Cravo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Este artigo trata sobre o obxecto usado na construción, para o artigo sobre a árbore véxase Craveiro de India.
En enxeñaría, carpintaría e construción, un cravo é un obxecto delgado, alongado e duro semellante aos alfinetes, cunha punta de metal ou aliaxe usado como sistema de fixación. Antigamente eran de ferro forxado; na actualidade os cravos son dunha aliaxe de aceiro, adoito tratada para combater os efectos da corrosión en condicións severas ou mellorar a adhesión.
O normal é chantar os cravos na peza coa axuda dun martelo ou unha pistola de cravos pneumática. Os cravos manteñen os materiais xuntos por medio da fricción na dirección do eixe e tensión de corte lateralmente.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa arquitectura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |