Illa Bohol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bohol
Vista da illa
Bohol-Chocolate Hills.jpg
Datos
Capital Tagbilaran
País Filipinas
Localización
Arquipélago Visayas
Linguas
Poboación (2000) 1.137.268 hab.
Superficie 3.269 km²
Densidade
Coordenadas 9°50′N 124°10′E / 9.833°N 124.167°E / 9.833; 124.167
Maior Altura
Localización
Localización  da illa

A illa de Bohol é a illa principal da provincia de Bohol nas Visayas. Atópase ao sueste da illa de Cebú no Estreito de Cebú (nalgunhas referencias chamado Estreito de Bohol) e ao sudoeste da Illa Leyte, separadas polo Mar de Camotes e o Canal Canigao. Bohol tamén se atopa ao norte de Mindanao co Mar de Bohol entre elas.

Cunha superficie de 3.269 km² e unha costa de 261 quilómetros de longo, é a illa de Bohol a décima máis grande de Filipinas. A illa principal está rodeada de preto de 70 illas máis pequenas, as maiores das cales son a Illa Panglao fronte a cidade de Tagbilaran no sudoeste e a Illa Lapining no nordés.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa de Bohol é de forma oval e esta rodeada por 73 illas máis pequenas, cun terreo suavemente ondulado. As montañas do interior de Bohol son o fogar de raras especies de fauna e flora en perigo de extinción. En certos puntos, os cerros caen abruptamente á costa cunha elevación máxima de 870 metros sobre o nivel do mar. As terras altas do interior son aptas para o sector agro-forestal e de alta produción agrícola. As terras baixas do centro e do norte tamén son fértiles e con auga abundante. Existen máis dun centenar de covas, as maiores atópanse na parte oriental, o que a fai ideal para a espeleoloxía.

Os outeiros Chocolate considéranse unha das marabillas naturais de Filipinas e son a gran atracción turística da provincia de Bohol. Os máis de 1.200 outeiros en forma de cono están feitos de restos de pedra calcaria dos arrecifes de coral, de cando se mergullou a a illa, durante a idade de xeo. Chamanse así porque no verán, a herba que crece nos outeiros ao dourarse, da á paisaxe un aspecto como de montículos de chocolate por todas partes. Os outeiros do chocolate atópanse no selo da provincia de Bohol.

A maioría das praias son de area branca. A area adoita ser de tan alta calidade que se exporta a outras praias do mundo. A máis coñecida destas praias atópase na illa Panglao, existen numerosos illotes que teñen praias similares, intactas e virxes.

Existen catro ríos principais que corren a través de Bohol, o río Loboc é o máis famoso polos seus cruceiros polo río, na costa sueste do país. O máis grande, o río Inabanga, corre na parte noroeste da illa. O río Abatan no sudoeste, e o río Ipil no norte.

Numerosas fervenzas e covas atópanse dispersas en toda a illa, incluíndo a fermosa fervenza Mag-Aso en Antequera. Mag-Aso significa fume na lingua nativa. A auga está fría e, a miúdo crea unha néboa nas mañás húmidas que pode ocultar as cataratas.

Vista aérea do interior de Bohol