Campus Universitario de Pontevedra
Coordenadas: 42°26′30″N 08°38′13″W / 42.44167°N 8.63694°W
O Campus Universitario de Pontevedra é un recinto que acolle varios centros educativos da Universidade de Vigo. Está situado na cidade de Pontevedra, á beira do Lérez, en terreos construídos con recheos sobre as xunqueiras do río, se ben tamén adoita incluír no campus tres edificios situados no centro da cidade. En 2006 o alumnado conformábano 3.452 persoas.
Índice |
[editar] Historia
En 1990 a Universidade de Vigo segregouse oficialmente da Universidade de Santiago de Compostela. Nese mesmo ano comezou a funcionar en Pontevedra a Facultade de Belas Artes, no antigo cuartel de San Fernando. En 1991 comezou a funcionar a a Escola de Enxeñaría Técnica en Industrias Forestais. En 1992 homologouse o plan de estudos da Escola Universitaria de Enfermaría. En 1993 abriu a Facultade de Ciencias Sociais, e pouco despois a Escola Universitaria de Fisioterapia.
A antiga Escola Universitaria de Formación de Profesorado de EXB pasou xa en 1991 a ofrecer catro novas titulacións especializadas: Mestre en Educación Infantil, en Educación Primaria, en Educación Física e en Educación Musical. Porén, non foi ata 2006 cando se inaugurou a nova facultade, impartíndose até entón as clases na vella escola de Maxisterio.
[editar] Edificios
[editar] Campus da Xunqueira
- E.U. de Enxeñaría Técnica Forestal.
- Facultade de Fisioterapia.
- Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
- Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
[editar] Cidade
- Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra (adscrita).
- Facultade de Belas Artes.
- Casa das Campás (vicerreitorado).
- Pavillón Universitario.