Mactan
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A illa de Mactán localízase fronte ás costas da illa de Cebú, na provincia filipina de Cebú. A illa está subdividida entre as municipalidades de Córdova e Lapu-Lapu.
Conéctase á illa de Cebú a través de dúas pontes, a ponte de Marcelo Fernan e a de Mactán.
Na illa atópase o Aeroporto Internacional Mactán-Cebú, o segundo máis importante en tráfico de Filipinas.
En Mactán sucedeu a batalla de Mactan, na que os nativos da illa baixo o mando do seu xefe Lapu-Lapu, enfrontáronse aos soldados españois en 1521, resultando morto Fernão de Magalhães, que comandaba a expedición.