Quinase
As quinases ou cinases (chamadas en inglés kinases) [1]son un tipo de encima que transfire grupos fosfato desde o ATP a un substrato específico ou diana. O proceso chámase fosforilación. A diana pode activarse ou inactivarse por medio da fosforilación, polo que as quinases están implicadas nos mecanismos de regulación e sinalización celular. Todas as quinases necesitan un ión metálico divalente como o Mg2+ ou o Mn2+ para transferir o grupo fosfato. Un exemplo de quinase é a PKA (proteín quinase A), é dicir, a quinase dependente de AMP cíclico.
Segundo a nomenclatura oficial as quinases son ATP(x)fosfotransferases, onde (x)= molécula á que se transfire o grupo fosfato.
Índice |
Clasificación das quinases [editar]
Unha clasificación actualmente en uso da superfamilia das quinases divídeas en: quinases convencionais (ePKs) e quinases atípicas (aPKs).
Quinases convencionais [editar]
As quinases convencionais clasifícanse en oito familias:
- Familia AGC: inclúe as quinases enlazadas a proteínas G.
- Familia CAMKs: inclúe as quinases reguladas por calmodulina.
- Familia CMGC: inclúe as quinases dependentes de ciclinas.
- Familia CK1: inclúe a caseína quinase.
- Familia RGC: inclúe os receptores asociados a guanilato ciclase.
- Familia STE: inclúe as MAP quinases.
- Familia TK: inclúe as tirosina quinases.
- Familia TKL: inclúe proteínas tipo tirosina quinases.
Quinases atípicas [editar]
As quinases atípicas non teñen unha secuencia moi similar á das quinases convencionais, mais teñen a actividade encimática de quinase. Comprenden:
Notas e referencias [editar]
- ↑ Manning G, Whyte DB. et al. (2002). "The protein kinase complement of the human genome". Science 298 (5600): 1912–1934. DOI:10.1126/science.1075762. PMID 12471243.
- Hanks, S. K. & Hunter, T. Protein kinases 6. The eukaryotic protein kinase superfamily: kinase (catalytic) domain structure and classification. FASEB J., 1995 May, 9(8), 576-596.