Adenosín trifosfato
O adenosín trifosfato (ATP) é un composto de grande importancia biolóxica, xa que actúa como mecanismo de control en certas reaccións bioquímicas que se dan na célula. Coñécese tamén coma a moeda de enerxía celular, debido a alta enerxía de hidrólise de enlaces fosfodiéster de fácil acceso.
O ATP forma parte do grupo bioquímico dos nucleótidos, a súa base nitroxenada é a adenina e o seu monosacárido é a ribosa. Cabe dicir que como o seu nome indica, no carbono 5 posúe os tres átomos de fósforo unidos mediante enlaces fosfodiéster de alta enerxía.
A hidrólise dun dos dous enlaces fosfodiéster (xeralmente o primeiro, nunca o terceiro), ten un incremento de enerxía ceibe de Gibbs de 30,5 kJ/mol. Esta enerxía é aproveitábel para formar enlaces cuxa formación sería endergónica se non estiver acoplada a dita hidrólise, un claro exemplo desta enerxía é a síntese de ácidos nucleicos.
Cómpre mencionar a súa importancia como mecanismo de control proteico, xa que o feito de ter un fosfato nun lugar determinado, activa ou inactiva unha proteína; habitualmente dito fosfato é achegado por unha molécula de ATP ou GTP.
Produto da hidrólise do ATP son ou ben o Fosfato inorgánico (Pi) e o Adenosín difosfato (ADP), ou ben o Pirofosfato (PPi) e o adenilato (AMP). Esta última reacción cara Pirofosfato e AMP é de especial importancia na sinalización intercelular acoplada aos receptores de serpentina de membrana. Neste proceso a Adenilato Ciclase produce adenilato cíclico (cAMP) e PPi). Dito adenilato cíclico controla as numerosas PKA, proteínas quinases dependentes do adenilato cíclico, que fosforilan a outras proteínas inducindo así a súa activación ou inhibición.
|
|||||||||||||||||||||||||||||