Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°25′55″N 08°38′56″O / 42.43194, -8.64889

Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Vista da facultade
Universidade: Universidade de Vigo
Localización: Pontevedra
Campus: Pontevedra
Enderezo: Rúa da Maestranza, 2
36002
Ano de fundación: 31 de xullo de 1990
Decano: Silvia García González
Docentes: 60
Estudantes: 700[1]
Teléfono: 986801800
Correo electrónico: sdfba@uvigo.es
Páxina web: facultadebelasartes pontevedra

A facultade de Belas Artes de Pontevedra é un centro universitario situado no campus de Pontevedra, no centro da cidade. A facultade fundouse en 1990 en Pontevedra[2] e ten a súa sede no antigo cuartel de San Fernando,[3] un edificio neoclásico de principios do século XX. É a única Facultade de Belas Artes de Galicia e do noroeste de España e pertence á Universidade de Vigo.

Historia[editar | editar a fonte]

Nos anos 80 do século XX diversos docentes de debuxo capitaneados polo profesor José Roselló Valle xunto con políticos da época, como o entón responsable de Cultura na Deputación de Pontevedra, Adriano Marques, loitaron e fixeron múltiples trámites e xestións para que a cidade tivese unha Facultade de Belas Artes no proxecto de creación da futura universidade que nesa época denominábase Universidade Galicia Sur.[4]

A Facultade de Belas Artes de Pontevedra foi creada en 1990 polo decreto 416/1990, do 31 de xullo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no seu artigo 14.[5] O primeiro plan de estudos foi aprobado o 9 de xullo de 1990 e adoptouse o plan estudos da Universidade de Salamanca publicado para o primeiro e segundo ciclo da carreira nos BOE do 20 de xullo de 1983 e do 17 de marzo de 1987.[6]

Nos catro primeiros anos a facultade de Belas Artes estivo instalada provisionalmente no antigo fogar provincial na rúa Serra, con certa precariedade en canto a medios materiais e espazo.[7] [8][9]

O 15 de decembro de 1994 a facultade trasladouse á sede actual, o edificio do antigo Cuartel de San Fernando, no centro da cidade, logo dun proxecto de adquisición e reforma do edificio: diversas consellerías da Xunta de Galicia, o concello de Pontevedra e a Universidade puxeron o diñeiro para a compra do edificio e a Deputación de Pontevedra financiou as obras de reforma.[2][10] Segundo o alcalde da época, Javier Cobián, o proxecto total supuxo 2000 millóns de pesetas.[11]

Desde os inicios, houbo unha grande interactuación entre o alumnado da facultade e a cidade de Pontevedra, coa realización de instalacións, performances e obras polas rúas.[12][13]

Titulacións[editar | editar a fonte]

Patio interior.
  • A facultade imparte o grao en Belas Artes.[14]

Como estudos de posgrao acolle na actualidade o seguinte máster:

  • Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda.[15]

Ademais o centro ofrece o Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea.[16]

Instalacións[editar | editar a fonte]

O grande edificio da facultade é o antigo cuartel neoclásico de San Fernando, obra do arquitecto Bonifacio Menéndez Conde, construído entre 1906 e 1909 e reformado en 1994 polo arquitecto César Portela Fernández-Jardón para converterse en sede da facultade e albergar os estudos de Belas Artes.

A facultade dispón da sala X, situada á entrada do edificio, onde se adoitan celebrar exposicións e eventos.[17]

A Biblioteca de Belas Artes conta con 55 títulos de publicacións periódicas, 9.600 volumes e 108 postos de lectura.[18]

Nos obradoiros multiúsos, dotados de ferramenta de man e maquinaria específicas, lévanse a cabo os talleres de metal, madeira, cerámica, plástico e outros materiais. Outros laboratorios do centro son o de audiovisuais (con quince postos con equipamentos de edición dixital), informática (vinte equipos con equipamentos informáticos para edición de imaxe dixital, 3D, deseño de páxinas web e tratamento fotográfico dixital), técnicas gráficas (instalacións para gravado calcográfico) e fotografía.

Equipo decanal[editar | editar a fonte]

A decana é Silvia García González, sendo Susana Cendán Caaveiro a vicedecana de organización académica.[19]

Cultura[editar | editar a fonte]

O patrón da facultade é santo Ero e a facultade celebra a súa festividade no mes de maio.[20]

Alumnos que estudaron na facultade[editar | editar a fonte]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pontevedra, en el Top Five de las facultades de Bellas Artes de España". Pontevedra Viva (en castelán). 3 de xuño de 2014. 
  2. 2,0 2,1 "20 años desde que los pinceles sustituyeron a los fusiles". Pontevedra Viva (en castelán). 15 de decembro de 2014. 
  3. "Belas Artes celebra su cuarto de siglo". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de outubro de 2015. 
  4. "Muere José Roselló, el profesor rebelde que luchó para que Pontevedra tuviese facultad de Bellas Artes". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de febreiro de 2022. 
  5. "DECRETO 416/1990, de 31 de julio, por el que se crean centros y se concede autorización para implantar estudios conducentes a las titulaciones que se relacionan en el sistema universitario de Galicia.". Diario Oficial de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 1990. 
  6. "Resolución de 15 de abril de 1994, de la Universidad de Vigo, por la que se ordena la publicación de los planes de estudio conducentes a la obtención de los títulos de Licenciado en Derecho de la Facultad de Derecho de Orense, Licenciado en Geografía e Historia de la Facultad de Humanidades de Orense y Licenciado en Bellas Artes de la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra y los planes de estudio de los primeros ciclos de las licenciaturas de Química y Biología de la Facultad de Ciencias de Vigo." (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 7 de maio de 1994. 
  7. "Bellas Artes celebra su cuarto de siglo con una jornada de puertas abiertas y múltiples actividades". Pontevedra Viva (en castelán). 30 de outubro de 2015. 
  8. "De cuartel militar a centro del arte". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de decembro de 2014. 
  9. "Los alumnos de Bellas Artes de Pontevedra, en huelga indefinida". El País (en castelán). 8 de novembro de 1994. 
  10. "Un cuartel que ahora es Facultad". Diario de Pontevedra (en castelán). 13 de novembro de 2022. 
  11. "Soy un pontevedrés que intentó hacer más cosas por su ciudad de las que le dejaron". Diario de Pontevedra (en castelán). 3 de febreiro de 2019. 
  12. "Bellas Artes sigue dejando huella en la ciudad". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 2014. 
  13. "La calle se libra de sustos". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de novembro de 2009. 
  14. "Belas Artes: así será el próximo curso en uno de los grados del campus con docencia presencial". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de agosto de 2020. 
  15. "Un máster sustituirá los estudios del título propio en Deseño Téxtil e Moda". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 2016. 
  16. "Marco Moreira y sus máquinas de dibujar". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de outubro de 2022. 
  17. "La Sala X de Bellas Artes acogerá la muestra surrealista 'Al cantar brilla'". Pontevedra Viva (en castelán). 6 de marzo 2021. 
  18. "Elige tu sitio preferido de la ciudad para hincar los codos". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de maio de 2017. 
  19. "Silvia García, decana de Bellas Artes en Pontevedra, esta tarde en "Sentirmos a arte"". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de abril de 2018. 
  20. "Belas Artes rinde su particular homenaje a San Ero". Diario de Pontevedra (en castelán). 15 de maio de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]