A Parda, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Parda
Avenida Virxinia Pereira Renda
ConcelloPontevedra
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°25′33″N 8°37′50″O / 42.42575, -8.6304444444444Coordenadas: 42°25′33″N 8°37′50″O / 42.42575, -8.6304444444444
editar datos en Wikidata ]

A Parda é un barrio da cidade de Pontevedra na súa zona leste. Ten unha función sobre todo residencial e ten tamén importantes instalacións xudiciais, educativas e sanitarias.

Localización[editar | editar a fonte]

O barrio da Parda está situado ao leste da cidade de Pontevedra. Limita ao norte coa rúa Estrada e a PO-532, ao sur coa PO-542 e O Marco, ao leste coa Rolda Leste[1] e ao oeste coas vías férreas e a estación do ferrocarril. Ao leste do barrio atópase o cemiterio municipal de Santo Amaro, proxectado en 1879 polo arquitecto Alejandro Sesmero e inaugurado en setembro de 1882.

Historia[editar | editar a fonte]

O topónimo Parda vén de "parta" que significa terreo cheo de auga, pantano ou zona húmida[2] e fai referencia á zona húmida ou Xunqueira da Parda que está situada no barrio ao leste da estación de Pontevedra, do outro lado das vías do ferrocarril e que ten 8.000 metros cadrados.[3]

O pazo da Parda, situado ao sur do barrio, preto da estrada PO-542, procede da liñaxe dos Acuña. Data de 1620 e foi fundado polos irmáns Malvar, deáns da catedral de Santiago de Compostela. O pazo foi construído principalmente nos séculos XVIII e XIX.[4] O pazo acolleu importantes reunións políticas a principios do século XX, cando o seu propietario, Gabino Bugallal Araújo, II Conde de Bugallal e varias veces Ministro da Coroa e Presidente das Cortes Españolas, converteuno na súa residencia de verán.[5][6]

O inicio do desenvolvemento do barrio da Parda produciuse coa demolición do antigo cárcere provincial da Parda grazas a un convenio conseguido polo alcalde Juan Luis Pedrosa en 1995 e á construción no seu soar do primeiro dos edificios xudiciais da Cidade da Xustiza de Pontevedra, cuxas obras empezaron a principios de 1996 e que se inaugurou en 1998.[7][8][9][10]

En 1999 acabáronse de urbanizar os terreos e construíuse a avenida transversal de 22 metros de ancho Xoán Carlos I[11] (actual avenida Virxinia Pereira Renda) de catro carrís de circulación, entre as rúas da Estrada e Pintor Laxeiro.

En xullo de 2001 aprobouse a construción na avenida Xoán Carlos I do novo edificio do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, que foi inaugurado en setembro de 2004.[12][13][14][15] A partir de 2002, a expansión do barrio acelerouse.[16]

En 2006 comezaron as obras de construción do novo Centro de Saúde da Parda na rúa Gaiteiro Ricardo Portela.[17] O centro de saúde, incluíndo nos seus servizos un Punto de Atención Continuada (PAC), foi inaugurado en outubro de 2009.[18]

En 2008 empezouse a construír o complexo deportivo da Parda. Os traballos quedaron a medio facer ao entrar a concesionaria en quebra en 2009.[19]

O 9 de setembro de 2009 inaugurouse no barrio da Parda o parque das Camelias, con entrada pola rúa Gaiteiro Ricardo Portela.[20]

En 2010 finalizou a reurbanización da rúa Pintor Laxeiro, que pasou a contar con catro carrís de circulación.[11][21] En 2011 completouse a urbanización das rúas perimetrais e ampliáronse as zonas verdes en 4220 metros cadrados.[22]

En xaneiro de 2011 entrou en funcionamento a escola infantil da Parda na rúa Diego Sarmiento de Acuña, que pasou a formar parte da rede de garderías da Xunta de Galicia A galiña azul.[23] Foi proxectada polo arquitecto José Ramón Garitaonaindía de Vera.[24]

O 1 de agosto de 2016 empezou a construción do segundo edificio dos Xulgados.[25] O novo edificio foi inaugurado o 3 de setembro de 2019. A partir deste intre Pontevedra contou cunha Cidade da Xustiza conformada por estes dous edificios xudiciais no barrio da Parda.[26]

En outubro de 2019 entrou en servizo a Rolda Leste de case un quilómetro que circunvala o barrio polo leste e que mellorou o acceso ao Hospital Montecelo.[1]

Urbanismo[editar | editar a fonte]

A Parda é o principal barrio da zona leste de Pontevedra e articúlase a partir dunha avenida principal de catro carrís, a avenida Virxinia Pereira Renda e dunha rúa de catro carrís que a cruza, a rúa Pintor Laxeiro. As rúas Estrada e Hortas comunican o barrio polo oeste co centro da cidade e a rúa Hortas tamén o comunica coas estacións de ferrocarril e autobuses.

O barrio ten como parques principais o parque das Camelias e o parque Martín Balea. O parque das Camelias ten 8.000 metros cadrados e conta cunha área de xogos infantís. Ten unha fonte ornamental formando bancada en semicírculo e especies arbóreas como camelias e magnolios.[20] O parque Martín Balea entre as rúas Pintor Laxeiro e Bacelar contará en 2023 cun parque infantil de preto de 1000 metros cadrados de superficie[27] e que será o maior do barrio da Parda.[28] O barrio ten ademais o parque da rúa dos Soutos, que dispón tamén dun parque infantil.[29]

Existe o proxecto de construír no barrio un gran parque urbano, cunha superficie de 34.000 metros cadrados (3,4 hectáreas). O parque terá varias zonas. Un parque infantil chamado "parque da natureza" con tobogáns e tirolesas na zona máis próxima á Cidade da Xustiza; un pequeno leito de auga canalizada, a partir dun fito convertido en fonte, que cruzará toda a parcela ata desembocar no río Gafos; un paseo lineal en paralelo ás vías do tren que incluirá dous miradoiros de 36 metros cadrados; ou un grande espazo verde no extremo sur do parque. Todo o ámbito contará con mobiliario urbano, zonas de estancia e plantacións de especies arbóreas autóctonas, que incluirán arbustos, gramíneas, fentos e árbores de distintos tamaños como carballos e tilos, e tamén bidueiros, amieiros, freixos, estripeiros, cerdeiras silvestres, pereiras atlánticas e maceiras europeas.[30][31][32]

Na rúa do Marco, á dereita da avenida conde de Bugallal atópase o Pazo da Parda.

Instalacións[editar | editar a fonte]

Centros escolares[editar | editar a fonte]

O barrio da Parda conta con distintos centros escolares:

Organismos gobernamentais[editar | editar a fonte]

No barrio atópase a Cidade da Xustiza de Pontevedra, composta por dous edificios de oito e seis andares, que foron inaugurados respectivamente en 1998 e 2019.

Centros sanitarios[editar | editar a fonte]

No barrio atópase o Centro de Saúde A Parda, que dispón dun Punto de Atención Continuada (PAC).

Deportes e lecer[editar | editar a fonte]

  • O futuro complexo deportivo da Parda situarase ao oeste da rúa Francisco Tomás y Valiente, en fronte ao edificio dos Xulgados de 1998. Será licitado en 2023 e construiranse dous pavillóns, un polideportivo e outro para ximnasia rítmica[19] así como un rocódromo.[33]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "La Ronda Leste entra en servicio y prevé absorber 5.000 vehículos". Diario de Pontevedra (en castelán). 11 de outubro de 2019. 
  2. Mateo Sanz 2020, p. 10
  3. "Un grupo de vecinos pide que se preserve el humedal de A Parda por su interés biológico". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xuño de 2010. 
  4. "A Parda, un pazo con aires sevillanos". Pontevedra Viva (en castelán). 27 de maio de 2020. 
  5. "El pazo de A Parda se pone en venta tras cuatro siglos con la familia Bugallal". Faro (en castelán). 3 de novembro de 2017. 
  6. "Una casa señorial con jardín y capilla: así es el Pazo da Parda, a la venta en Pontevedra". El Español (en castelán). 10 de xaneiro de 2023. 
  7. "Un complejo de 2,2 millones sitúa A Parda como barrio de expansión". El Correo Gallego (en castelán). 5 de setembro de 2008. 
  8. "A Parda, ciudad judicial". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de abril de 2010. 
  9. "A Parda deja de ser cárcel para convertirse en juzgado". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 2016. 
  10. "¿Quién abre la puerta de los juzgados de A Parda?". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de marzo de 2016. 
  11. 11,0 11,1 "La calle Pintor Laxeiro contará con cuatro carriles tras su reapertura, a final de mes". Faro (en castelán). 2 de febreiro de 2010. 
  12. "Luz verde a la construcción del nuevo conservatorio de música en A Parda". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xullo de 2001. 
  13. "El nuevo conservatorio estará disponible a finales del 2002". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de novembro de 2001. 
  14. "El Concello cede a la Xunta la parcela del nuevo Conservatorio de Música". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xullo de 2002. 
  15. "Lores se interesa por el estado de las obras del nuevo Conservatorio". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de marzo de 2004. 
  16. "El Concello impulsa la segunda fase del polígono de A Parda". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de marzo de 2002. 
  17. "El Sergas saca a contratación las obras del centro de salud de A Parda". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de febreiro de 2006. 
  18. "El nuevo centro de salud de A Parda ya atenderá pacientes en octubre". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de setembro de 2009. 
  19. 19,0 19,1 "La licitación del complejo deportivo de A Parda se lanzará a principios de 2023". Diario de Pontevedra (en castelán). 7 de novembro de 2022. 
  20. 20,0 20,1 "El barrio de Parda estrena hoy un nuevo parque". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 2009. 
  21. "La reapertura de Pintor Laxeiro ayuda a mejorar el tráfico en la zona Este". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 2010. 
  22. "Pontevedra se expande hacia el barrio de A Parda". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de febreiro de 2011. 
  23. "La escuela infantil «de diseño» de A Parda está acabada, pero su apertura se demorará hasta enero". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de setembro de 2010. 
  24. "O Concello adxudica o mobiliario da gardería da Parda para entrar en funcionamento neste curso". Faro. 17 de agosto de 2010. 
  25. ""Día uno" de las obras del nuevo edificio judicial de A Parda". Pontevedra Viva (en castelán). 1 de agosto de 2016. 
  26. "Pontevedra inaugura su ciudad de la justicia". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de setembro de 2019. 
  27. "A licitación el proyecto del parque infantil "tematizado" de Pintor Laxeiro". Pontevedra Viva (en castelán). 1 de xaneiro de 2023. 
  28. "Pontevedra pone en marcha la licitación del macro parque infantil de A Parda". El Español (en castelán). 2 de xaneiro de 2023. 
  29. "El parque infantil de la Rúa dos Soutos estrena su renovada imagen". Pontevedra Viva (en castelán). 25 de abril de 2020. 
  30. "El complejo deportivo de A Parda se integrará en el mayor parque urbano de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de febreiro de 2023. 
  31. "A Parda tendrá el mayor parque de la ciudad". Diario de Pontevedra (en castelán). 21 de febreiro de 2023. 
  32. "El nuevo parque natural de A Parda superará los 35.000 metros cuadrados y costará más de 4 millones de euros". Pontevedra Viva (en castelán). 21 de febreiro de 2023. 
  33. "Así será el complejo deportivo de A Parda". Diario de Pontevedra (en castelán). 9 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]