Illa das Esculturas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°26′24″N 08°38′02″W / 42.44000°N 8.63389°W / 42.44000; -8.63389

Saavedra, de Francisco Leiro.

A illa do Covo, denominada popularmente como illa das Esculturas, é unha illa situada na fouce do río Lérez, en Pontevedra. Ten uns 70.000 m², e está conectada con ambas beiras do río por pasarelas e pontes.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Recentemente a comunidade de montes de Lérez levou a cabo unha poda da maioría dos eucaliptos que había, substituíndoos por árbores autóctonas. A illa é utilizada por moitas aves como lugar de cría. Situada ó carón do campus universitario, é utilizada por bastante xente como lugar de paseo ou adestramento deportivo.

En 1999 levouse a cabo o proxecto de recuperación deste espazo, coa creación de obras de arte contemporánea interrelacionadas coa paisaxe por parte de 12 autores. O proxecto inaugurouse oficialmente o 29 de xullo de 1999.

Obras[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]