeiro testamento referir a expressão “sua majestade” em relação a D. Manuel I, quando se sabe que, ao tempo, não havia esse tratamento, mas sim “sua alteza”. Ainda que no documento notarial de 1798 esteja dito que foi “fielmente copiado menos algumas palavras que por estarem mal escritas em letra gótica e o papel carcomido do tempo não foi possível poder ler”, não tem faltado quem procure todos os pretextos para desvalorizar o teor dos testamentos, como não falta também quem tal tenha rebatido, a exemplo do Abade de Baçal, que o fez minuciosamente. Estas dúvidas permitiram que outras hipóteses de naturalidade fossem sendo entretanto equacionadas. Por exemplo, do Porto se diz existir uma declaração que alude à expressão “Vecino de la cidade del puerto” e que isso indicaria ser dali natural. Contudo, sabe-se também que, num testamento feito mais tarde em Espanha, se declara do mesmo jeito: “vesino q soy desta muy noble e muy leal çibdad de Sevylha”. O que vale então esta palavra “vecino” em tais documentos? Nada de mais relevante. Apenas que Magalhães pode ter vivido nessas cidades. (…). Importa ter presente que as questões divergentes da naturalidade de Magalhães foram sendo geradas muito depois da sua morte, quando se percebeu que haveria uma notável fortuna a reivindicar da coroa de Espanha, por ser devida ao Navegador uma parte dos territórios descobertos mundo além. Foi então que vários supostos parentes foram surgindo em diversas localidades do País (incluindo Ponte da Barca), uns e outros logo impugnados e desacreditados nas suas pretensões pelo poder castelhano, que dessa forma assegurava a intocabilidade do seu património. (…)}} (Alexandre Parafita - “Fernão de Magalhães: símbolo inequívoco da tradição de Sabrosa”, en Jornal de Notícias, Suplemento "Terra de Fernão Magalhães", 5 de setembro de 2009)
  5. No seu testamento de 1519, o navegante refire que usa as armas dos Magalhães e dos Sousa, o que desde logo suxire lazos coa familia de Ponte da Barca, que ostenta os mesmos apelidos. Manuel Abranches de Soveral divulgou recentemente[cando?] en Internet un estudo que esclarece definitivamente por que vías Fernando de Magalhães vai entroncar na árbore xenealóxica dos señores da Nóbrega.[Cómpre referencia] Segundo Soveral, o navegante era fillo de Rui de Magalhães, neto de Paio Afonso de Magalhães e bisneto de Gil Afonso de Magalhães, quen, á súa vez, era irmán de João de Magalhães, fundador de Ponte da Barca.
  6. Amândio Barros enumera diversos rexistros de transaccións operadas na rexión por familiares moi próximos a Fernando de Magalhães. E o propio navegante, cando se encontraba en Oriente e quixo reclamar o pagamento dunha suma que emprestara a un galego en Cochim, na India, pasou recado ao seu irmán Diogo de Sousa para que cobrase a débeda a través do almoxarifado (distrito ou división administrativa fiscal) de Ponte de Lima, xustamente aquel que os Magalhães de Ponte da Barca usaban nas súas transaccións. Barros argumenta que sería máis natural que a escolla tivese recaído no Porto, ou mesmo en Viana, e considera moi significativo que o navegante teña recorrido ao almoxarifado de Ponte de Lima.
  7. Ao contrario dos aportados por António Luís Álvares Pereira, este documento, garante Amândio Barros, "resiste á crítica e móstrase verdadeiro, canto aos trámites, testemuñas inquiridas e contido dos datos"
  8. Unha pasaxe do historiador Damião de Góis, extraída da súa "Crónica do rei D. Manuel" publicada en 1567, di que Magalhães « rompeu os lazos co seu país de orixe - do cal non derivou "instrumentos" públicos. Herrera retomao en 1601 afirmando que o navegante "decidiu" desnaturalizarse "[...] despois de asinalo ante notario », entrando ao servizo de España en outubro de 1517. Este non é o caso, aínda que só sexa porque este procedemento de "desnaturalización" non existise legalmente: de feito se podería "desnaturalizar" a si mesmo "naturalizándose" noutro lugar, senón a "desnaturalización" voluntaria non existía. Pode que a "acta notarial" suxerida por Damião de Góis sexa de feito unha especie de copia do cronista (de Castro, Le Voyage de Magellan, 2010, p. 323-324). Engadimos que o cambio na ortografía do nome, Magalhães en Magallanes, era unha práctica habitual cada vez que algún súbdito dun rei ofrecía os seus servizos a outro rei. Non faltan exemplos entre os navegadores (John Cabot, Juan de Solis, etc.).
  9. O historiador Jean Favier escribe que Magalhães "non significa saír ao descoñecido, senón ir por un camiño descoñecido." (Les Grandes découvertes : d'Alexandre à Magellan [1991], Librairie Arthème Fayard/Plurier, 2010, p. 554).
  10. Os mellores xa se usaban para as expedicións as Indias.
  11. 55 volveron a Sevilla no "San Antonio" que desertou, un baixou nas Canarias, 35 volveran a Europa despois de facer o traxecto, de varias maneiras.
  12. Henrique de Malaca habería de ser, con toda probabilidade, o primeiro home en circunnavegar o globo xa que a expedición levouno ás proximidades do lugar onde fora capturado antes de ser vendido a Magalhães en 1511.
  13. Diversamente romanizado en diferentes fontes como Kolambu, Colembu, Kulambu, Calambu etc.
  14. Stefan Zweig escribe: "así pereceu, nunha estúpida liorta cunha horda de salvaxes, o maior navegante de todos os tempos" Zweig 2010, p. 230.
Referencias
  1. "Fernando de Magalhães". Diciopedia do século 21 II. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1274-1275. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Fernão de Magalhães era minhoto". Público (Portugal) (en portugués). 20 de xuño de 2009. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Fernão de Magalhães nasceu em Sabrosa ou em Ponte da Barca? – 500 anos de volta ao mundo". O Minho (en portugués). 10 de setembro de 2019. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  4. Dilva Frazão (5 de febreiro de 2020). "Fernão de Magalhães". ebiografia.com (en portugués). Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  5. Peter van der Krogt, El mite de la terra plana; Edward H. Dahl i Jean-François Gauvin, El descobriment del món: Una història de globus terrestres i celestes, Privat, 2001.
  6. Randles William,De la Terra a la terra plana: Un ràpid canvi epistemològic, 1480-1520, Armand Colin, 1980.
  7. Pierre Chaunu, Conquesta i explotació dels nous mons, PUF, Nouvelle Clio, 1969, p. 267
  8. Allen, Richard Hinckley (1963). Star Names: Their Lore and Meaning (en inglés). Nova York: Dover Publications Inc. pp. 294–295. ISBN 0486210790. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2012. 
  9. Morgado, João (2019). Fernão de Magalhães e a Ave-do-Paraíso (en portugués). A Esfera dos Livros. ISBN 9789896268756. 
  10. 10,0 10,1 «Fernand de Magellan (1480 env.-1521)», artigo da l'Encyclopædia Universalis.
  11. Manuel Alcino Martins de Freitas (1980). Fernão de Magalhães Nasceu em Sabrosa (Vila Real - Trás-os-Montes) (en portugués). Vila Real: Min. Transmontana. 
  12. Castro 2007, p. 37.
  13. Manuel Abranches de Soveral (2007). Ensaio sobre a origem dos Magalhães (en portugués). Porto. 
  14. Manuel Abranches de Soveral (2006). Ensaio sobre a origem dos Mesquita (en portugués). 
  15. Castro 2007, p. 42
  16. Zweig 2010, p. 44.
  17. William J. Bernstein (2008), "A Splendid Exchange: How Trade Shaped the World", pp. 183-5. Nueva York: Atlantic Monthly Press. ISBN 978-0-87113-979-5.
  18. Castro 2007, p. 43,
  19. Zweig 2010, p. 54-55.
  20. Castro 2007, p. 45.
  21. Castro 2007, p. 49-50.
  22. João de Barros, Décadas da Asia, 1563, III, v, 8.
  23. Zweig 2010, p. 62-63.
  24. Stefan Zweig (2009). Grasset, ed. Les grandes vies (en francés). París. pp. 1092 , 1093. ISBN 978-2-246-42521-2. .
  25. Castro 2007, p. 54.
  26. 26,0 26,1 "Jorge Reinel (?) 1519, fac-similé de 1843" (en francés). 1519. Consultado o 13 abril 2020. .
  27. Dom José Manoel de Noronha, Algumas Observações sobre a Naturalidade e a Família de Fernão de Magalhães,(en portugués), Imprensa da Universidade, Coimbra, 1921.
  28. Pigafetta 2010, p. 326-28.
  29. de Castro 2010, p. 329-32.
  30. Castro 2007, p. 515.
  31. Fernández de Navarrete 1837, p. 3.
  32. 32,0 32,1 Fernández de Navarrete 1837, pp. 12-22.
  33. O contido do testamento consérvase no Arquivo Xeral de Indias, signatura PATRONATO,36,R.2; transcripción por Cristóbal Bernal. Arquivado 07 de maio de 2021 en Wayback Machine., pero tamén se conserva un fragmento do orixinal no Arquivo Histórico Provincial de Sevilla [1]
  34. "El viaje de Enrique". www.exlibric.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2017. 
  35. Castro 2007, p. 347.
  36. Castro 2007, p. 487.
  37. Os acontecementos son narrados en detalle por Stefan Zweig na súa biografía de Magalhães, op. cit., p. 155-171.
  38. Castro 2007, p. 362-364.
  39. Lucena Salmoral 1982, p. 321.
  40. Zweig 2010, p. 168.
  41. Castro 2007, p. 104.
  42. Dantin Cereceda, Juan (2012). Exploradores y conquistadores de Indias: relatos geográficos (en castelán). Maxtor. pp. p.204. ISBN 8490011931. 
  43. Castro 2007, p. 372-374
  44. Pigafetta, 2010, p. 69, 276-277, et 333-334.
  45. Pigafetta 2017, p. 28-29.
  46. Couto 2013, p. 119, 128-129.
  47. Couto 2019, p. 81, 84, 100, 101, 104, 105, 107, 108, 109, 110, 111.
  48. Castro 2007, p. 65-66
  49. Castro et al. 2010, p. 45.
  50. Garcia 2007, p. 164-166, 314-315.
  51. Garcia 2019, p. 85-94.
  52. Jérôme Gautheret (6 de decembro de 2007). "15 ans de travail au service de Magellan" (en francés). Consultado o 16 de outubro do 2020. 
  53. Pigafetta 2010, p. 22-23, 55-57, 65-67, 69, 276-277, 332-334 e notas 1.
  54. Pigafetta 2017, p. 7, 26-29.
  55. Duviols & Castro 2019, p. 225, 228.
  56. Castro 2007, p. 379-381
  57. Castro 2007, p. 114
  58. Bergreen 2003, pp. 224-226.
  59. Cameron 1974, pp. 167-169.
  60. "Fernand de Magellan". larousse.fr (en francés). Consultado o 16 de outubro do 2020. .
  61. Bergreen 2003, p. 229.
  62. Bergreen 2003, p. 226.
  63. Bergreen 2003, pp. 229-231.
  64. Thomas Suárez (1999). Early Mapping of Southeast Asia: The Epic Story of Seafarers, Adventurers, and Cartographers Who First Mapped the Regions Between China and India]. 
  65. Parr, Charles McKew So Noble a Captain: The Life and Times of Ferdinand Magellan Thomas Y. Crowell, New York, 1953. p.431
  66. 66,0 66,1 Cameron 1974, p. 173
  67. Bergreen 2003, p. 244-245.
  68. Bergreen 2003, pp. 243,245.
  69. Cameron 1974, p. 177.
  70. Cameron 1974, p. 180.
  71. Bergreen 2003, p. 271.
  72. Cameron 1974, p. 187.
  73. Castro 2007, p. 164-167.
  74. Castro 2007, p. 170
  75. Castro 2007, p. 409-410.
  76. Miguel Ojeda 1958, pp. 13-14.
  77. Cameron 1974, p. 198.
  78. Miguel Ojeda 1958, p. 16.
  79. Miguel Ojeda 1958, pp. 17-18.
  80. Miguel Ojeda 1958, p. 19.
  81. Fernández de Navarrete 1837, pp. 80-81.
  82. Olaya, Vicente G. (5-XI-2019). "El grumete de Elcano lo confesó todo". El País. 
  83. Miguel Ojeda 1958, pp. 21-22.
  84. Pigafetta 2010, p. 90, 473, 478-479, 481, 543-544, 546, 798.
  85. Castro 2018, p. 6-7, 27, 31, 52-53, 55, 299.
  86. Rodríguez González, Agustín Ramón (agosto–setembro 2019). "El papel de Portugal" (PDF). Revista General de Marina 277: 267–278. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]