Ambón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Este artigo trata sobre unha illa, para a plataforma das igrexas véxase Púlpito.
Ambón
Localización da illa
Mapa de Seram e Ambón
Situación
País Indonesia
ArquipélagoMolucas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas3°42′S 128°10′L / -3.700, -128.167Coordenadas: 3°42′S 128°10′L / -3.700, -128.167
Xeografía
Superficie805´8 km²
Longura máxima51 km.
Punto máis alto1225 m. Salhutu
Demografía
CapitalAmbón
Poboación441.613 (2010)

A illa de Ambón[Cómpre referencia] forma parte do arquipélago das Molucas, en Indonesia. A illa ten unha extensión de 775 km².

Características[editar | editar a fonte]

Formada por dúas longas porcións unidas por un istmo. O seu chan é fartureiro, con volcáns en actividade como Salhutu (1225 m) e Wawani (1100 m). As especias e os froitas tropicais son os principais cultivos da illa. Os amboneses son un pobo de orixe malaio-papúa, a maioría son cristiáns ou musulmáns. A lingua ambonesa desenvolveuse como lingua comercial de todo o arquipélago das Molucas. O bilingüísmo co Bahasa é alto na cidade de Ambón, a capital da illa.

Os portugueses foron os primeiros europeos en chegaren á illa no ano 1512, establecéndose en diversos asentamentos para comercializaren o cravo producido na illa ata 1609, en que foi ocupada polos holandeses. Os ingleses fundaron un establecemento en 1615, pero só o conseguiron manter ata 1623 en que foi conquistado polos holandeses, que mantiveron a soberanía ata 1949, aínda que nos anos 1796-1802 e 1810-1814 os ingleses ocuparon a illa.

Durante o período holandés, a cidade de Ambón foi a sede dos residentes holandeses e a comandancia militar das Molucas. A cidade estaba protexida polo Forte Vitoria, e unha enciclopedia de 1911 caracterizouna como "unha pequena cidade limpa con rúas anchas, ben plantada". A poboación foi dividida en dúas clases orang burger ou cidadáns, e orang Negri ou aldeáns, os primeiros son unha clase de orixe indíxena que goza de certos privilexios conferidos aos seus devanceiros pola antiga Compañía Holandesa das Indias Orientais. Houbo tamén, ademais dos holandeses, algúns árabes, chineses e uns poucos colonos portugueses.

A cidade de Ambón foi o sitio dunha importante base militar holandesa, que foi capturada ás forzas aliadas polos xaponeses na Batalla de Ambón (1942), durante a segunda guerra mundial. A batalla foi seguida pola execución sumaria de máis de 300 prisioneiros de guerra aliados, no masacre de Laha.

Indonesia declarou a súa independencia en 1945. Como resultado das tensións étnicas e relixiosas, así como o presidente Sukarno de Indonesia fixo un estado centralizado, Ambón, foi o escenario dunha rebelión contra o goberno de Indonesia, que deu lugar á rebelión da República das Molucas do Sur en 1950.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]