Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella
O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella é unha institución humanitaria, internacional e de carácter voluntario. Fundouna en Suíza no ano 1863 Henri Dunant, e dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados. Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e o medio ambiente. A Cruz Vermella fomenta a cooperación dos países máis ricos cos máis desfavorecidos.
O movemento componse de varias organizacións distintas que son xurídicamente independentes entre si, pero están unidas no movemento a través duns principios básicos comúns, os obxectivos, os símbolos, os estatutos e os órganos de goberno. Está formado por:
- O Comité Internacional da Cruz Vermella
- A Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella
- As 187 Sociedades nacionales da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella.
O día 8 de maio celébrase o Día Internacional da Cruz e da Media Lúa Vermellas.
Índice |
Principios fundamentais [editar]
- Humanidade: A Cruz Vermella tenta previr e alivia-lo sufrimiento humano, traballa pola vida, a saúde e a dignidade humana. Favorece a comprensión, a cooperación e a paz duradeira entre tódolos pobos da Terra.
- Imparcialidade: Non discrimina a ninguén pola súa nacionalidade, raza, relixión, ideoloxía ou condición social.
- Neutralidade: Actúa sen tomar parte nas controversias de tipo político, racial, relixioso ou ideolóxico.
- Independencia: Colabora cos poderes públicos que promoven accións humanitarias, pero mantén unha autonomía baseada nos seus principios.
- Carácter Voluntario: A Cruz Vermella é unha insitución de socorro, voluntaria e desinteresada.
- Unidade: En cada pais só existe unha sociedade da Cruz Vermella ou da Media Lúa Vermella, accesible para tódalas persoas en todo o territorio.
- Universalidade: Tódalas sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella comparten os mesmos valores e dereitos, son solidarias entre elas e con tódolos pobos.
Notas [editar]
- ↑ La cruz que fue la cara del hospital, artigo en Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Cruz Vermella Galega
- Cruz Vermella Española
- Federación internacional
- Comité internacional
- Cruz Vermella Xuventude