Casa do Correo Vello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa do Correo Vello
Fachada principal da Casa do Correo Vello
Edificio
EstiloGótico tardío
EnderezoPraza Celso García de la Riega, 4
LocalizaciónPontevedra
Coordenadas42°26′03″N 8°38′42″O / 42.434083333333, -8.6449444444444Coordenadas: 42°26′03″N 8°38′42″O / 42.434083333333, -8.6449444444444
PropietarioPropiedade privada
Uso(s)Vivenda
Construción
Construciónséculo XVI
Dimensións
Plantas4 (planta baixa + 3 andares )
editar datos en Wikidata ]

A Casa do Correo Vello é unha casa señorial gótica[1] do século XVI[2] situada no casco antigo da cidade de Pontevedra.

Localización[editar | editar a fonte]

A casa atópase na praza de Celso García de la Riega, na parte norte do centro histórico de Pontevedra, moi preto da ponte do Burgo nunha das entradas principais á cidade medieval. Unha das súas fachadas laterais dá á rúa Real e ao camiño portugués de peregrinación a Santiago e á antiga vía romana XIX e a outra fachada á rúa San Nicolás.[3][2]

Historia[editar | editar a fonte]

Esta casa nobre foi construída no século XVI, para dúas familias vascas procedentes de Áraba que se asentaron na cidade de Pontevedra, os Murga e os Ibaizábal. [2]

A casa debe o seu nome á función de Casa do Correo na cidade desde a que se distribuía o correo, con un servizo postal desde 1707. Foi empregada como casa de postas no século XVIII pola súa situación privilexiada próxima á ponte do Burgo e á beira do camiño de Santiago portugués. Á casa estivo vinculado o pai de Frei Martín Sarmiento que foi Correo Maior do Reino en Pontevedra.[4]

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha casa gótica[1] do século XVI que ten planta baixa e tres andares. Na súa fachada principal mostra un alfiz[1] característico do século XVI, que percorre a fachada que dá á praza de Celso García de la Riega e bordea a parte superior dun escudo de armas de grandes dimensións coas armas dos Ibaizábal, Villegas, Aldao e Salazar.[2] O escudo está timbrado cun casco con penacho e adornado de lambrequíns, así como unha cabeza de anxo debaixo da punta do escudo.

A porta orixinal de acceso á casa termina nun arco carpanel[1][4] de tres centros cun pequeno escudo na clave. Os dous primeiros pisos teñen portas balconeiras e o terceiro posúe un balcón que ocupa toda a fachada.[2]

Na fachada lateral esquerda, que dá á Rúa Real, hai outro pequeno escudo totalmente cadrado coas armas dos Murga, que eran oriúndos do municipio de Aiara en Áraba e parentes dos Ibaizábal.[2]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 82. ISBN 978-8403509344. 
  • Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 221. ISBN 978-84-8457-327-2. 
  • Messía De la Cerda y Pita, Luis F. (1989). Heráldica, escudos de armas labrados en piedra existentes en la zona de Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Deputación de Pontevedra. pp. 239–241; 242–245. ISBN 848684522X. 
  • Nieto González, Remigio (1980). Pontevedra. Guía monumental ilustrada (en castelán). Pontevedra: Asociación de Comerciantes de la calle Manuel Quiroga. p. 30. 
  • Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 24-25. ISBN 9788482890852. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]