Campolongo, Pontevedra
Coordenadas: 42°25′37″N 08°38′37″W / 42.42694°N 8.64361°W
| Campolongo | |
|---|---|
| Igrexa parroquial. | |
| Concello | Pontevedra |
| Área | - km² |
| Poboación | - hab. |
| Entidades de poboación | 3 |
San Xosé de Campolongo é unha parroquia urbana do concello de Pontevedra. Consta de tres barrios: Mollavao, Campolongo e San Brais.
Campolongo atópase no sur-sudoeste do casco urbano de Pontevedra. Está limitado ao norte pola avenida de Augusto García Sánchez e polo río dos Gafos. Ao sur pola autovía PO-10. Ao leste pola rúa do Alcalde Hevia. E ao oeste pola Avenida de Marín.
Índice |
Historia [editar]
Albergaba ata a década de 1950 o Pazo de Campolongo, situado onde hoxe se atopa a rúa Iglesias Vilarelle, tiña grandes campos e alí xogaban os nenos ao fútbol. Entón Francisco Franco mandou trasladalo pedra a pedra cara á Casa de Campo (Madrid)
Ata a década de 1950 o barrio albergaba a estación de ferrocarril da cidade onde hoxe está a Praza de Galicia. Ó mudarse esta, e coa construción do Complexo Militar de Pontevedra neste barrio, impulsouse a construción do Polígono de Campolongo cun parque central, a igrexa de San Xosé e o CEIP Campolongo. Hoxe, o sur da parroquia está ocupada por urbanizacións de vivendas unifamiliares. O antigo Cuartel demoleuse, e no seu lugar está o Complexo Administrativo de Campolongo, que alberga a delegación da Xunta, a Axencia Tributaria e varios edificios residenciais.
O barrio de San Brais, cunha capela adicada a este santo, foi e segue sendo unha aldea grande. A capela do mesmo nome foi construída cara os séculos XVIII-XIX. Nos anos 90, San Brais cambiou de aspecto mercede á urbanización de chalets na súa parte baixa, e á construción dun hipermercado na parte alta.
Mollabao era o barrio mariñeiro da parroquia, á beira dos ríos Lérez e Gafos. A partir dos anos 50 a súa fachada marítima mudou coa construción da autovía Marín-Pontevedra pola costa. Cara os anos 70 as casas mariñeiras demoléronse, e construíronse altos edificios. Na década de 1980 o barrio viuse partido pola construción da AP-9.
Galería de imaxes [editar]
-
Avenida de Augusto García Sánchez.
-
Graffiti en Campolongo.
-
Graffiti en homenaxe a Xoán Manuel Pintos.
-
Escultura en homenaxe á Constitución Española de 1978.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Campolongo [editar]
| Lugares da parroquia de Campolongo no concello de Pontevedra | |
|---|---|