Hospital Quirón Miguel Domínguez (Pontevedra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hospital Quirón Miguel Domínguez (Pontevedra)
Entrada ao hospital na rúa Castelao
Edificio
Nome inicialHospital Miguel Domínguez
EnderezoRúa Frei Xoán de Navarrete, 9
Localizacióncódigo postal 36001, Pontevedra
Coordenadas42°25′46″N 8°38′32″O / 42.429361111111, -8.6423333333333Coordenadas: 42°25′46″N 8°38′32″O / 42.429361111111, -8.6423333333333
PropietarioQuirónsalud
Uso(s)Hospitalario
Construción
Construción1947
Dimensións
Superficie14.000 m² [1]
Plantas8
Equipo
Outros127 camas [2]
editar datos en Wikidata ]

O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez é un hospital xeral de carácter privado situado na cidade de Pontevedra, xestionado polo grupo hospitalario Quirónsalud. Atópase en pleno centro da cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundado en 1947[3] como sanatorio polo traumatólogo asturiano Miguel Domínguez Rodríguez na rúa Joaquín Costa.[4] Ao principio o hospital era ao 90% de Traumatoloxía, pero foise profesionalizando e ampliando as súas especialidades ata converterse nun hospital xeral.[5] Funcionou como unha empresa familiar desde a inauguración do sanatorio, o 16 de xullo de 1949, ata 1996 cando se fixo a ampliación máis importante, coa edificación da parte correspondente á rúa Castelao.[6]

Converteuse en hospital no ano 2000. Reinaugurouse como tal o 1 de febreiro de 2000, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia.[1] En 2009 constituíuse como Grupo Hospitalario Miguel Domínguez tras a fusión de tres centros privados: o Hospital Miguel Domínguez, o Policlínico Miguel Domínguez e a Clínica Médica La Merced. En 2011 incorporou ao grupo hospitalario o Centro de Rehabilitación e Fisioterapia na rúa San Pedro de Alcántara.[6]

O 16 de outubro de 2015 o grupo hospitalario privado Quirónsalud comprou o hospital principal do centro da cidade á familia Domínguez, así como o centro policlínico de especialidades da rúa Castelao, o centro de rehabilitación e fisioterapia da rúa San Pedro de Alcántara e o sanatorio de la Merced no lugar de Andurique (Poio), moi próximo á cidade, que se converteu en Instituto de Neurorehabilitación[3][6][7] e que foi finalmente trasladado ao Hospital Quirón do centro de Pontevedra en xaneiro de 2024.[8]

Descrición[editar | editar a fonte]

O hospital Quirón de Pontevedra ten entrada polas súas dúas fachadas, na rúa Frei Xoán de Navarrete (entrada principal) e na rúa Castelao, onde se atopa o servizo de urxencias e de análises clínicas. Conta con máis de 50 médicos especialistas, 5 quirófanos e avanzada tecnoloxía de probas e diagnóstico.[3] Ten tamén outras instalacións como laboratorio de análises e salón de actos.[6]

Foi o primeiro centro sanitario privado de Pontevedra en contar cun respirador artificial e en dispoñer dun escáner, unha resonancia magnética ou quirófanos «intelixentes».[6]

O Hospital ten un concerto co Servizo Galego de Saúde (Sergas) como hospital acreditado para derivar pacientes. A este centro van os lesionados en accidentes laborais e de tráfico.[6]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]