Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |
A Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra foi unha entidade financieira dependente da Deputación de Pontevedra. Constituíuse o 12 de xaneiro de 1930, sendo o seu primeiro presidente Daniel de la Sota e o seu primeiro director Alexandre Bóveda.
O 17 de xullo de 2000, fusionouse coa Caixa de Aforros de Vigo e Ourense (fusión da Caixa de Aforros Municipal de Vigo (fundada en 1880) e a Caixa de Aforros Provincial de Ourense (fundada en 1933)), dando lugar á entidade privada Caixanova. A parte de accións que lle corresponden na nova caixa é do 24%