Afonso de Albuquerque
Afonso de Albuquerque, nado posibelmente en Alhandra en 1462 e finado en Goa o 16 de decembro de 1515, foi un militar e político portugués e unha das principais figuras da expansión portuguesa no Oriente e da afirmación de Portugal como grande potencia asiática en canto Gobernador da India. Foi alcumado O Grande, César de Oriente, León dos Mares, O Terribil e O Marte Português.
Índice |
Traxectoria [editar]
Formación [editar]
Foi o segundo fillo de Gonçalo de Albuquerque, e foi educado na corte de Afonso V. En 1476 acompañou o futuro rei D. Xoán II nas guerras con Castela. Participou na escuadra enviada en 1480 en socorro de Fernando II rei de Aragón, Sicilia e Nápoles «para reprimir o furor dos turcos» de avanzar na península itálica, no Golfo de Tarento, en Otranto, que culminaría na vitoria dos cristiáns en 1481. Estivo nas prazas-fortes de Arzila e Larache (Marrocos) en 1489, e en 1490 fai parte da garda de Xoán II, tendo voltado novamente a Arzila en 1495.
Participou na escuadra enviada en 1480 en socorro de D. Fernando II rei de Aragón, Sicilia e Nápoles «para reprimir o furor dos turcos» de avanzar na península itálica, no Golfo de Tarento, en Otranto, que culminaría na vitoria dos cristiáns en 1481.
En 1503 foi enviado à India con seu primo Francisco de Albuquerque, comandando cada quen tres naos, tendo participado en varias batallas, erguido a fortaleza de Cochín e establecido relazóns comerciais con Coulão.
De regreso ao reino de Portugal, foi ben acollido por D. Manuel que en 1506 o tornou a enviar ao Oriente en compañía de Tristão da Cunha e nomeándoo gobernador da India na sucesión do vicerrei Francisco de Almeida. Neste posto, conquistou varios portos en Omán acabando por chegar á riquísima cidade de Ormuz, que se tornou tributaria de Portugal. En 1510 toma Goa ao turco Hidalcão e en 1511 toma Malaca, abrindo aos portugueses o acceso ás especiarias das Molucas e ao comércio con a China. En febreiro de 1513 Albuquerque parte para o estreito de Bab-el-Mandeb, tentando tomar Áden sen éxito.
Con a construción da fortaleza de Ormuz em 1515 concluíu o seu plano de dominio dos puntos estratéxicos que permitían o control marítimo e o monopolio comercial da India.
India [editar]
En 1514 está na India dedicándose á administración e diplomacia, a concluír a paz con Calecute, a recibir embaixadas de reis indianos e a consolidar e embelecer Goa, onde, por medio do casamento de portugueses con mulleres indíxenas procura crear unha raza luso-indiana. O seu prestixio chegara a auxe creando as bases do Imperio Portugués no Oriente.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
