Danzón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O danzón é un xénero bailábel de orixe cubana derivada da danza crioula creada polo compositor matancero Miguel Failde Pérez en 1879. Forma parte da música tradicional de Cuba e tamén da de México.
[editar] Historia
O nome deste xénero musical non é máis ca o aumentativo de danza, aquel baile colectivo de figuras. Na segunda metade do século XIX a danza crioula estaba moi de moda; cristalízase entre fins do século XIX e principios do XX. En Cuba interprétase con maioría de instrumentos de vento, con piano, frauta, violíns e percusión. En México agregáronse saxofóns ás orquestras de danzón - denominadas danzoneras -, e tamén o xénero é interpretado por mariachis e marimbas.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||