Adenosina monofosfato
A adenosina monofosfato (AMP), tamén chamada ácido 5'-adenílico, é un nucleótido que se encontra no ARN (no ADN encóntrase a desoxiAMP). É un éster do ácido fosfórico e o nucleósido adenosina. Consta de tres moléculas unidas: un grupo fosfato, o azucre ribosa, e a base nitroxenada adenina. A súa fórmula é C10H14N5O7P. Cando funciona como un substituínte denomínase co prefixo adenilil-.[1]
Índice |
[editar] Produción e degradación
O AMP pode orixinarse durante a síntese do ATP pola acción do encima adenilato quinase que combina dúas moléculas de ADP do seguinte modo:
- 2 ADP → ATP + AMP
Ou tamén se pode orixinar pola hidrólise dun dos enlaces fosfato de alta enerxía do ADP, rendendo fosfato inorgánico (Pi):
- ADP → AMP + Pi
Por último, o AMP pode formarse pola hidrólise do ATP na que se forma pirofosfato (PPi):
- ATP → AMP + PPi
Cando se degrada o ARN nas células libéranse moitos nucleósidos monofosfato, entre eles o AMP.
O AMP pode ser rexenerado a ATP da seguinte maneira:
- AMP + ATP → 2 ADP (catalizada pola adenilato quinasa funcionando na dirección inversa)
- ADP + Pi → ATP (este paso lévao normalmente a cabo nos organismos aerobios a ATP sintase durante a fosforilación oxidativa).
O AMP pode converterse en inosina monofosfato polo encima mioadenilato desaminase, que libera una molécula de amoníaco.
No catabolismo o AMP pode converterse en ácido úrico, que se excreta fóra do corpo.
[editar] O AMP cíclico (AMPc)
O AMP pode existir tamén en forma dunha estrutura cíclica chamada adenosina monofosfato cíclico (ou AMPc). O AMPc fabrícase en certas células polo encima adenilato ciclase a partir do ATP, e normalmente esta reacción está regulada por hormonas como a adrenalina ou o glicagón. O AMPc xoga un importante papel na regulación da sinalización intracelular, funcionando como segundo mensaxeiro de hormonas.
[editar] Véxase tamén
[editar] Notas
- ↑ Thieme Chemistry (Hrsg.): Römpp Online. Version 3.1. Georg Thieme Verlag, Stuttgart 2007.
[editar] Ligazóns externas
- Ming D, Ninomiya Y, Margolskee RF (1999). "Blocking taste receptor activation of gustducin inhibits gustatory responses to bitter compounds". Proc Natl Acad Sci 96 (17): 9903–9908. DOI: 10.1073/pnas.96.17.9903.
|
|||||||||||||||||||||||||||||