Leiria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°46′N 8°53′W / 39.767°N 8.883°W / 39.767; -8.883

Leiria
Pt-lra1.png LRA.png
LEIRIA E CASTELO.jpg
Leiria e o seu castelo
Situación xeográfica
Leiria en Portugal
Leiria
Leiria
País Flag of Portugal.svg Portugal
Rexión Centro
Subrexión Pinhal Litoral
Distrito Leiria
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 565 km²
Poboación
Poboación 126.879 hab. (2011)
Densidade 228 hab/km²
Xentilicio Leiriense
Información
Código postal 2400 Leiria
Alcalde Rául Castro (PS)
Páxina web Páxina oficial

Leiria é unha cidade portuguesa, situada na rexión Centro e subrexión do Pinhal Litoral, con aproximadamente 42 745 habitantes,[1] capital do concello e do distrito de Leiria.

Foi fundada como vila en 1135, recibindo o primeiro foro de Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal, en 1142, baixo o nome de Leirena.

É sede dun municipio con 565,1 km² de superficie e 126.879 habitantes (INE, 2011), subdividido en 29 freguesías.

Ten un clima temperado marítimo, chuvioso, con temperaturas suaves. Experimentou un notábel crecemento demográfico, do 271,2 % con respecto a 1960, así como tamén un acusado envellecemento da súa poboación, aínda que inferior ao da poboación do distrito. Nas últimas décadas, Leiria coñeceu un importante desenvolvemento industrial e cultural, coa creación de escolas e institutos de ensinanza superior que atraen a un gran número de estudantes, incluso doutros distritos.

A poboación activa da cidade traballa maioritariamente en actividades do sector terciario (70,4 %) e secundario (18,6 %). En 1991 tiña 27.531 residentes, repartidos en seis freguesías: Marrazes, Leiria, Pousos, Parceiros, Barreira e Barrosa.

A cidade está bañada polos ríos Lis e Lena, sendo o castelo de Leiria o seu monumento máis notábel.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nuno Pires Soares (2004): Uma população que se urbaniza. Uma avaliacção recente. Cidades, 2004. Instituto Geográfico Português.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]