Cuartel de San Fernando de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuartel de San Fernando
Fachada do antigo cuartel
Edificio
Nome inicialReal Maestranza
TipoCuartel
EstiloNeoclásico
Customáis de 600.000 pesetas [1]
EnderezoRúa da Maestranza, 2
LocalizaciónPontevedra
Coordenadas42°25′54″N 8°38′56″O / 42.431666666667, -8.6488888888889Coordenadas: 42°25′54″N 8°38′56″O / 42.431666666667, -8.6488888888889
PropietarioConcello de Pontevedra
Uso(s)Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Construción
Inicio1906
Construción1909
Remate1909
Remodelación1994
Dimensións
Superficie17.533 m2
Plantas5 (3 + semisoto + ático abufardado)
Equipo
Enxeñeiro estruturalBonifacio Menéndez Conde y Riego
ContratistaManuel Vázquez Gil [2]
editar datos en Wikidata ]

O antigo Cuartel de San Fernando de Pontevedra,[3] é un grande edificio neoclásico de principios do século XX situado no centro da cidade, diante dos xardíns do doutor Marescot e moi preto da Alameda de Pontevedra.

Historia[editar | editar a fonte]

A Casa Real da Maestranza (antecedente do actual cuartel de San Fernando) foi mandada levantar no século XVII por Íñigo Melchor Fernández de Velasco, condestábel de Castela e León e Capitán Xeral de Galicia entre 1665 e 1668.[4] Construíuse con pedra procedente da demolición de casas do barrio da Moureira, que quedaran abandonadas a finais do século anterior. Tratábase dun edificio dunha soa planta con catro ás e un gran patio central, cuxa función inicial era albergar aos soldados en tránsito durante a guerra con Portugal (1640-1668).[5]

Durante a Guerra da Cuádrupla Alianza[6], tras o apoio da coroa aos Xacobitas, a invasión inglesa de 1719 dirixida polo xeneral Homobod arruinou o edificio, que naquela época utilizábase como almacén de armas antigas, granadas, bombas, pólvora e algunhas pezas de artillaría fundidas.[7] Tras a invasión, leváronse a cabo pequenas obras de consolidación, como a reparación dos tellados. O edificio quedou tan danado que os soldados tiveron que ser aloxados en diferentes cuarteis da cidade.[8]

Nas diferentes versións inglesas dos feitos estes aparecen relatados da seguinte forma:

  • Na biografía do Vizconde de Cobham, Richard Temple:

    Two days afterwards, Lord Cobham took Ponte Vedra, which contained four thousand stands of arms, and three hundred barrels of gunpowder.[9]

  • Na Gaceta de Londres do 7 de novembro de 1719:

    On the 12th of October, his Lordship detached General Wade with 1000 Men, who inbarking in four Transports, with a Bombvesel, whent up to Ponte Vedra, which they entered without any Opposition, though the Garrison which marched out of Vigo was there, with some other forces, maiking together 13 Companies; but on his Approach they abandoned the Place, taking with them the principal Inhabitants, The Arsenal there, in which were Barracks for 2900 Men, as also 5000 small Arms, near 300 Barrels of Powder, and Abundance of other Stores, was burnt; and Fort Marine, about four Miles from thence was blown up : At Ponte Vedra and at that Fort two Brass Cannon of 24 Pound Ball, four 24 Pounders, and seven others, with three Brass Mortars, were taken and sent down to Vigo, and 86 Iron Cannon were nailed and spoiled. On the 24th General Wade returned to Vigo.[10]

Na versión española dos feitos "Relación del sitio del puerto de Vigo ejecutado por los ingleses, el año de 1719"[11]​ Manuel de Villegas y Piñateli cita o seguinte da Maestranza:

En Pontevedra, que está en la Provincia de Santiago había una casa fuerte que llamaban Maestranza, la cual era uno como Almacén de Armas antiguas granadas Bombas, polvora y algunas piezas de Artillería fundidas siendo capitán General el Duque de Hijar. Una legua la ría abajo esta el fuerte de Marín, para defensa del puerto, que tenía 12 cañones de fierro. ...A los principios de Noviembre abandonaron los enemigos a Pontevedra, a cuya ría havían traydo cinco navios, para con sus lanchas embarcar la artillería, y otras cosas que sacaron de aquella Villa, y su Maestranza á la cual- antes de salir dejaron una mina (por ser casas del Rey) que la hechó por tierra la mayor parte, quemando lo que no pudieron llevar de ella. Tambien pegaron fuego á la casas o Palacio del Arzobispo que era de muy linda fábrica, y a la carcel que también era suya, como señor temporal que es de Pontevedra, y juntamente clavaron y quitaron los muñones a las doce piezas de hierro que tenía el fuerte del puerto de Marín.

O concello de Pontevedra solicitou á monarquía borbónica a reconstrución da Real Maestranza. Os trámites para a reconstrución do cuartel iniciáronse coa orde do intendente Francisco Salvador de Pineda, para aloxar na cidade un escuadrón de cabalería do rexemento de Montesa.[8] O ministro da Guerra, o duque de Montemar, encargou ao enxeñeiro militar Antonio Federico Grondeau de Flobert a elaboración dos planos do novo edificio (conservados no Arquivo Xeral de Simancas, na provincia de Valladolid).[5]

A Real Maestranza comezou a reconstruírse no ano 1738. A construción deseñada por Antonio Flobert aproveitou os muros do cuartel anterior e a heráldica.[12] O cuartel recibiu o nome de cuartel de Santo Domingo[13] e foi posteriormente reformado e ampliado. En 1790 o cuartel funcionou como Hospital de Inválidos do Exército. Desde finais do século XVIII, o Rexemento de Infantaría da Princesa tivo a súa base neste cuartel. En 1807 estaba dirixido polo Conde de San Román.[5] O cuartel utilizouse como fábrica de armas durante a Guerra da Independencia española. O 2 de maio de 1845 ordenouse que todas as armas pertencentes á Maestranza de Pontevedra fosen trasladadas á Maestranza da Coruña.[14]

Ademais de Cuartel de Santo Domingo, o cuartel tivo tamén os nomes de Cuartel de Cabalería e Cuartel da Vila de Pontevedra ata que na segunda metade do século XIX recibiu o nome actual de cuartel de San Fernando.[15]

Como "Casa Real de la Maestranza" en plano de 1739 conservado no Arquivo de Simancas[16]pode verse a segunda reconstrución polo Enxeñeiro Antonio Federico Grondeau de Flobert. Figura o edificio rectangular con dúas alturas na súa fachada sueste.

Como "Cuartel de la Villa de Pontevedra" dedicado ao I Duque de Montemar José Carrillo de Albornoz, en data de 1739 consérvanse no Arquivo de Simancas[17] dúas perspectivas coa reconstrución do cuartel e detalles de como se atopaba tras o ataque inglés de 1719 e o estado nese momento.

Os dous escudos que representa nas caras noroeste e sueste consérvanse nas ruínas do convento de San Domingos, o primeiro co escudo de España co Vélaro de Ouro e escusón coas armas de Portugal, e o segundo coas armas do I Duque de Montemar, tamén coroaba unha estatua de Santa Bárbara.

No mesmo documento detállase o estado tras o ataque Inglés de 1719:

Yncendio esta casa el enemigo Ingles en la entrada que hizo en esta Villa el año 1719: derribo con una mina el lienzo ultimo que dize a poniente dexandola toda destruida y fueron lo unico que se conservo sin considerable daño las paredes del lienzo dela fachada que descubiertas en el discurso detanto años se ivan deteriorando y arruinarian; pero se debio a la superior zelosa atencion del Ex.mo S.r Duque de Montemar a representacion dela Villa no solo verlas esemptas de este perjuicio sino tambien casi toda la casa en menor forma nuevamente reedificada. año de 1739

Es Capaz cada lienzo de aquartelar comodamente 8 compañias de infanteria, a 2 por pieza. Las de cavallos admiten infanteria (para ay entarimados en trozos manejables) seis compañias que al ser mas angostas dificulta que se acomoden dos filas de camas, despues delo- que ocupan los pesebres. Son estos mui capaces para un escuadron de cavalleria dexandose el terreno __ para las pajeras

Como "Cuartel de Santo Domingo de Pontevedra" no ministerio de Defensa figura un plano de Juan María Vesteiro, do 24 de xullo de 1847, do corpo de Enxeñeiros levantado con Reciptángulo[18] no que nas súas fachadas Noroeste e Sueste ten dúas plantas.

En 1861 nun plano do deliniante Pedro Alonso para o Corpo de Enxeñeiros do Exercito, móstranse as construcións do cuartel existentes no momento, indicando as fachadas noroeste e sueste, e do proxecto de ampliación de 1860 para as dúas caras restantes.

Como "Cuartel de San Fernando", no ministerio de Defensa gárdanse os planos do proxecto que en xaneiro de 1884 se realizou por parte de Gerardo Morales (da Comandancia Xeral de Subinspección de Enxeñeiros de Galicia). Nese mesmo plano indícase que o mesmo foi rectificado segundo as obras executadas para mostrar o estado real do mesmo o 18 de xuño de 1884 polo Enxeñeiro Comandante Antonio Peláez de Campomanes. Amósase un edificio de dúas plantas na súa cara Sueste, sendo o resto de planta baixa.

Como "Cuartel de artillería de Pontevedra" o capitán de enxeñeiros Juan Romero Molezún a finais do século XIX presentou un proxecto moito máis ambicioso nunha perspectiva do mesmo. A fachada sería moi similar á definitiva, mais sen balcón e cunha 3ª altura.

En 1848 na obra "Descripción Geográfica, Estadística, Económica e Histórica de la Ciudad capital de Pontevedra" de Claudio González Zúñiga, o describe da seguinte forma:

En este mismo campo y en la parte opuesta de este convento , hay un famoso cuartel, que habiendo sido maestranza de marina, cuartel de caballería en diferentes épocas y también fábrica de fusiles en la guerra de la independencia, siendo propiedad de la ciudad, sin saberse con que derecho, el ayuntamiento del año de 1831 lo cedió á la Hacienda militar, la que redificándole su fachada, le tiene destinado á cuartel de infanteria. Por su localidad y estension puede decirse que es uno de los mejores de Galicia, pues que en su centro tiene un patio en el que maniobraba un escuadron de caballeria cuando estubo destinado para esta arma, y hoy lo hace un batallon de infantería.[19]

No último terzo do século XIX, o cuartel estaba en estado bastante ruinoso e decidiuse demolelo para construír un novo edificio para albergar unha guarnición maior. En 1889 o concello solicitou unha subvención estatal de 200.000 pesetas para a construción dun terceiro cuartel pero non foi ata finais do século XIX cando por intermediación do Marqués de Riestra (que anticipou 15.000 pesetas) obtívose a aprobación do goberno. O edificio foi proxectado polo enxeñeiro militar Bonifacio Menéndez Conde que conservou unha estrutura similar ao cuartel anterior aínda que se ampliou a altura e aumentou o perímetro.[20]

En setembro de 1903 anunciouse a construción do novo cuartel e a poxa das obras por 800.000 pesetas grazas ás xestións do ministro de Facenda Augusto González Besada.[21] O vello cuartel quedou desaloxado en abril de 1904.[22] O 1 de xullo de 1905 o Ministerio da Guerra publicou na Gaceta de Madrid a poxa pública para contratar a demolición, explanación e construción do cuartel de San Fernando, en Pontevedra, poxa fixada para o 10 de agosto.[23] A principios de setembro de 1905 adxudicouse a obra ao contratista da cidade Manuel Vázquez Gil.[24] O 14 de decembro dese ano acudiron á cidade os enxeñeiros militares responsables para realizar o trazado de planta do cuartel.[25]

En febreiro de 1906 empezaron as obras de cantaría do novo cuartel.[26] En outubro de 1908 encargouse a inspección das obras de construción ao enxeñeiro Bonifacio Menéndez-Conde Riego[27][28] e en novembro foron supervisadas in situ por Menéndez Conde e o seu superior Félix Casuso Solano.[29]

Entrada do antigo cuartel

As obras do cuartel de San Fernando duraron 3 anos e finalizaron en marzo de 1909.[30] O cuartel custou máis de 600.000 pesetas e foi entregado ás autoridades militares nun acto celebrado o 14 de agosto de 1909.[31][1] O 21 de agosto empezou o traslado de oficinas ao novo cuartel.[32] En setembro aprobouse o proxecto para o abastecemento de auga,[33] cuxa instalación foi inspeccionada por Daniel de la Sota[34] e en outubro de 1909 asignouse o orzamento para tal fin.[35]

Fronte á fachada do novo edificio, redeseñouse o Campo del Conde de la Peña del Moro, engadindo árbores e xardíns e unha rúa á entrada do cuartel. O canellón transversal da Maestranza tamén foi remodelado en 1911, co nome de rúa Xeral Martitegui, tras a derriba dalgunhas casas.[36] No século XX, entre as súas funcións militares, o cuartel albergou a Compañía de Policía Militar nº 83 e a Unidade de Parques e Talleres.[5]

O abandono definitivo do cuartel por parte dos militares tivo lugar o 15 de decembro de 1992[37] nunha cerimonia protocolaria militar celebrada no gran patio interior do edificio, en presenza de todas as autoridades locais. O inmoble pasou a mans do Concello de Pontevedra, que o cedeu temporalmente á Facultade de Belas Artes. O proxecto de reforma foi redactado en 1993[38] polos arquitectos César Portela e Jaime Rodríguez Abilleira. A remodelación foi complexa, xa que transformou un cuartel pechado nun espazo aberto e luminoso para o ensino artístico.[39] No proceso de reforma incorporouse a rúa Maestranza como plataforma peonil de acceso ao edificio.

Entre decembro de 1994 e xaneiro de 1995 concluíu a reforma do edificio destinado a albergar a Facultade de Belas Artes de Pontevedra. O 15 de decembro de 1994 empezou a instalarse nel a facultade.[40]

Descrición[editar | editar a fonte]

Trátase dun grande edificio rectangular de estilo neoclásico. Ten planta baixa e dous pisos, con fiestras rectangulares, antepeitos balconeiros e lumieiras formando orelleiras, típicas de finais do século XIX en Pontevedra.[41]

Escudo de España na parte superior do antigo cuartel

A parte central da fachada que determina o carácter institucional do edificio, onde se atopa a porta de entrada, o zócolo, os antepeitos dos balcóns, os linteis das xanelas e portas, as pilastras e as cornixas son de granito e o resto do muro de cachotaría concertada. A fachada está coroada na parte superior por un frontón circular rematado por unha forma vexetal (que servía na súa orixe de soporte para a bandeira), no que tamén figura o escudo de armas de España en granito. Destaca a total simetría e continuidade das múltiples ventás ao longo das fachadas que favorecen un interior luminoso.[1] Na fachada leste e no amplo patio central os marcos de pedra das fiestras son simples, sen decoración.

Durante a renovación exterior da fachada en 1994, recuperouse o recebado dos muros nos que a cachotaría era visible e aplicóuselle a cor goiabeira.[42] No marco desta reforma, o arquitecto César Portela tamén optou pola cor verde para as xanelas e portas.[37]

Dentro do edificio, destaca o gran patio de armas central cunhas medidas orixinais de 84 metros de longo por 40 metros de ancho.[1] Tras a remodelación de 1995, transformouse en claustro e xardín con chopos, tamarindos e vexetación baixa conservando o seu carácter de espazo central. Dotóuselle dun corpo ou anel perimetral de circulación, en forma de galería acristalada diáfana e lixeira, e introduciuse no seu interior un pavillón ou estancia cúbica de planta cadrada, tamén acristalada, que contén os grandes talleres modulares de escultura, debuxo e pintura.[43] Tamén se creou unha nova planta baixo o tellado do edificio existente para albergar a biblioteca, un centro de documentación e información e outros talleres, todo con iluminación cenital.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Entregado a las autoridades militares el nuevo cuartel de San Fernando". El Diario de Pontevedra (en castelán). 16 de agosto de 1909. 
  2. "O tesouro de Benito Soto agóchase en Cerdedo (II)". Faro. 10 de agosto de 2014. 
  3. "Belas Artes celebra su cuarto de siglo". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de outubro de 2015. 
  4. "La orden del capitán general de Galicia en 1666 para la incorporación a filas". El Ideal Gallego (en castelán). 3 de agosto de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "La Casa de la Real Maestranza". Faro (en castelán). 21 de outubro de 2012. 
  6. "Gaceta de Madrid: núm. 47, de 21/11/1719, página 188" (PDF). 
  7. "La virgen de Quitapesares, el pirata Drake y la invasión de 1719". Pontevedra Viva (en castelán). 15 de abril de 2016. 
  8. 8,0 8,1 "1719-2019". Diario de Pontevedra (en castelán). 15 de febrero de 2019. 
  9. "The Georgian Era: Military and naval commanders. Judges and barristers. Physicians and surgeons". 
  10. "The London Gazette Publication date:7 November 1719 Issue:5797 Page:2". 
  11. "Manuel Villegas y Piñateli Relación del sitio del puerto de Vigo ejecutado por los ingleses, el año de 1719". 
  12. "La Casa de la Real Maestranza". Faro (en castelán). 21 de outubro de 2012. 
  13. Sánchez Pingarrón 2018, p. 166
  14. "El Español : diario de las doctrinas y de los intereses sociales: Número 296 - 1845 junio 9". 
  15. Riveiro Tobío 2008, p. 50
  16. "Plano de los contornos; Plano y Perfiles de la Casa Real de la Maestranza de Pontevedra / Antonio Federico Grondeau de Flober". 
  17. "Demonstracion Ichonografica del Quartel de la Villa de Pontevedra / Castro fecit / Dedicatoria a José Carrillo de Albornoz, Duque de Montemar 1739". 
  18. "Curso de arquitectura civil, para la instrucción de los discípulos de la Real Academia de San Fernando". 
  19. "Descripción Geográfica, Estadística, Económica e Histórica de la Ciudad capital de Pontevedra" de Claudio Gonzalez Zúñiga 1848". 
  20. Portela Fernández-Jardón 1993, p. 3
  21. "Cuartel y facultad por menos de un millón de pesetas". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de setembro de 2017. 
  22. "El cuartel de San Fernando queda desalojado". El Diario de Pontevedra (en castelán). 6 de abril de 1904. 
  23. "Administración Central. Ministerio de la Guerra. Inspección general de los Establecimientos de Instrucción e Industria militar" (PDF). Gaceta de Madrid (en castelán). 1 de xullo de 1905. p. 7. 
  24. "Adjudicación al contratista Manuel Vázquez de las obras del nuevo cuartel". El Diario de Pontevedra (en castelán). 5 de setembro de 1905. 
  25. "Los ingenieros del cuartel de San Fernando en Pontevedra". El Diario de Pontevedra (en castelán). 12 de decembro de 1905. 
  26. "En febrero empezarán las obras de cantería del cuartel de San Fernando". El Diario de Pontevedra (en castelán). 3 de novembro de 1905. 
  27. "Bonifacio Menéndez Conde inspeccionará las obras del nuevo cuartel". El Diario de Pontevedra (en castelán). 10 de outubro de 1908. 
  28. Fontoira Surís 2009, p. 417
  29. "Ingenieros militares supervisan las obras de San Fernando". El Diario de Pontevedra (en castelán). 14 de outubro de 1908. 
  30. "Finalizadas las obras del nuevo cuartel de San Fernando". El Diario de Pontevedra (en castelán). 23 de marzo de 1909. 
  31. "Hoy se procederá a la entrega del nuevo cuartel". El Diario de Pontevedra (en castelán). 14 de agosto de 1909. 
  32. "Empieza el traslado de oficinas al nuevo cuartel". El Diario de Pontevedra (en castelán). 21 de agosto de 1909. 
  33. "Abastecimiento de agua a San Fernando". El Diario de Pontevedra (en castelán). 20 de setembro de 1909. 
  34. "Daniel de la Sota inspecciona el abastecimiento de agua a San Fernando". El Diario de Pontevedra (en castelán). 21 de setembro de 1909. 
  35. "Asignado el presupuesto para el abastecimiento de agua del nuevo cuartel". El Diario de Pontevedra (en castelán). 25 de outubro de 1909. 
  36. "El 'General Martitegui'". Diario de Pontevedra (en castelán). 18 de abril de 2021. 
  37. 37,0 37,1 "Un cuartel que ahora es Facultad". Diario de Pontevedra (en castelán). 13 de novembro de 2022. 
  38. "Arquitectura, Deputación de Pontevedra. Servizo de. Proxecto De Remodelación Do Cuartel De San Fernando En Pontevedra Para a Súa Adecuación á Facultade De Belas Artes E Escola De Restauración. 1993.". 
  39. "De cuartel militar a centro del arte". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de decembro de 2014. 
  40. "20 años desde que los pinceles sustituyeron a los fusiles". Pontevedra Viva (en castelán). 15 de decembro de 2014. 
  41. Fontoira Surís 2009, p. 417
  42. "Los alumnos de Bellas Artes de Pontevedra, en huelga indefinida". El País (en castelán). 8 de novembro de 1994. 
  43. "Reforma en Bellas Artes para habilitar una nave de talleres". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de marzo de 2006. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]