Facultade de Deseño de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°25′47″N 08°38′20″O / 42.42972, -8.63889

Facultade de Deseño de Pontevedra

Vista do edificio da Xunta onde está prevista a localización provisional da facultade
Universidade: Universidade de Vigo
Localización: Pontevedra
Campus: Pontevedra
Enderezo: Rúa Benito Corbal, 47
36001
Ano de fundación: 7 de xullo de 2022
Decano: Marcos Dopico Castro[1]
Docentes: 22 (a tempo completo)[2]
Estudantes: 260[2]
Teléfono: 986801890
Correo electrónico: deseno@uvigo.gal
Páxina web: facultadededeseño pontevedra

A Facultade de Deseño de Pontevedra é un centro educativo universitario da Universidade de Vigo, con sede en Pontevedra no centro da cidade, único no noroeste de España.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

O proceso para a implantación da Facultade de Deseño na cidade de Pontevedra púxose en marcha en outubro de 2020.[4][1]

A Facultade de Deseño de Pontevedra creouse en 2022 polo decreto 133/2022, do 7 de xullo, no seu artigo 1.[5][6] Segundo o citado decreto a facultade poderá albergar á parte do grao en deseño, outras futuras titulacións, tanto de grao como de máster, relacionadas co ámbito do deseño. Aínda que nun principio estaba previsto o comezo das clases na facultade en 2022 coa posta en marcha do grao en Deseño, aprazouse finalmente por atraso nos trámites administrativos para o curso académico 2023-2024.[7]

A sede inicial provisional da facultade de Deseño son as plantas sexta e sétima[8] do Edificio da Xunta de Galicia cedidas para uso da universidade no centro da cidade de Pontevedra, na rúa Benito Corbal, 47.[2][9] Está prevista a construción dun edificio específico que acollerá a sede definitiva da facultade no barrio de Tafisa, na marxe esquerda do río Lérez, na beira oposta á que se atopa o campus da Xunqueira.[10] Ata a construción do novo edificio no barrio de Tafisa, a docencia desenvolverase no edificio da rúa Benito Corbal e tamén nalgúns espazos compartidos na Facultade de Belas Artes como os talleres téxtiles.[1]

Titulacións[editar | editar a fonte]

  • Grao en Deseño.[1] É un título único no Sistema Universitario de Galicia. Contémplanse dúas orientacións, unha de deseño gráfico e dixital e outra en deseño de moda, ofrecendo unha formación transversal baseada en áreas de coñecemento relacionadas coas Belas Artes e as áreas de Comunicación Audiovisual, Informática, Historia da arte, Deseño, Socioloxía ou Didácticas Especiais.[11]

Como estudos de posgrao a facultade acollerá o seguinte máster:

Equipo decanal[editar | editar a fonte]

O decano-comisario da facultade de Deseño é Marcos Dopico Castro.[3][1]

Actividades[editar | editar a fonte]

Na cidade celebráronse actividades relacionadas co deseño noutros centros universitarios do campus de Pontevedra como as relacionadas co Encontro Nacional de Deseño organizadas en outubro de 2022.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Ratifican la creación de las nuevas facultades de Diseño y de Dirección y Gestión Pública en el campus de Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Luz verde a la creación en Pontevedra de las nuevas facultades de Diseño y de Dirección y Gestión Pública". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "«Ahora la titulación es un proyecto de campus y no de Belas Artes»". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xullo de 2019. 
  4. "Luz verde a las facultades de Deseño y de Xestión Pública en el campus de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 8 de febreiro de 2022. 
  5. "Visto bueno a la creación de las facultades de Deseño y Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2022. 
  6. "DECRETO 133/2022, de 7 de julio, por el que se aprueba la creación de la Facultad de Diseño, de la Facultad de Dirección y Gestión Pública, y de la Facultad de Relaciones Internacionales de la Universidad de Vigo" (pdf). Diario Oficial de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 2022. 
  7. "Peligra la implantación del Grao en Deseño en el campus el próximo curso". Diario de Pontevedra (en castelán). 30 de marzo de 2022. 
  8. "Forestais e DXP repiten como os únicos graos que empezan o curso con vacantes". Diario de Pontevedra. 5 de setembro de 2023. 
  9. "El grado en Diseño y Creación tendrá espacios propios en el edificio administrativo de Benito Corbal". Pontevedra Viva (en castelán). 29 de maio de 2020. 
  10. "Un edificio modular albergará las facultades de Deseño y Dirección e Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de abril de 2022. 
  11. "Diseño y Creación tendrá facultad propia en Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 18 de xullo de 2019. 
  12. "Pontevedra, capital española del diseño". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]