Cristal líquido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Textura dun cristal líquido en fase nemática.

Os cristais líquidos son unha clase de moléculas que están nun estado da materia entre o estado líquido e o estado sólido, coñecido como estado líquido cristalino (ou mesomórfico, do grego Mesos Morphe: entre dous estados).

Algúns tipos de cristais líquidos presentan cores fortes que se alteran baixo a acción de temperatura, presión, campo eléctrico e magnético, outros teñen rápida resposta electroóptica na presenza de campo eléctrico, por eses motivos o cristal líquido adoptouse en longa escala pola industria electrónica e úsase principalmente na fabricación de de pantallas para televisións e monitores, alén diso o cristal líquido tornouse o material padrón para a fabricación de displays para equipamentos electrónicos de todos os tipos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]